Mostrando entradas con la etiqueta libros para aprender. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros para aprender. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de febrero de 2020

QUE FAI UNHA ESCOLA NESTE S. XXI?

Este mes ofrecemos a lectura deste libro de Rafael Feito Alonso titulado ¿QUÉ HACE UNA ESCUELA COMO TÚ EN UN SIGLO COMO ESTE? que analiza con voz de experto e con voz reflexiva e crítica onde se sitúan as nosas escolas e que pasos deberiamos ir dando  na metodoloxía, nos contidos curriculares, nas competencias profesionais docentes, no papel das familias, etc. para adecuarnos a una escola para a sociedade do coñecemento, para unha sociedade do século XXI.
O desenvolvemento dun espíritu crítico, reflexivo, ter habilidades para debatir, argumentar ou favorecer a individualización curricular son algunhas das cuestións que aparecen ao longo das páxinas do libro.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

DEBERES E DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe convídovos a pensar e repensar sobre os DEREITOS E DEBERES DA INFANCIA a través das páxinas dun libro de BONA e TURU.
Ás veces pensamos que  as nenas e os nenos sólo teñen dereitos pero xunto con estes están inherentes os deberes.
Disfrutade co libro!


lunes, 2 de septiembre de 2019

INTELIXENCIA EXECUTIVA: A VISIÓN DE J.A. MARINA

Iniciamos un novo curso escolar e, por tal motivo, é necesario ir buscando novas estratexias educativas que dean respostas ás necesidades do noso alumnado, dos fillos e fillas.
Abordamos a importancia da intelixencia executiva como responsable de dirixir as capacidades humanas, os comportamentos. Non basta coa intelixencia emocional, non chega con facer acopio de coñecementos,...é preciso saber que facer con eses coñecementos, como tomar decisións, como xestionar as emocións, como manter o esforzo, como saber xestionar o aplazamento das recompensas,  como xestionar as frustracións, etc.
A intelixencia executiva apréndese.
Se queremos saber máis debemos ler o libro de JOSÉ ANTONIO MARINA, LA INTELIGENCIA EJECUTIVA
 


miércoles, 19 de junio de 2019

LIBRO: AS LEIS NATURAIS DO NENO





Onte nas miñas mans (e no meu corazón) puxeron un fermoso libro. Fala da importancia de ter enn conta as aportacións de Montessori e os avances da neurociencia na educación de nenos e nenas.
As familias e os docentes debemos ter en conta que os nenos e nenas posúen capacidades innatas para aprender pero debemos poñelos en situacións de aprendizaxe ricas, estimuladoras en ambientes e escenarios diversos. Tamén hai que respectar as leis naturais do desenvolvemento das criaturas pero, estas leis vense aceleradas se os poñemos en situacións de aprender e que os espazos de xogo libre sexan ricos, diversos, que favorezan a reflexión, o espíritu crítico, a toma de decisión, a indagación, a resolución de problemas,...

 Agora solo desexo que disfrutedes da súa lectura como eu o estou a disfrutar.

domingo, 27 de enero de 2019

LIBROS PARA APRENDER: HIPERNIÑOS

A autora, EVA MILLET, afonada no fenómeno da crianza helicópero dos fillos e fillas. Da pautas e estratexias para revertir a situación da crianza sobreprotectora, hiperasistida e intensiva.
Para saber máis debedes ler o libro que estará á vosa disposición na biblioteca de Orientación.

sábado, 26 de enero de 2019

LIBROS PARA APRENDER: HIPERPATERNIDAD


A autora, EVA LLLET explica e argumenta como as familias pasan do modelo educativo "moble" ao modelo "altar" con respecto aos seus fillos e fillas. Os fillos son o centro das familias para acadar ter uns fillos perfectos anticipándose aos desexos dos fillos, resolvendo os seus problemas, cunhasobreestimulación, cunhas axendas de actividades inasumibles polas criaturas e malamente polas súas familias, con tolerancia á frustración mínima ou cero,...
Preconiza a SANA DESATENCIÓN.
Se queredes saber máis mercade o libro ou pasade pola Biblioteca de Orientación.

lunes, 21 de enero de 2019

LIBROS PARA APRENDER: LA ESCUELA QUE QUIERO



Mar Romera (a experta en educación que iniciará a nosa Escola de Nais e Pais a través da Radio Municipal) presenta un libro que merece a pena ser lido. 
Tamén ler a seguinte entrevista:

Mar Romera: «Los profesores que no están motivados deberían salir de las escuelas»
ENTREVISTA

domingo, 21 de octubre de 2018

SANTOS GUERRA: A EMOCIÓN E O COMPROMISO COA EDUCACIÓN



O catedrático Santos Guerra acaba de publicar un libro homenaxe ás mestras e mestres.
Segue a marcarnos un camiño, un camiño de ilusión, de compromiso, de emoción pola educación.
O título é ben significativo e con metáfora: "UN RAMO DE FLORES"
Non debemos deixar de lelo.

jueves, 18 de octubre de 2018

EDUCAR EN LA REALIDAD



Esta vez a proposta de lectura para aprender vai dirixida a dar estratexias para educar na realidade.
O libro  recomendado é de C. L´ECUYER


EDUCAR NO ASOMBRO




Propoño a lectura do libro EDUCAR EN EL ASOMBRO de C. L´ECUYER.


lunes, 15 de octubre de 2018

EDUCAR NO ASOMBRO


Precisamos motivar ao alumnado, motivar aos fillos e fillas para que amosen interese,.
Unha ferramenta potente é EDUCAR NO ASOMBRO.
Catherine L´Ecuyer nun artigo a FARO DE VIGO danos certas claves para poder facelo.
Tamén recomendamos a lectura do seu libro "EDUCAR EN EL ASOMBRO"


ENLACE


Pero también es necesario educar en la realidad

miércoles, 12 de septiembre de 2018

DEIXATE ATRAPAR POR HISTORIAS CON MOITO CONTO

Libros para soñar, para rir, para sentir, para...



Libros para E. Primaria:


Libros para soñar os adultos da familia:



domingo, 24 de junio de 2018

MATEMATICREANDO

Chega o verán e temos máis tempo para reflexionar sobre enfoques para estimular o razonamento matemático, para incrementar as estratexias para coñecer o concepto de número ou para aprender a contar,...
Debemos ter sempre unha visión aberta a diferentes posibilidades.
Hoxe presento un material de Fernández Bravo que considero necesario para ter unha visión máis ampla sobre enfoques para mellorar a arte de contar.




miércoles, 2 de mayo de 2018

APRENDENDO COS LIBROS

As propostas de libros para aprender centraranse nas Comunidades de Aprendizaxe, no DUA, no desenvolvemento de escolas inclusivas ou en propostas para ensinar a pensar.


Tamén é importante que os nenos e nenas aprendan en diferentes escenarios, en diferentes ambientes.
As familias deben saber que se educa nun xantar familiar, nun teatro, cando se vai ao cine, cando se ordena a habitación, cando se fai deporte, cando se fan actividades complementarias, cando se vai facer a compara o supermercado,...


lunes, 16 de abril de 2018

APRENDENDO COA REVISTA PADRES E MAESTROS


Presentámosvos a posibilidade de aprender cos diferentes artigos do Nº 372 e do Nº 373 da Revista PADRES E MAESTROS.
As temáticas propostas son, entre outras, convivencia e mediación, capacitación socio-afectiva, prevención do acoso, filmoteca, biblioteca para pais e nais,...

PADRES Y MAESTROS Nº 372
PADRES Y  MAESTROS Nº 373

domingo, 8 de abril de 2018

Aprendemos con libros


As metodoloxías deben mudar para dar resposta ás necesidades e características do alumnado do s. XXI.
As aprendizaxes deben ser dinámicas, transversais, contextualizadas, funcionais e "situadas" polo que se transforman en competenciais. Deben dar resposta tamén ás diferentes Intelixencias Múltiples, poñer en acción á diferentes modelos de pensamento e abordar múltiples procesos cognitivos que posibiliten, deste xeito, un Diseño Universal de Aprendizaxe (DUA).

As propostas de un referente en educación como DAVID CALLE nos seus libros deben facernos reflexionar sobre o papel dos docentes e das familias como corresponsables no proceso educativo de alumnos e alumnas e fillos e fillas.


jueves, 29 de marzo de 2018

APRENDENDO COS LIBROS E DOS LIBROS

As melloras educativas na aula pasan por coñecer estratexias para avaliar de forma coherente e obxectiva, por coñecer e aplicar estratexias de aprendizaxe diversas, por deseñar espazos e tempos para as aprendizaxes cooperativas.
Aí van propostas de libros para aprender:



martes, 27 de marzo de 2018

APRENDENDO CON LIBROS

A competencia dixital é unha das competencia sque poderiamos chamar transversal en canto favorece o desenvolvemento de outras como a Competencia en aprender a aprender.
A educación so s. XXI debe facer nenos e nenas competentes na búsqueda de información, na transformación desa información en coñecemento, en que sexan quen de crear e comunicar dixitalmente, etc.
As familias deben contribuir a esa alfabetización dixital dos fillos e fillas de forma segura, creativa, ...
existen múltiples ferramentas e actividades dixitais que debemos empregar nos procesos de aprendizaxes.
Cando se fala de competencia dixital debemos ter en conta a saúde postural, o uso correcto de RRSS ou Internet, uso de navegadores, uso de códigos QR, Realidade aumentada, creación dixital a través aplicacións como TAGUL, POPPLET, LINOIT, VOKI, FOTOBABLE, BABLERIZE, GENIALY, etc. Programación a través de SCRATCH.
Se queremo s facer gravacións poderemos empregar audacity, se desexamos debuxar Sketchpad pode ser a solución, ..
Para saber máis 


 

sábado, 3 de marzo de 2018

Medrando sans: de bocado en bocado

Presentamos de novo un libro para aprender a que os nenos e nenas medren sans.




Enlace de descarga: 
"Medrando sans"