Mostrando entradas con la etiqueta intervención educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta intervención educativa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de septiembre de 2019

RECREOS:


Los expertos aseguran que puede ofrecer a los alumnos beneficios físicos, cognitivos, sociales y emocionales, sobre todo, entre aquellos que cursan Primaria. “La seguridad en el patio, tener acceso al equipamiento adecuado para jugar y el compromiso por parte de los adultos que los vigilan están entre los factores que hacen del recreo una experiencia de calidad”, según una nueva investigación elaborada por La Universidad de Oregón y publicada en el BMC Public Health.
 


Los modelos pedagógicos en torno a este tiempo de ocio y libertad, para que ese juego libre no desemboque en la pérdida de habilidades sociales necesarias para que la convivencia pacífica sea respetada.
Patios Dinámicos es una herramienta de Inclusión Social que fomenta la participación de todo el alumnado en el tiempo de recreo y que esta complementada por Parques Dinámicos como estrategia de juego en familia.
En Patios Dinámicos se siguen una serie de premisas:

* El JUEGO es LIBRE. Y el programa es un propulsor de ese juego libre a través de un proceso de acompañamiento del alumnado que no accede de manera automática a ese juego por razones muy variadas.

*INCLUSIÓN. Jamás se va a separar al alumnado participante del programa Patios Dinámicos del resto del alumnado que esta presente en el recreo escolar. La formación de los agentes activos (profesorado, alumnos colaboradores, personal externo) les capacita para afrontar el momento de recreo de manera resolutiva e inclusiva. Separar es excluir, marcar la diferencia, etiquetar.

*EQUIDAD. Cada persona es única y diversa en si misma. En Patios Dinámicos y en su variable Parques Dinámicos ofrecemos a cada persona lo que necesita para estar en igualdad de condiciones ante una situación de juego.

Gey Lagar: “Hay que respetar el juego libre y conducirlo hacia el juego inclusivo”

O VALOR DO RECREO

lunes, 2 de septiembre de 2019

INTELIXENCIA EXECUTIVA: A VISIÓN DE J.A. MARINA

Iniciamos un novo curso escolar e, por tal motivo, é necesario ir buscando novas estratexias educativas que dean respostas ás necesidades do noso alumnado, dos fillos e fillas.
Abordamos a importancia da intelixencia executiva como responsable de dirixir as capacidades humanas, os comportamentos. Non basta coa intelixencia emocional, non chega con facer acopio de coñecementos,...é preciso saber que facer con eses coñecementos, como tomar decisións, como xestionar as emocións, como manter o esforzo, como saber xestionar o aplazamento das recompensas,  como xestionar as frustracións, etc.
A intelixencia executiva apréndese.
Se queremos saber máis debemos ler o libro de JOSÉ ANTONIO MARINA, LA INTELIGENCIA EJECUTIVA
 


jueves, 29 de agosto de 2019

ESCOLA DE NAIS E PAIS: APRENDENDO XUNTOS

Se queredes escoitar de novo as diferentes sesións da ESCOLA DE NAIS E PAIS realizada a través das ondas da RADIO MUNICIPAL DE TUI deixo o enlace a IVOOX da Radio.
SESIÓNS ESCOLA DE NAIS E PAIS CURSO 18-19 RADIO MUNICIPAL DE TUI

miércoles, 28 de agosto de 2019

SEGURIDADE NAS RRSS E INTERNET

Nunha sociedade do s. XXI resulta imprescindible a albafetización dixital. As Tic deben ser usadas de xeito creativo, para aprender a pensar, para informarse e contrastar  información, ...Se asi as empregamos estaremos provendo as TAC, Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento.
 Ante esta necesidade debemos afondar na SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS E INTERNET e facernos preguntas:
As RRSS son seguras?
Que debemos saber sobre o bó uso das RRSS?
Como pais ou nais debemos supervisar as páxinas que consultan os nosos fillos e fillas?
Que é iso da Identidade dixital?
O mal uso e "abuso"de Internet supón un perigo para os fillos e fillas?
Non esquezamos que as familias son CORRESPONSABLES da educación dos fillos e fillas e o acompañamento  no uso e "bo uso" das TIC resulta moi importante.

A continuación  o programa de radio de ESCOLA DE NAIS E PAIS organizada e deseñada dende o Dto. de Orientación do CRA MESTRA CLARA TORRES en colaboración coa RADIO MUNICIPAL DE TUI.
SESIÓN ESCOLA DE NAIS E PAIS SARXENTO DA GARDA CIVIL D. JOAQUÍN FREIRÍA





miércoles, 27 de junio de 2018

A ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN DO S.XXI



A sociedade, nos derradeiros anos mudou e, polo tanto, os cidadáns tamén mudaron nas súas formas de pensar, de estar, de ser, de sentir, de falar, de argumentar, de recibir ou transmitir información,...
Polo tanto, esta realidade é necesaria tela en conta cando se fala de educación.
Levamos anos escoitando que é preciso un PACTO POLA EDUCACIÓN pero quizás deberiamos preguntarnos cales van ser eses piares ou liñas estratéxicas onde se sustente a NOVA ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN.
Porén, faise imprescindible realizar un esbozo desas novas necesidades da educación para poder avanzar.
O primeiro, será contemplar o que pasa, pensar no que acontece nas nosas aulas e poñerse a buscar, entre todos, solucións para o agora (VEXO, PENSO, PREGÚNTOME).
As familias, tamén deben analizar o que pasa no centro educativo: se os procesos de ensinanza son diferentes aos que eles viviron na etapa escolar, se os seus fillos ou fillas aprenden a partir de actividades memorísticas ou ben aprenden facendo, aplicando os contidos á vida cotián, se teñen maior competencia na lingua inglesa, etc.
O realmente complexo e poñernos de acordo en cales poderían ser eses piares sustentadores que deseñen esa andamiaxe educativa.
As liñas estratéxicas poden partir dos piares da educación de Delors  no seu Informe do ano 1996 cando establecía que nos diferentes escenarios que existen para que as persoas aprendan (familia, escola, comunidade) debemos promover ensinar a coñecer pero tamén a facer, a estar ou convivir e a ser.
Para saber máis debedes premer no seguinte enlace:

lunes, 18 de junio de 2018

APRENDIZAXE BASADO EN RETOS: GAMIFICACIÓN


O alumnado é diferente e diverso.
Polo tanto, temos que ofrecer estratexias metodolóxicas diferentes e innovadoras.
Unha destas estratexias innovadoras é a GAMIFICACIÓN.
Partindo das mecánicas dos xogos integrámolas en entornos no lúdicos.
Partindo de retos, desafíos o alumnado debe resolver situacións problema e os logros son recompensados con BADGE (insignia) para poder ir acadando niveis de acceso.
É necesario crear unha historia motivadora e crear un espazo de aprendizaxe-ambiente de aprendizaxe

Conferencia de PAUL ANDERSEN

EXEMPLO1
EXEMPLO2

domingo, 27 de mayo de 2018

RECURSOS PARA ASESORAMENTO DE PERSOAS AFECTADAS POR SITUACIÓNS CRÍTICAS

Para dar axuda ás familias e aos centros educativos con alumnado e familias afectadas pola explosión de Paramos (Tui) deixamos recursos da páxina web do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia e do seu GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES  E EMERXENCIAS (GIPCE).

Guía de autoaxuda
Protocolo de actuación en centros educativos

lunes, 14 de mayo de 2018

A CAIXA MÁXICA DA INTERVENCIÓN


Hoxe presentamos unha caixa máxica para a intervención educativa no contexto familiar.
Cada caixa é personalizada para cada neno-nena según a diversidade do alumnado en canto a intereses, motivacións, estilos de aprendizaxes, habilidades, competencias, ...
A caixa contén uns pequenos agasallos: 4 coches de cores, 1 caixa de rotuladores, 1 lápiz e unha goma.
As familias serán formadas para o uso e finalidade das propostas.
-AUDIOS gravados nun USB con propostas de actividades para mellora a percepción auditiva.
-ABECEDARIO
-CAIXA DE REGRETAS
-1 SOBRE CON BLOQUES
-PROPOSTAS DE ATENCIÓN E DE PERCEPCIÓN VISUAL
-ATENCIÓN E MEMORIA VISUAL
-PERCEPCIÓN ESPACIAL CON POMPÓNS
-1 CONTO
-PROPOSTAS CON MINIARCO
-MEMORY
-BANCO DE IMAXES
-TANGRAM









sábado, 12 de mayo de 2018

DUA E PLANIFICACIÓN CURRICULAR MULTINIVEL


Seguimos afondando no DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXES. 
Se planificamos dende enfoques inclusivos, equitativos, diversos debemos facelo a través dunha PLANIFICACIÓN CURRICULAR MULTINIVEL que promova o derrube de barreiras sociais, estructurais, emocionais, curriculares, organizativas,...
É necesario ter en conta aspectos relacionados coa neurociencia, coa educación e a cognición ou o que é o mesmo PSICOLOXÍA COGNITIVA, CIENCIAS DAS APRENDIZAXES, NEUROCIENCIA E PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO (Arathoon Giron, 2016).
debemos pensar que para que se produzan as aprendizaxes deben entrar en acción redes afectivas (porque da aprendizaxe), redes de recoñecemento (que de aprendizaxes) e redes estratéxicas (como das aprendizaxes).
Polo anterior, a planificación do proceso de ensinanza  e de aprendizaxe debe dinamizar posibilidades diversas para que o alumnado teña  perseverancia, esforzo ou interese e que saiba autorregularse. De igual maneira debe ofrecer diversas opcións para a comprensión, para a expresión,para a representación,  para a percepción, para as funcións executivas, para a comunicación, para a transferencia, ...
Se facemos este plantexamento estaremos dando resposta á diversidade.
Ex. A uns alumnos ou alumnas deberemos ofrecerlles a información a través de imaxes, textos impresos e dixitais, a outros a través de audios, convertores de voz, de organizadores gráficos, etc.
Outro aspecto a ter en conta é que os recursos empregados e a metodoloxía conformann a andamiaxe para acceder ao currículo pois este non pode ser a barreira que separa ao alumnado da aprendizaxe.
Un dos mellores recursos son osTIC que non leven cara ás TIC  e as TEP.





sábado, 5 de mayo de 2018

TIC, TAC, TEP

As TIC, as TAC e as TEP son as ferramentas para unha educación do s. XXI, para unha educación inclusiva, para unha educación que ten como referente un DISEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXES.
Para saber máis debedes entrar  na seguinte WEB

viernes, 4 de mayo de 2018

MEMORIA, ATENCIÓN E ORIENTACIÓN ESPACIAL





ATENCIÓN, MEMORIA E ORIENTACIÓN ESPACIAL
As pautas metodolóxicas aportadas  pretender acadar 3 obxectivos:
·        - prevención
·        - recuperación
·         -enriquecemento

A continuación, referenciaremos algunhas cuestións teóricas que fan referencia a procesos psicolóxicos ou funcións cognitivas:
A ATENCIÓN
A atención é un proceso de certa complexidade par definir. é unha función cerebral superior, responsable de preparar o sistema cognitivo para percibir, dirixir a intención e actuar. en todo este proceso, a atención cumpre funcións diversas:
·         manter un estado de alerta
·         atender a estímulos relevantes e ignorar os que non cumpren con esa regla
·         concentrarse nas tarefas
·         ter en conta as instruccións recibidas para exercutar tarefas
·         preparar respostas axeitadas
·         manter a concentración por un periodo de tempo axustado
No contexto escolar, a  ATENCIÓN é un requisito necesario para que o proceso de aprendizaxe sexa exitoso.
Algunha das CARACTERÍSTICAS MÁIS RELEVANTES do alumnado con dificultades para unha atención sostida son:
·         Non atenden en situacións de escoita e/ou asembleas
·         Non reciben a información relevante
·         Non reteñen as instruccións das tarefas ainda secuenciadas
·         cometen erros na realización das tarefas ainda que as comprendan
·         situacións de non escoita e distraccións continuas
·         centran a súa atención en estímulos non relevantes e ignoran os que sí son
·         cústalles atender a varios estímulos á vez
·         teñen dificultades para manter a atención durante un tempo prolongado
Pero o máis importante é que a atención pode desenvolverse e estimularse e as súas dificultades non son permanentes.
Para a estimulación da atención podemos desenvolver actividades, tarefas e exercicios, ...que que teñan en conta o spam atencional (amplitude de estímulos aos que se poden atender), atención selectiva ou focal (atendese a un estímulo e ignórase outro) e atención serial (buscar estímulos repetidos entre outros que fan de distractores) e se traballarían a partir de estímulos visuais.
Algúnha exemplificación de tipos de exerciciós serían:
·         Emparellar imaxes iguais
·         Sinalar as imaxes iguais á primeira
·         Identificar parellas iguais
·         Discriminar as imaxes que son iguais ao modelo
·         Sinalar imaxes diferentes nunha fila ou columna
·         Discriminar sons de instrumentos ou da vida cotiá
·         Identificar determinado son entre moitos
A MEMORIA
A memoria é a función cognitiva responsable de almacenar e recuperar a información. Estase dando moita importancia á memoria de traballo que non é máis que  unha función  executiva e dun tipo de memoria a corto plazo encargada de manter e manipular temporalmente a información necesaria para realizar unha determinada tarefa, similar á MEMORIA RAM dos equipos informáticos.
A MEMORIA ten unha especial implicación nas aprendizaxes condicionando o proceso de ensinanza. A memoria promove e favorece as seguintes cuestiópns:
·         Reter as instruccións orais ou as pautas en audios
·         Recordar información obtida dos contos ou das historias
·         Realizar operacións mentais
·         Realizar actividades de forma autónoma
·         Explicar o proceso desenvuelto para a realización dunha tarefa (pode empregarse pictogramas, imaxes, debuxos,…)
·         Observar a posición de obxectos-letras-formas xeométricas,..e ser quen de colocalas nunha táboa na mesma posición ou lugar
A maioría das veces, o alumnado ten dificultades de MEMORIA cando manipulan estímulos auditivos, visuais ou rítmicos polo que teremos en conta estes ámbitos á hora de deseñar exemplos de tarefas:
·         Memoria visual a través de debuxos: presentamos lámina con imaxes durante un tempo determinado 30-35” e traballamos o vocabulario. A continuación, retiramos a lámina e deben recordar a s imaxes
·         Memoria auditiva de palabras: nomeamos palabras (2-3-4,…) unha por segundo maís ou menos e o alumnado debe repetila na mesma orde.
·         Memoria auditiva de números: o alumno-a repetirá os números escoitados previamente
·         Memoria auditiva de ritmos
·         Memoria de estímulos táctis: o adulto cun lápiz toca diferentes partes do corpo (2-3-4,…) e o alumno-a deberá recordar a secuencia.
·         Memoria motriz a través de xestos: o adulto executa unha serie de xestos e o alumno-a debe repetilos na mesma orde
·        Memoria espacial: o adulto sinala unas imaxes nunha determinada orde e o alumno-a deberá sinalalos na mesma orde.

ORIENTACIÓN ESPACIAL
A orientación espacial é unha capacidade intelectual implicada na percepción e o procesamento de estímulos relacionados coa súa posición e distribución no espacio. É unha capacidade que ten valor por sí mesma e que é necesaria para saber adaptarse ao medio e poder sobrevivir.
Por outra parte, a orientación espacial está implicada na adquisición e dominio de procesos de aprendizaxe básicos como lectura, escritura, numeración, cálculo,…
O alumnado con dificultades na orientación espacial presentan alguna das seguintes síntomas:
·        - Confunden  dereita e esquerda, arriba-abaixo, diante-detrás,…
·         -Cústalles imitar os xestos que fai unha persoa diante deles
·        - Dificultade para realizar debuxos formados por figuras xeométricas
·         -Dificultade para a realización de puzles ou construccións
·        - Dificultade para organizarse no folio ou ficha
·        - Inversión de números, letras, confusión de letras similares (p-b, m-n, d-p,…)

Os ámbitos que deben ser traballados son:
·         -Integración do esquema corporal
·        - Posición no espazo
·         -Estructuración e organización espacial
·         -Habilidades visomotoras
·        - Análise visual
·         -Praxias constructivas

Actividades:
 -escoitar audios e expresar oralmente o que acaba de escoitar
-realizar autoinstruccións
-observar imaxes aparentemente iguais e localizar diferenzas
-escoitar audios e executar as instruccións
-observar páxinas e, sen mirar, expresar oralmente o que acaba de observar
-reproducir a colocación de bloques lóxicos seguindo instruccións,...
-repetición de números ou letras,...

miércoles, 25 de abril de 2018

FREEMAN: UN ESTUDIO DE ALTAS CAPACIDADES

Existen moitos estudios e investigacións relacionados con alumnado de altas capacidades.
A continuación, un estudio de JOAN FREEMAN que resulta muy interesante para poder tener criterios para toma de decisiones sobre medidas de respuesta a esta tipología de alumnos o alumnas.