Continuamos a nosa travesía polo cine de animación da editorial OQO.
Debedes poñerse en situación de VER CINE transformando o espazo nunha sala de cine.
A INCREÍBLE HISTORIA DA NENA PAXARO
A disfrutar do arte do cine que nos mira en familia!
Debedes poñerse en situación de VER CINE transformando o espazo nunha sala de cine.
A INCREÍBLE HISTORIA DA NENA PAXARO
A disfrutar do arte do cine que nos mira en familia!
O cine promove a creatividade, a fantasía, a ilusión, a motivación, o contacto co mundo da arte e das experiencias que leve a nenas e nenos a vivenciar esa realidade e ese cine que nos mira.
Ofrecemos duas curtametraxes da Editorial Oqo da súa colección CONTOS DO CAMIÑO que debedes visionar creando un ambiente máxico e de verdade de sala de cine e cumprindo as normas de ser auténticos espectadores-as
Agora a disfrutar en familia!
As familias son o mellor espello no que fillos e fillas desexan verse e, polo tanto, en novembro tamén deben disfrutar da lectura. Historias escritas e imaxinadas por mulleres para ser lidas por homes e mulleres.
Agora a disfrutar!
En novembro tamén se deben ler libros para imaxinar, crear, disfutar, soñar ...
As propostas para E.I. teñen unha viaxe polo proceso de transformación dunha eiruga en bolboreta, pola poesía de Chus Pato e da fermosa e emocionante historia dunha árbore que está no patio da escola ...vinculando esta historia co educación ambiental e o espíritu colaborativo:
As propostas para E.P. farán unha viaxe cunha formiga, visibilizarán a historia de dúas mulleres da nosa historia e rematarán coa obra de MAR BENEGAS na que se integra unha estreita relación entre o corpo e a natureza baixo o cobertor das ilustracións de GURIDI a través de 27 haikus e 459 sílabas