domingo, 17 de julio de 2016

EDUCAR NO ASOMBRO!


Podemos iniciar esta entranda decindo que o ABURRIMENTO é necesario na vida de nenos e nenas.
Con el aptrendemos ou fomentamos a creatividade, a imaxinación, evitando a anestesia e a pereza mental.
Evitemos no verán estructurar a súa vida a través de actividades moi planificadas.
é mpomento para ter eses tempos en familia, para ler xuntos, para falar, conversar, para tomar decisións,...
A sobreestimulación tamén ten efectos nocivos:
-Hiperactividade
- nerviosismo
-adicción á sobreestimulación
-precisar contidos impactantes e trepidantes a través das tecnoloxías ou medios de comunicación
-necesitar un alto nivel de estimulación externa apalancando a estimulación interna

é bó xogar ao aire libre, sen xoguetes (pelotas e balóns tampouco), onde unha pedra, unha flor ou un pau poden converterse nesa nave espacial fantática que surcará ceos,...

Fágovos unha proposta de libros:

Entrevista coa autora do libro CATHERINE L¨ECUYER

A CONTINUACIÓN LITERATURA INFANTIL PARA O VERÁN

QUE FACER EN VACACIÓNS?

As vacacións de verán son longas e por este motivo as veces pensamos que o mellor e deseñar para os fillos e fillas actividades estructuradas.
O periodo estival é o momento óptimo para facer cousas en familia e poder recuperar eses tempos que no inverno non son posibles.
Nenas e nenos aprenden en interacción cos demáis e sobre todo cos adultos da familia.
Falando, conversando, buscando tesouros, experimentando, lendo, imaxinando, facendo excursións pola contorna, etc poden ser os "mellores deberes" para o periodo estival.
É IMPORTANTE ABURRIRSE pois deste xeito a imaxinación e creatividade entran en acción. Estructurar cada minuto da vida dos fillos e fillas non é saudable provocando posibles situacións:
-a sobreestimulación anula a capacidade de asombro, de creatividade e de imaxinación que son o motor para as aprendizaxes.
-nenos e nenas se transforman en persoas sen iniciativa, con pereza mental, apatía,...
-nenos e nenas hiperactivas , nerviosos, que non están a gusto consigo mesmo pois botan en falta a simultaneidade de estímulos
-Recúrrese á tecnoloxía e aos medios de comunicación para acceder a contidos impactantes, trepidantes,...mantendo así un NIVEL ALTO DE ESTIMULACIÓN EXTERNA.
 É importante que vivencien que ter un libro nas mans é unha fonte inagotable de soños, posibilidades,...
Os nenos e nenas de E. INFANTIL tamén len: imaxes, inventan historias a partir desas imaxes, repiten os textos lidos polos adultos,...
Polo tanto, leamos con eles e aproveitemos tamén para ter un libro nas mans os adultos.

PROPOSTAS DE LECTURA PARA SOÑAR NO VERÁN

OUTRAS PROPOSTAS DE LECTURA PARA O VERÁN


SEREMOS COMPETENTES NO VERÁN!

O verán xa está aqui!
As vacacións tamén!
Pero debemos seguir aprendendo xuntos e por este motivo damos posibilidades para facelo a través do calendario competencial de xullo e de agosto.




MES DE XULLO 

MES DE AGOSTO