sábado, 31 de marzo de 2018

APRENDENDO A PENSAR CO TABOLEIRO DE HISTORIAS


Se queremos desenvolver o pensamento creativo ou o pensamento lóxico podemos partir de varias imaxes, figuriñas, ...para crear unha historia con diferentes personaxes. Esta técnica para aprender a pensar chámase TABOLEIRO DE HISTORIAS. As personaxes poden ser creados polo alumnado e estar relacionados coa temática traballada na UDI. 
Esta técnica serve para aprender a construír historias empregando contidos espaciais, numéricos, espaciais, corporais, musicais,...
A historia debe conter: presentación, nó e desenlace. 
Algunhas das preguntas que a historia debe dar resposta son:
-onde acontece a historia?, cando pasou?. que ou quenes son?
-que acontece na historia? quenes están implicados?
-como se resolveu a historia?, que pasou realmente?
Debemos promover o emprego de fórmulas iniciais: érase unha vez, en tempos de María Castaña, Había unha vez,...
Polo que se refire a fórmulas finais temos: Colorín, colorado,...esta historia polo momento está rematada,...
A continuación, fágovos unha proposta para crear unha historia coa sseguintes imaxes:



Animádesvos a crear unha historia onde as personaxes son froitas ou hortalizas? E se a historia acontece nunha cociña? que pasará? que farán?

viernes, 30 de marzo de 2018

INTELIXENCIA NATURALISTA




INTELIXENCIA NATURALISTA


Esta Intelixencia caracterízase pola habilidade para recoñecer patróns na natureza, discriminar entre os seres vivintes, para clasificar obxectos, para atopar relacións nos ecosistemas, para coñecer os fenómenos da natureza, para establecer os coidados de cada hábitat para a súa conservación, para identificar a flora e fauna de cada zona xeográfica, para coñecer os fenómenos metereolóxicos... O seu desenvolvemento favorecerá que comprendan a realidade, que se desenvolvan na súa vida cotiá, que se relacionen positivamente co medio natural, que interpreten, comprendan, expliquen e expresen a realidade, que teñan interese por aprender e relacionarse cos seus iguais e co contorno.


Actividades para o seu desenvolvemento:
-representar o medio natural da súa zona de forma diversa (debuxos, colaxes, ...)
-realizar observacións e rexistros na natureza
-empregar o microscopio
-elaborar pratos con alimentos saudables
-realizar mesturas
-realizar vistas a planetarios e museos de Ciencias Naturais
-realizar búsquedas en internet e en fondos impresos información sobre fauna, flora, planetas, ...
-inventariar novas de xornais relacionados coa natureza, inventos,...
-ingagar sobre experimentos e descubrimentos
-localizar a mulleres relacionadas coa ciencia
-fotografiar entornos naturais da zona e facendo argumentación sobre a elección
-involucrarse no coidado do medio ambiente da zona
-realizar coleccións de follas, pedras,

-deseñar decálogos para consumo responsable de auga, de luz

-indagar sobre os coidados do medio ambiente

-deseñar menús saudables para o fogar
-rexistrar fenómenos metereolóxicos e crear táboas a fin de mes

-realizar coleccioóns: minerais, insectos, follas, ...

- indagar sobre os recursos naturais da zona

-deseñar andainas para realizar en familia

-crear liñas do tempo

-descubrir características dos obxectos

-buscar fontes de enerxía dos parellos do fogar

-facer plantacións de sementes

-crear e coidar a horta escolar

-realizar receitas saudables
.

jueves, 29 de marzo de 2018

INTELIXENCIA INTRAPERSOAL




INTELIXENCIA INTRAPERSOAL: Esta intelixencia refírese a habilidade que desenvolve o coñecemento dun mesmo, ... Tamén resulta necesario o desenvolvemento  para entenderse con un mesmo, das súas emocións, dos seus sentimentos, das súas fortalezas, das súas limitacións,do coñecemento das propias posibilidades, de ter autodisciplina, sentido crítico co seus traballo, amosar autonomía na súa vida escolar e cotiá, coñecer os seus estados de ánimo, ser quen de ter autocontrol, ser perseverante, ter unha autoestima equilibrada e unha autopercepción realista.

Actividades para o seu desenvolvemento:

  • Conversar en familia sobre accións positivas do día
  • Realizar paseos e actividades ao aire libre
  • realizar audicións de pezas musicais
  • Expresar que cousas fixo ben e que cousas se puderon facer mellor
  • Identificar preferencias de lectura, de xogos,...
  • Crear un diario
  • Deseñar e planificar os gastos do mes
  • Deseñar e planificar a lista da compra
  • Conversar sobre como actuariamos ante diferentes situacións: un pelexa na rúa, uns insultos no patio, ...
  • Discriminar libros, películas  de preferencia e explicar os motivos
  • Deseñar e crear  liñas do tempo de personaxes famosos argumentando a elección
  • Escoitar o que nos din ou demandan os demáis
  • Realizar unha planificación de tarefas corresponsables no fogar





APRENDENDO COS LIBROS E DOS LIBROS

As melloras educativas na aula pasan por coñecer estratexias para avaliar de forma coherente e obxectiva, por coñecer e aplicar estratexias de aprendizaxe diversas, por deseñar espazos e tempos para as aprendizaxes cooperativas.
Aí van propostas de libros para aprender:



DÍA DA POESÍA

Hoxe presento un álbum moi especial: ROSALÍA PEQUENIÑA onde UXÍA pon voz a poemas da autora galega. Co contido deste álbum traballaremos a poesía de Rosalía. E que mellor para o día da poesía que pescudar na obra rosaliana.

Amáis UXÍA ofrece unha composición (letra e música de Magín Blanco) única que fala de ROSALÍA como fada ou coma meiga.

Tamén aparecen no álbum, A Rosalía, No bico un cantar, de Curros Enríquez e música de Luis Emilio Batallán ou A grasia non era moita: poema de Rosalía e música de Uxía e Magín Blanco.

As ilustracións, delicadas e fermosas, son de Marina Seoane.

Estamos perante un libro axeitado para conxugar creación literaria, poesía de autora, música e cancións que debería ser imprescindible para empregar nas aulas e nas casas.


ROSALÍA PEQUENIÑA

A continuación, presentamos a letra da canción que da título ao álbum.
Qué podemos facer con esta poesía?
En primeiro lugar, disfrutar coa letra e coa música, deixarse levar pola candencia de cada verso, pola propia melodía da métrica.
En segundo lugar, poderemos buscar, atopar e reflexionar sobre:
-verbas longas
-separar en palabras
-contar as estrofas
-contar os versos e o número de palabras de cada verso
-inventario de palabras fermosas para cada neno e nena argumentando a súa elección
-buscar e escribir as verbas finais de cada verso.
-buscar palabras que rematen en -da
-elexir palabras e cambialas por outras
-buscar no dicionario o significado das verbas que se descoñecen 
-realizar ilustracións de cada estrofa,...

 ROSALÍA PEQUENIÑA


Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata

Ilustración de Marina Seoane
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.


A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.
 

INTELIXENCIA INTERPERSOAL


A INTELIXENCIA INTERPERSOAL ten como ingredientes a empatía e a capacidade de manexar e establecer relacións interpersoais. Esta intelixencia forma parte do modelo de intelixencias múltiples de Howard Gardner. Outros autores como Goleman a denominan INTELIXENCIA SOCIAL.
Algunhas das características son:
  • inspira confianza aos demáis
  • capacidade para comprender as emocións e sentimentos dos demáis
  • capacidade para relacionarse con adultos e iguais
  • capacidade para o traballo cooperativo
  • disposición para resolver conflictos e a mediación
  • capacidade para actividades solidarias
  • aceptación das regras da aula, do grupo,...
  • capacidade de liderado
  • é participativo
  • Amosa gusto polas conversas
  • capacidade de escoita
  • expresa a súa opinión
  • manifesta os seus sentimentos
  • capacidade de respecto aos demáis e ás súas opinións
A continuación algunha das propostas para o desenvolvemento desta intelixencia:
  • aprendizaxe en grupos cooperativos
  • titorización entre iguais
  • realización de entrevistas
  • realizar planificacións de viaxes en familia
  • deseñar festas en familia
  • planificar xogos para o recreo
  • resolución de xogos en parella
  • resolución de situacións problema en parella sou grupos cooperativos
  • participación en actividades de expresión corporal
  • participación en deportes de equipo
  • promoción da autonomía e a independencia

Las 8 inteligencias de los niños: juegos para potenciarlas

s un buen momento para la convivencia con otros niños, amigos, relacionarse con los demás, etc. Apuntarse a una escuela de verano o a un campamento por unos días, es positivo para desarrollar habilidades sociales. También, las vacaciones hay que aprovecharlas para hablar de uno mismo, de los valores, de las metas en la vida. Actividades: - Hablar con ellos sobre la convivencia con la familia, primos, amigos. - Realizar planes con amigos y familiares. - Observar las necesidade ...

Leer mas: http://www.hacerfamilia.com/ninos/noticia-inteligencias-ninos-juegos-potenciarlas-20150519122403.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.
Las 8 inteligencias de los niños: juegos para potenciarlas

s un buen momento para la convivencia con otros niños, amigos, relacionarse con los demás, etc. Apuntarse a una escuela de verano o a un campamento por unos días, es positivo para desarrollar habilidades sociales. También, las vacaciones hay que aprovecharlas para hablar de uno mismo, de los valores, de las metas en la vida. Actividades: - Hablar con ellos sobre la convivencia con la familia, primos, amigos. - Realizar planes con amigos y familiares. - Observar las necesidade ...

Leer mas: http://www.hacerfamilia.com/ninos/noticia-inteligencias-ninos-juegos-potenciarlas-20150519122403.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.

miércoles, 28 de marzo de 2018

XII Premio Espiral Edublogs

#yoparticipo #euparticipo
no XII Premio Espiral Edublogs
podes consultar a miña candidatura en www.espiraledublogs.org
@edublogsespiral #espiraledublogs

ESTILOS DE APRENDIZAXE



Os avances da neurociencia e da psicoloxía da aprendizaxe fan posible que se deseñen estratexias para ensinar de forma diferente e, polo tanto, se aprenda de forma diferente.
Os nenos e nenas son diversos e os seus estilos de aprendizaxe tamén son diferentes.
Xa sabemos que para aprender debemos poñer en acción:
-interaccións
-metodoloxías activas, dinámicas, creativas, contextualizadas
-aprendizaxe cooperativo
-diferentes procesos cognitivos
-diferentes modelos de pensamento
-participación activa nas aprendizaxes
-integración coherente de elementos curriculares
-avaliación dos logros
-enfoque multidisciplinar, integral e dinámico,...
 Cando deseñamos secuencias didácticas ou secuencias de aprendizaxe debemos contemplar que a información chega ao alumnado de forma diferente e asi é importante ter en conta unha secuencia lóxica e ordenada, outros obteñen claramente unha visión global, outros deben teñen unha alta autonomía e son analíticos; tamén deberemos dar resposta aos que aprenden con apoios visuais ou aos que precisan experimentar, tocar, moverse. Outros, pola contra, precisan datos concretos ou tendo un papel activo.
Por todo o anterior,  cales son os estilos de aprendizaxe que debemos ter en conta?
  1. ACTIVO
  2. SENSORIAL
  3. VISUAL
  4. LINGÜÍSTICO-VERBAL
  5. CINESTÉSICO
  6. INTUITIVO
  7. REFLEXIVO
  8. DEPENDENTE DE CAMPO
  9. INDEPENDENTE DE CAMPO
  10. GLOBAL
  11. SECUENCIAL

ALTAS CAPACIDADES

As ALTAS CAPACIDADES deben ser vistas dende un prisma de potencial a desenvolver, dende parametros de riqueza . 
Referencia normativa: ORDEN de 28 de octubre de 1996 por la que se regulan las condiciones y el procedimiento para flexibilizar la duración del período de escolarización obligatoria de los alumnos con necesidades educativas especiales asociadas a condiciones personales de sobredotación intelectual.
O alumnado con altas capacidades ten un cociente intelectual  por riba de 120.
Algunha das características máis relevantes son:
-perseverancia, motivación, creatividade, curiosidade, alto grao para recibir información, proceso madurativo rápido,...
A presenza dun alumno ou alumna na aula con altas capacidades é unha oportunidade para aprender, para pescudar,...
É UN DESAFÍO
Debemos desbotar da aula métodos repetitivos, homoxéneos, igual para todos,...
A oferta debe ser rica, variada, favorecedora das aprendizaxes competenciais.

Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando nela se dan as seguintes características: unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza.
Cando se fala da habilidade intelectual hai que ter en conta que esta non debería ser só considerada como o resultado dunha serie de puntuacións nunha proba.
No que se refire á creatividade, considérase que é a capacidade de producir contidos mentais (ideas, realizacións persoais) novos ou sorprendentes. Resulta da interrelación de moitos factores, entre
eles a personalidade, os procesos intelectuais, o contexto e, incluso, a motivación. Os últimos estudos inciden en que a creatividade non é produto dun momento de inspiración, senón que máis ben
é froito do esforzo e do traballo.
Por último, a perseveranza é un dos trazos inherentes á maioría das definicións de sobredotación, entendida como afán de logro, persistencia e entusiasmo en tarefas específicas. Esta é a característica
sobre a que hai menos controversia á hora de identificar unha sobredotación. É común que este alumnado dedique unha gran cantidade de enerxía a resolver un problema concreto ou unha actividade
específica sen abandonar, ata conseguir os seus fins cando estes son do seu interese.
Estas tres características relaciónanse entre si e co ambiente sociocultural no que se desenvolven: tamén teñen un peso específico importante os factores ambientais como a familia e a escola, que son elementos fundamentais para o desenvolvemento das súas capacidades.
Unha definición de consenso sería a que considera as persoas superdotadas como aquelas con capacidade cognitiva superior á da media da poboación da súa mesma idade, así como unha serie
de características ou trazos determinados. Deste xeito, admitimos que a persoa intelixente “nace e faise”, así que podemos dicir que a intelixencia ten dous compoñentes: o innato (as distintas aptitudes) e o adquirido (adquisición de coñecementos e adestramento).
INDICADORES:
Indicadores da capacidade intelectual xeral
  • Adquiren aprendizaxes temperás e sen axuda.
  • Teñen unha gran facilidade para adquirir novas aprendizaxes.
  • Son rápidos na comprensión de información e conceptos novos.
  • Establecen  facilmente conexións entre conceptos diferentes.
  • Posúen un elevado nivel de indagación.
  • Elaboran conceptos verbais con facilidade.
  • Utilizan con axilidade novos coñecementos na resolución de problemas teóricos e prácticos.
  • Formulan principios e establecen x eneralizaciónspor transferencia de aprendizaxes
  •  Destacan na habili dade para argumentar,preguntar e razoar.
  • Denotan unha enorme curiosidade intelectual.
  • Manifestan interese e gran preocupaciónpolos problemas do mundo.
  • Con frecuencia manifestan capacidade de liderado e unha alta capacidade social.
 Indicadores da capacidade intelectual específica
  • Logros importantes en determinadas áreas.
  • Vocabulario amplo e rico, cunha excelente capacidade para utilizalo con propiedade.
  • Gusto pola lectura.
  • Memoria, retención fácil e evocación rápida e precisa.
  •  Profundidade no coñecemento de temas do seu interese.
  • Manifestacións do talento matemático: gusto polos números; rapidez na comprensión e solución de problemas;solucións simples, directas, abreviadas, elegantes; precisión e axilidade no razoamento matemático; uso de criterios sofisticados para clasificar, seriar e agrupar.
  • Manifestacións específicas de talento musical.
  • Rendemento excepcional nalgunha rama deportiva.

Indicadores da capacidade creativa
  • Orixinalidade.
  • Imaxinación e fantasía na utilización de recursos.
  •  Invención e construción de aparatos con materiais sinxelos.
  • Creación de ideas e procesos novos.
  • Solución creativa a problemas mediante a utilización de recursos e materiais comúns.
  • Composición e adaptación de xogos, de música, etc.
  • Especial sentido do humor, ás veces desconcertante.
  • Tendencia natural a explorar ideas, con formulacións pouco correntes.
  •  Independencia de pensamento.
  • Capacidade de iniciativa.
  • Facilidade para aplicar coñecementos dunha materia ou situación a outra. 
  • Manifestación de opinións contrarias ás habituais.

 Indicadores da capacidade de automotivación e perseveranza
  • Capacidade de aprendizaxe autodirixida.
  • Concentración nas tarefas, perseveranza e motivación en relación a áreas do seu interese.
  • Escasa fatiga, sempre que a tarefa non sexa repetitiva ou rutineira.
  • Tendencia a traballar de xeito independente. Aínda que a súa autonomía os leva a ser creativos, hai que estimulalos para que aprendan a traballar en equipo e compartan os seus coñecementos.
  • Motívanse especialmente cando as tarefas son complicadas e diferentes.
  • Proban cousas novas, gustan dos cambios e aceptan os desafíos que supoñen as novidades.
  • Teñen grandes expectativas tanto con respecto a si mesmos como con respecto aos demais, o que fai que teñan metas elevadas. A parte negativa é que poden sentirse apremados e ansiosos debido ás esixencias do contorno (familiares, escolares, sociais).
Axustar a resposta educativa para este alumnado supón ter claro cales son as necesidades educativas que presenta:
  • Precisa dunha ensinanza adaptada, cun enfoque multidisciplinar nun contexto educativo enriquecido e dinámico, estimulante para o seu desenvolvemento.
  •  Require do acceso a recursos e materiais adicionais, que deben ser planifi cados especificamente.
  • Cómprelle flexibilidade no seu horario e nas súas actividades, polo que é conveniente que, cando sexa posible, deixemos que continúe co traballo ata que estea seguro e satisfeito coa tarefa realizada.
  • Precisa participar moi activamente no proceso de ensinanza e aprendizaxe e ter a oportunidade de poder poñer en práctica as súas habilidades.
  • Élle imprescindible un contorno no que se valoren as ideas creativas e orixinais, máis cá repetición dos contidos.
  • Cómprelle un clima social no que se sinta aceptado, e precisa de orientación no manexo das relacións interpersoais e sociais.
En consecuencia, a sobredotación precisa, por un lado, unha resposta diferenciada e diversificada, con estratexias de ensinanza e aprendizaxe consontes cos recursos intelectuais que manexan as persoas que a manifestan. Pero por outro lado, tamén precisa que esa resposta diferenciada sexa consecuencia dun continuo de medidas graduais que teñen o seu inicio nas medidas de atención á diversidade recollidas nos documentos institucionais do centro. As estratexias empregadas con maior frecuencia son as seguintes:
Medidas de enriquecemento
axustes no programa ordinario, é dicir, por adaptacións do currículo
A ampliación curricular de enriquecemento horizontal
Traballo por proxectos, tarefas integradas, resolución de situacións problema,...
Medidas de aceleración (flexibilización periodo de escolarización): Por un lado, anticipar o inicio das etapas educativas, Por outro, reducir a duración da escolaridade obrigatoria.

O papel da familia:Fundamentalmente apoiar o desenvolvemento das capacidades do noso fillo ou filla:
  • Sen transmitirlle presión ou un excesivo nivel de esixencia, e sen expectativas previas sobre as súas consecucións.
  • Favorecendo a súa crianza nun ambiente variado en estímulos, consonte coa súas capacidades e cos intereses que amosa. Nese ambiente inclúense tamén eles mesmos, xa que as súas actitudes e os seus intereses (pola lectura,  tamén un estímulo e un referente para os fillos e fillas.
  • Propiciando un ambiente estimular rico, o que non supón descoidar outros aspectos do desenvolvemento persoal e social: hai que evitar o seu illamento, fomentando as relacións e as actividades lúdicas cos iguais.
  • Vixiando as actitudes prepotentes ou de superioridade que manifeste cara a outras persoas como consecuencia de comparacións indebidas referidas ás súas capacidades. Debe aprender a aceptar e valorar os demais do mesmo xeito que os demais deben aceptalo a el sen considerar que os seus niveis de logro o converten nun ser estraño.
  • Mitigando o seu excesivo perfeccionismo e a autocrítica.

martes, 27 de marzo de 2018

INTELIXENCIA LÓXICA-MATEMÁTICA




O desenvolvemento da INTELIXENCIA LÓXICA-MATEMÁTICA favorece a habilidade para a utilización dos números e as súas operacións básicas, así como dos símbolos e as formas de expresión e razonamento matemático en situacións cotiás, de modo que se seleccionen as técnicas axeitadas para calcular, resolver problemas, interpretar a información e aplicar os elementos matemáticos á maior variedade de contextos.

De igual manera,  permite interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturales como nos xerados pola acción humana, para comprender sucesos, predecir consecuencias e mellorar as condicións de vida propia, das demáis persoas e do resto dos seres vivos,...Tamén implica a capacidade de aplicar o razoamento matemático e as súas ferramentas para describir, interpretar e predicir distintos fenómenos no seu contexto. A intelixencia matemática  require de coñecementos sobre os números, as medidas e as estruturas, así como das operacións e as representacións matemáticas, e a comprensión dos termos e conceptos matemáticos. O uso de ferramentas matemáticas conleva unha serie de destrezas que requiren a aplicación dos principios e procesos matemáticos en distintos contextos, xa sexan persoais, sociais, profesionais ou científicos, así como para emitir xuízos fundados e seguir cadeas argumentais na realización de cálculos, a análise de gráficos e representacións matemáticas e a manipulación de expresións alxébricas, incorporando os medios dixitais cando sexa oportuno. Forma parte desta intelixencia a creación de descricións e explicacións matemáticas que levan implícitas a interpretación de resultados matemáticos e a reflexión sobre a súa adecuación ao contexto, ao igual que a determinación de se as solucións son adecuadas e teñen sentido na situación en que se presentan. Trátase, por tanto, de recoñecer o papel que desempeñan as matemáticas no mundo e utilizar os conceptos, procedementos e ferramentas para aplicalos na resolución dos problemas que poidan xurdir nunha situación determinada ao longo da vida. Tamén reseñar que inclúe unha serie de actitudes e valores que se basean no rigor, o respecto aos datos e a veracidade. Así pois, para o adecuado desenvolvemento da intelixencia matemática resulta necesario abordar catro áreas relativas aos números, á álxebra, á xeometría e á estatística, interrelacionadas de formas diversas: 
– A cantidade: esta noción incorpora a cuantificación dos atributos dos obxectos, as  relacións, as situacións e as entidades do mundo, interpretando distintas representacións de todas elas e xulgando interpretacións e argumentos. Participar na cuantificación do mundo supón comprender as medicións, os cálculos, as magnitudes, as unidades, os indicadores, o tamaño relativo e as tendencias e patróns numéricos. 
– O espazo e a forma: inclúen unha ampla gama de fenómenos que se encontran no noso mundo visual e físico: patróns, propiedades dos obxectos, posicións, direccións e representacións deles; decodificación e codificación de información visual, así como navegación e interacción dinámica con formas reais, ou con representacións. A competencia matemática, neste sentido, inclúe unha serie de actividades como a comprensión da perspectiva, a elaboración e lectura de mapas, a transformación das formas con e sen tecnoloxía, a interpretación de vistas de escenas tridimensionais desde distintas perspectivas e a construción de representacións de formas.
-O cambio e as relacións: o mundo desprega multitude de relacións temporais e permanentes entre os obxectos e as circunstancias, onde os cambios se producen dentro de sistemas de obxectos interrelacionados. Ter máis coñecementos sobre o cambio e as relacións supón comprender os tipos fundamentais de cambio e cando teñen lugar, co fin de utilizar modelos matemáticos adecuados para describilo e predicilo. 
– A incerteza e os datos: son un fenómeno central da análise matemática presente en distintos momentos do proceso de resolución de problemas no cal resulta clave a presentación e interpretación de datos. Esta categoría inclúe o recoñecemento do lugar da variación nos procesos, a posesión dun sentido de cuantificación desa variación, a admisión de incerteza e erro nas medicións e os coñecementos sobre o azar. 
Así mesmo, comprende a elaboración, interpretación e valoración das conclusións extraídas en situacións onde a incerteza e os datos son fundamentais.


Hoxe a viaxe detense na INTELIXENCIA LÓXICA-MATEMÁTICA e, polo tanto, temos que visibilizar certos procesos que fan posible o seu desenvolvemento:


— Coñecer os elementos matemáticos básicos.

— Habilidade para o uso dos números e o cálculo mental

— Seguir determinados procesos de pensamento e de razonamento

— Expresarse e comunicarse na linguaxe matemática.

— Expresar e interpretar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións.

— Manexar os elementos matemáticos básicos (distintos tipos de números, medidas, símbolos, elementos xeométricos, etc.) en situaciones reais ou simuladas da vida cotidiá.

— Analizar os fenómenos físicos e aplicar o pensamento científico-técnico para interpretar, predecir e tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal.
— Realizar estimacións

— Comprender e identificar preguntas o problemas, obtener conclusiones y comunicarlas en distintos contextos (académico, personal y social).

— Conservar os recursos e aprender a identificar e valorar a diversidad natural.

— Analizar los hábitos de consumo y argumentar consecuencias de un tipo de vida frente a otro en relación con dichos hábitos. Reconocer las fortalezas y límites de la actividad investigadora.

—Realizar clasificacións e categorizacións

— Realizar observacións e descubrir elementos xeométriocos.

— Percibir as demandas ou necesidades das persoas, das organizacións e do medio ambiente.

— Interiorizar os elementos chave da calidad de vida de las personas.

— Tomar decisións sobre o mundo físico e sobre a influencia da actividade humana, con especial atención ao cuidado do medio ambiente e ao consumo racional e responsable.

— Planificar e manexar solucións

Algunhas actividades para o seu desenvolvemento:
 -resolución de sudokus
-verbalizar como funcionan os aparellos
-realizar  estatísticas: días chuvía, vento, inxesta de alimentos, peso dos familiares, compañeiros, amigos, estatura dos amigos, familiares ou compañeiros,...
- buscar e localizar formas xeométricas en construccións
-identificar ingredientes de receitas
-descubrir mesturas na vida cotiá
-identificar a enerxía utilizable por aparellos da vida cotiá
-clasificar  de obxectos según categorías
-realizar comparacións de elementos, obxectos
-realizar xogos matemáticos: laberintos, crebacabezas, triominos, pentaminos, tetris, tantris,...
-realizar xogos de cálculo mental
-inventar problemas da vida cotiá empregando os números
-inventariar elementos xeométricos en construccións da contorna
-realizar cálculo de gastos diarios
-realizar a lista da compra e calcular o gasto a partir dos precios dos folletos
-identificar as propiedades e criterios dunha colección
-resolver e crear problemas matemáticos
-realizar táboa con gastos diarios
-realizar medicións
-clasificación de moedas
-interpretar gráficos de fenómenos atmosféricos
-composición e descomposición de números
-contar de 2 en 2, de 4 en 4,..
-traballar decenas, centenas e unidades 
-identificar familia de números, números veciños, números amigos
-describir utilidade dos números,...