No FARO de VIGO do día 20 de febreiro aparece escrito os efectos das tecnoloxías na vida dos nenos e nenas.
O titular é xa significativo.
Unha investigación da Universidade de Santiago establece que o uso dos móviles nunca debe facerse antes dos 13 anos.
O experto en adiccións RIAL BOUBETA establece que antes de esas idades estamos poñendo en mans de nenos e nenas inexpertos e inmaduros unha serie de elementos que teñen riscos potenciais e a unha idade na que no están preparados. Tamén expón o risco de crear conductas adictivas.
Por outro lado, pode conlevar a incrementar as tasas de ciberacoso.
Un dato importante é o que a Rial lle preocupa: FALTA SUPERVISIÓN E CONTROL PARENTAL no ouso dos móviles ainda a partir dos 13 anos.
A idades temperás as criatura sestán empregando e accedendo a contidos en absoluto inocuos e senn ningín tipo de control, supervisión ou acompañamento parental.
viernes, 28 de febrero de 2020
viernes, 21 de febrero de 2020
Ao longo da entrevista puxo de manifiesto que a
sociedade do s. XXI está frenética, sobrestimulada e moi teledirixida e
estamos perdendo ou deixando de lado a posibilidade de que fillos e fillas ou o noso alumnado poidan asombrarse.
Tamén estableceu que matar o asombro dun neno é darlle todo o que quere sin darlle a
oportunidade de desexalo.
Os dous libros, EDUCAR NA REALIDADE e EDUCAR NO ASOMBRO, forman un pack indisoluble.
Finalmente argumenta que non se pode educar sin ter en conta as relacións interpersonais.
Se queredes escoitar de novo o programa debedes premer na seguinte imaxe:
lunes, 17 de febrero de 2020
CINE EN FAMILIA FEBREIRO 2020
O cine segue ollando para nós e nós atopámonos retratados en moitas historias.
As propostas de cine para este mes
Cine en familia con alumnado de E.I. son:
Cine en familia con nenos e nenas de E.P.:
E para as familias temos:
As propostas de cine para este mes
Cine en familia con alumnado de E.I. son:
Cine en familia con nenos e nenas de E.P.:
E para as familias temos:
jueves, 13 de febrero de 2020
DISLEXIA/DEA, VALORACIÓN E METODOLOXÍA
VALORACIÓN
Áreas
para a avaliación psicopedagóxicas
|
Expresión
e comprensión oral
Expresión
escrita
Habilidade
lectora
Comprensión
lectora
Cálculo
matemático
Razonamento
|
PASOS A SEGUIR
|
1-Demanda de avaliación psicoeducativa e/ou
psicopedagóxica AO XEFE-A D.O.
|
2-Desenvolvemento da propia avaliación,
O desenvolvemento xeral da alumna ou
do alumno (Orde 31 outubro 96/ D.229/2011 art.34)
Situación escolar:
◦
Historia escolar, Estratexias e estilo de aprendizaxe, Competencia curricular
nas distintas áreas ou materias, Proceso evolutivo (embarazo, parto,
desenvolvemento)
As características do contexto escolar:
Organización
xeral do centro e da aula, Estratexias e estilo de
ensino,Características e relacións que se establecen no grupo clase:
As características do contexto socio-familiar
A avaliación neuropsicolóxica das capacidades ou
aptitudes:
•
Psicomotricidade
•
Cognición
•
Linguaxe
•
Aprendizaxes instrumentais
•
Desenvolvemento socio-emocional
|
3. Conclusións, onde se especifiquen, segundo a citada
Orde do 31 de outubro de
1996,
as necesidades educativas da alumna ou do alumno e se oriente sobre o
axuste
da intervención educativa, considerando tanto os recursos persoais como os
materias
necesarios para axustar a proposta curricular e facilitar o seu
desenvolvemento persoal, familiar e
social.
|
4. Redacción do informe
psicopedagóxico (orde 31 outubro 96/ D.229/2011 art.35)
Datos persoais e familiares,
desenvolvemento xeral, aspectos relevantes proceso e-a, influencias contexto
socio-familiar, identificación de necesidades, orientacións para a proposta
curricular e para o desenvolvemento persoal e socio-familiar
|
5. Información dos resultados e das
orientacións
DOCENTES
FAMILIAS
ALUMNO-A
|
METODOLOXÍA XERAL
|
-Deseñar
camiños variados para aprender.
-Identificar
as fortalezas e empregalas para mellorar as competencias do alumnado.
•
Valorar as diferenzas individuais.
•
Utilizar modelos colaborativos, tarefas integradas, traballo por proxectos,
aprendizaxe-servizo.
•
Preparar materiais e estratexias adaptadas á diversidade do alumnado.
•
Fomentar a aprendizaxe con actividades da vida real.
•
Prestar unha atención permanente ao desenvolvemento emocional do
alumnado.
|
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN ALUMNADO
|
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN CENTRO
|
Coñecemento
da natureza da dificultade específica da aprendizaxe e das repercusións desta
no seu desenvolvemento e no seu funcionamento escolar.
•
Descubrimento e reforzo dos seus puntos fortes (habilidades, destrezas).
•
Recoñecemento das medidas de atención á diversidade que se están poñendo ao
seu dispor.
•
Establecemento de metas realistas, alcanzables.
•
Adquisición e uso de estratexias de autocontrol e relaxación.
•
Desenvolvemento da auto-responsabilidade na vida diaria, co coñecemento e uso
de rutinas.
•
Coñecemento do seu ritmo de aprendizaxe e do proceso que segue para aprender.
•
Planificación do seu horario de traballo, tendo en conta os tempos dos que
dispón e as súas preferencias.
•
Uso dunha axenda na que anotar as tarefas escolares, os exames, os recados,
as notas, etc.
•
Asegurarse de que conta cos materiais necesarios para o traballo e/ou estudo,
colaborando entre os compañeiros e compañeiras.
•
Adquisición de hábitos de estudo eficaces: buscar un sitio onde se traballe
cómodo e sen elementos de distracción; practicar a realización de resumos,
esquemas, mapas conceptuais; etc.
•
Adestramento en estratexias para mellorar a memoria, con regras mnemotécnicas
propias que favorezan o almacenamento e a recuperación da información.
•
Adestramento en auto-instrucións.
•
Uso de carteis e notas de cores das cousas que soe esquecer.
•
Demanda ao profesorado das explicacións necesarias das cousas que non entende.
•
Mellora no uso e no coñecemento das distintas ferramentas informáticas e
audiovisuais en canto facilitadoras da aprendizaxe.
•
Uso dun dicionario que conte co alfabeto enteiro nas marxes.
|
Establecer
liñas metodolóxicas, a nivel de centro e de etapa educativa, que favorezan a
aprendizaxe do alumnado con estas dificultades.
•
Consensuar no centro a elección dos métodos de lectura e de escritura a
empregar, así como a temporalización das aprendizaxes.
•
Potenciar ao máximo a coordinación e transición entre as distintas etapas,
especialmente o tránsito de educación infantil -por ser onde se inicia a
prelectura e a preescritura- e os primeiros cursos de educación primaria,
onde xa se aborda a aprendizaxe da lectura e da escritura propiamente ditas.
Promover
plans de formación permanente do profesorado (PFPP) de cara á reflexión sobre
aspectos metodolóxicos e a incidencia dos mesmos nas dificultades específicas
da aprendizaxe.
•
Fomentar a información e a formación do profesorado sobre estratexias para a
atención na aula do alumnado con dificultades específicas de
aprendizaxe.
•
Establecer, de xeito claro, as propostas para a atención ao alumnado con
dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.
•
Dotar as aulas de medios tecnolóxicos actualizados e fomentar o seu emprego.
•
Sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre aspectos relacionados coas
dificultades específicas da aprendizaxe e as respostas educativas posibles.
•
Empregar as axendas escolares, sobre todo nos primeiros cursos da ensinanza
obrigatoria.
•
Poñer en marcha un programa de detección temperá das dificultades específicas
da aprendizaxe.
•
Optimizar os recursos humanos do centro para a atención ao alumnado con
dificultades específicas da aprendizaxe
|
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN EQUIPO DOCENTE
|
|
a. RESPECTO DA MOTIVACIÓN E DA AUTOESTIMA DO ALUMNO OU DA
ALUMNA:
•
Facerlle saber que coñece as súas
dificultades, polo que se lle van proporcionar recursos para que no seu
proceso de aprendizaxe teña as mesmas oportunidades cós seus compañeiros e
compañeiras.
•
Planificar algunha tarefa ou
actividade na que destaque, proporcionándolle recoñecemento ante os compañeiros
e compañeiras. Comentar con el ou con ela os recursos que lle van axudando e
resultando útiles, valorando as melloras que vai tendo e corrixindo os
posibles erros.
•
Non dar os resultados das
cualificacións en voz alta.
•
Facer observacións positivas sobre o
seu traballo, reforzando aquilo que necesita mellorar.
b. RESPECTO DA AULA E DAS TAREFAS:
•
Colocar ao alumno ou á alumna nun
lugar no que poida recibir a maior cantidade de información de forma
correcta así como para que o profesorado poida comprobar que esa información
lle chega ben e a interpreta de forma adecuada.
•
Asegurar que a elección dos
compañeiros e das compañeiras, cando se organicen traballos en grupo, se
realice de forma equitativa, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento de
todos eles e elas, tanto desde o punto de vista curricular como social.
•
Escribir os puntos clave e as palabras
novas ao principio da clase, para axudarlle a seguir as explicacións,
usando unha tipoloxía (sarakanda, arial, etc.) que defina ben cada letra e un
tamaño (12 ou 14) e un interliñado
(1,5 ou 2) que facilite a súa lectura. É aconsellable que o fondo do
texto sexa en cor crema ou pastel suave, pero non en branco, para evitar que
resulte deslumbrante.
•
Utilizar apoios visuais (mapas
conceptuais, esquemas, organizadores gráficos, …) que lle permitan relacionar
os conceptos novos coa experiencia previa.
•
Proporcionar con antelación o material
escrito necesario para seguir a clase, tendo en conta a dificultade deste
alumnado para tomar notas e, ao mesmo tempo, atender as explicacións.
•
Verificar que ten todo o material e os apuntamentos necesarios para o estudo.
•
No caso de practicar lecturas en voz
alta, proporcionarllas con suficiente antelación para que as poida preparar, evitando, deste
xeito, tensións que menoscaben a súa autoestima.
•
Asegurarse que entende as tarefas,
polo que é adecuado dividilas, variar o formato e verificar a súa
comprensión. Non dubidar en repetirlle e explicarlle as cousas as veces que
sexa necesario.
Proporcionar
instrucións, tanto orais como escritas, claras, concisas e secuenciadas en
pasos.
•
Permitir o uso das tecnoloxías da
información e da comunicación na aula (calculadoras, gravadoras,
tabletas, lectores electrónicos, dicionarios, ortografía, texto para os
programas de voz, audio libros, ...), que poden ser ferramentas moi útiles.
•
Corrixir as tarefas de forma
individualizada co alumno ou coa alumna, valorando os traballos polo seu
contido e non pola súa forma, e non abusando da cor vermella nas correccións.
Mellor usar cores non
“prohibitivas”,
dar sempre a palabra ou a resposta correcta e evitar tachar os erros
-preferiblemente rodealos-.
• Darlle todo o tempo
que necesite para terminar as súas tarefas.
• Fomentar o uso de axendas e/ou
calendarios, comprobando que a información anotada é
correcta.
•
Non limitarlle a súa actividade a tarefas simples, pero si dosificarlle a cantidade de traballo,
tendo en conta que lle levará máis tempo facelo có esto do alumnado, tanto na
casa como na clase. O equipo docente coordinará e organizará a cantidade de
traballo que se lle pode mandar para a casa diariamente.
•
Facer observacións positivas sobre o
seu traballo, sen deixar de sinalarlle aquilo no que necesita mellorar e
a forma de facelo.
•
Na medida do posible, evitar que teña
que copiar o enunciado dos exercicios, para non consumir o tempo que
necesita para entendelos e para dar as respostas.
• Permitirlle o uso do ordenador para
entregar traballos escritos.
• Adaptar os libros de lectura ao nivel
lector do alumno ou da alumna e ás súas preferencias.
|
|
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN
FAMILIAS
|
|
En xeral:
•
Axudarlle a que aprenda a organizar o traballo, a que saiba calcular canto
tempo lle supoñerá realizar as tarefas escolares ou preparar un exame,
prevendo as pausas para evitar a fatiga excesiva. Recorrer a
axendas
visuais das diferentes actividades, tarefas, etc.
•
Axudarlle a que sexa capaz de organizar os materiais necesarios para as
clases diarias e para as actividades extraescolares.
•
Utilizar códigos de cores para favorecer a localización das cousas que necesita.
•
Axudarlle a xestionar a súa axenda, de forma diaria e semanal.
•
Facer xogos de memoria simples, para axudarlle a preparar exames, e regras
mnemotécnicas, para lembrar regras ortográficas, etc.
•
Axudarlle a facer mapas conceptuais para mellorar as súas técnicas de traballo
intelectual.
•
Utilizar recursos informáticos e técnicos adecuados ás súas dificultades.
b. En educación infantil:
•
Aproveitar calquera situación da vida cotiá para espertar a curiosidade dos
nenos e nenas por todo tipo de texto escrito: literario, funcional e de
información ou consulta.
•
Falar e escoitar ao seu fillo ou filla, utilizando unha linguaxe rica e expresiva.
•
Interesarse polo que fixeron na escola.
•
Prestar atención ás preguntas dos nenos e nenas sobre a lectura, mesmo antes
de que empecen a aprender formalmente a ler e a escribir.
•
Practicar a lectura en voz alta de contos e outro tipo de textos: libros «ilustrados»
sobre animais, adiviñas, trabalinguas, xogos de palabras, poesías, etc;
achegando o seu fillo ou filla aos mundos maravillosos creados pola
literatura.
•
Conectar o que len co que sucede na vida cotiá.
•
Cantarlles cancións, lerlles libros de rimas e dicirlles trabalinguas divertidos.
Estes axudan a que os nenos e nenas se volvan sensibles aos diferentes sons
que conteñen as palabras. Pódense utilizar monicreques para facer a
actividade máis atractiva.
c. En educación primaria:
•
Continuar coas suxestións recomendadas para educación infantil.
•
Presentar a lectura como unha maneira divertida e emocionante de ocupar o
tempo libre.
•
Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre
estará ao seu lado para axudarlle, que logrará avances aínda que lle custe
moito e que poderá contar con axuda específica para iso.
•
Valorar os seus progresos na lectura.
•
Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
•
Suxerir lecturas, non obrigar a ler.
•
Ser paciente co ritmo de lectura do seu fillo ou filla. O mellor que pode facer
este ou esta é ler detidamente cada palabra. Como pai ou nai evitar animarlle
a adiviñalas. Favorecer o hábito da lectura. A mellor maneira de facelo é
poñelo en práctica cada día. É recomendable dedicar todos os días un tempo á lectura
en contextos lúdicos, tales como a lectura compartida ou lectura de contos.
•
Practicar xogos diversos que axuden a desenvolver a conciencia fonolóxica
(dominó de letras, encrucillados, vexo-vexo, palabras encadeadas).
•
Traballar en todo momento en colaboración co profesorado.
•
Axudarlle a planificar as tarefas longas.
•
Realizar actividades para fomentar a comprensión: que lle conte o que leu,
prediga o que cre que pasará na historia, faga preguntas ou aclare termos,
etc.
•
Servir de modelo e ler. Os nenos e nenas imitan o que ven e valoran o que os
adultos fan. Ir á biblioteca con frecuencia, onde hai actividades para toda a
familia (lectura de contos, ordenadores, axuda coas tarefas e outros eventos
para o goce de toda a familia).
•
Dar apoio emocional e social: aumentar a súa autoestima reforzando os seus
éxitos e os seus logros, recoñecendo o seu esforzo.
•
Axudarlle a distribuír as tarefas escolares de acordo a un plan de traballo,
plasmándoo de forma visual.
•
Na casa, poñer os libros ao alcance dos seus fillos e fillas, de forma que
poidan ler unha e outra vez os que lles gusten (non é sempre necesario
comprar libros, poden ser de préstamo ou intercambiados con familiares e
amizades).
•
Converter a lectura nunha actividade de cada día.
•
Falarlles durante as comidas e noutros tempos en que a familia estea xunta.
Os nenos e as nenas aprenden mellor as palabras cando as oen frecuentemente.
•
Aproveitar toda oportunidade para presentarlle palabras novas e interesantes.
•
Preguntar ao profesorado de que forma se lles pode axudar.
|
AVALIACIÓN CURRICULAR
SEMPRE
desde os principios de AVALIACIÓN CONTINUA, GLOBAL E FORMATIVA
RECOMENDACIÓNS:
Extraordinario coidado do desenvolvemento psicolóxico, do terreo emocional.
E para iso o alumno ou a alumna ten que saber, ten que experimentar que o
profesorado coñece e comprende a súa realidade, que lle vai axudar en todo o
que precise, que lle vai a conceder todo o tempo necesario, que vai permitir que
manifeste a súa competencia da forma que mellor lle resulte, pero que tamén
lle vai esixir esforzo e rendemento acorde ao seu potencial.
|
Asegurarse
de que entenden o que se lles demanda. E para iso hai que explicarlles,
verbalmente ou polo medio que mellor se adapte, as tarefas que se propoñen. E
explicárllelas tantas veces como sexan necesarias.
Este
proceso é independente de que saiban a resposta ao que se lles demanda.
Primeiro hai que asegurarse de que comprenden o que se lles pide.
•
Na medida do posible, usar a
avaliación oral en lugar da escrita, pois o traslado da información,
tanto na escritura como nas operacións, posiblemente non reflicta as súas
competencias. Se este alumnado é máis competente na comunicación verbal non
debe haber ningún problema en que sexa ese medio o usado na maioría dos
procesos de avaliación dos seus coñecementos, da súa competencia curricular.
Cando
se use a forma escrita para avaliar, evitar preguntas que requiran unha
resposta moi elaborada. Mellor optar
por preguntas de SI/NON, de VERDADEIRO/FALSO, de PASO A PASO, de RESPOSTA
CURTA, etc., e non penalizar os posibles erros ortográficos ou ser
tolerantes con eles. Igualmente,
débeselles permitir que expliquen oralmente o que escribiron ou querían
escribir.
•
Facilitarlles, con suficiente antelación, toda a información necesaria sobre o
modelo de exame, a súa estrutura, a forma de complementalo, etc.
•
En sesións de traballo colaborativo, usar a avaliación grupal como recurso,
onde afloran as fortalezas de cada quen.
•
Darlles todo o tempo que necesiten
para rematar tarefas e, de ser o caso, dosificárllelas, repatírllelas no
tempo. Tamén é conveniente adecuar o
formato (tipoloxía -sarakanda, arial, etc.- que defina ben cada letra,
tamaño -12 ou 14- e interliñado -1,5 ou 2-) e resaltar as palabras clave (utilizando negriñas en lugar de
subliñados e de cursivas), de xeito que facilite a súa lectura e comprensión.
•
Evitar que teñan que copiar as
preguntas dun exame, dárllelas impresas e en “monodoses” (cada pregunta,
cada operación a realizar debe diferenciarse do conxunto ou da globalidade da
actividade). O mesmo, sempre que sexa posible, nas tarefas do día a día.
•
Evitar as dobres negacións na formulación das preguntas.
•
Corrixirlles e comentarlles persoalmente as súas producións, as súas elaboracións,
usando todo tipo de exemplos e de forma reiterada.
•
Permitirlles o uso das tecnoloxías da información e da comunicación en todas
as tarefas posibles, especialmente como apoio ás súas dificultades na
escritura e no cálculo. Táboas de multiplicar, calculadoras, táboas periódicas,
etc. deben estar ao dispor do alumnado en todo tipo de probas de avaliación.
•
Evitar as connotacións negativas nas correccións das súas tarefas, explicándolles
o que debían contestar e como podían facelo.
•
Axustar a cantidade de tarefas ao que se pretende comprobar, medir, avaliar.
Non se trata de simplificar as tarefas senón de axustar a cantidade e o
medio, e ser coherentes na progresividade da complexidade ou dificultade.
•
Manterlles o mesmo nivel de esixencia
có resto do alumnado. O que deben ser distintos
son os procedementos, os tempos, etc. Permitirlles o uso de esquemas, de
gráficos e de todo aquilo que facilite a súa comprensión.
•
Axudarlles a revisar todas as
respostas nas probas ou tarefas escritas.
•
Distribuír adecuadamente as probas
específicas de avaliación, con suficiente antelación e evitando a
coincidencia de varias no mesmo día.
•
Valorar, de forma relevante, o
traballo do día a día, o esforzo, a actitude, etc. Considerar o conxunto do proceso, non só o resultado.
|
SEGUIMENTO DA
INTERVENCIÓN
|
-A nivel de alumnado.
-A nivel de equipo docente.
-A nivel do departamento de orientación.
-A nivel da familia.
|
RECURSOS TIC
|
a. Dispositivos:
Escáner
portátil, que permite converter documentos de texto en documentos editables
e, ao mesmo tempo, pode traducilos e, incluso, reproducilos en audio.
•
Libro electrónico, nos que se pode modificar o espaciado, o formato de letra
e, nalgúns casos, converter o texto a voz.
•
Portátil ou tablet con corrector ortográfico, gravadora de voz, formato de
texto, etc.
•
Calculadora, moi útil para asegurar a correcta realización das operación unha
vez que se domina a súa mecánica.
b. Programas ou aplicacións que facilitan:
•
Modificar formatos, corrixir automaticamente, etc.
•
Converter textos a voz e voz a texto.
•
Elaborar mapas conceptuais.
•
Mellorar a velocidade lectora.
•
Incrementar o vocabulario.
•
Mellorar a ortografía.
c. Outros recursos:
•
Páxinas web do Ministerio de Educación e Formación Profesional e das
consellerías de educación das distintas comunidades autónomas.
•
Xogos educativos.
•
Webs de asociacións de dislexia (exemplos: https://agadix.es, http://
plataformadislexia.org, etc.)
•
Webs de departamentos de orientación de centros educativos (exemplos:
orientacionandujar, PTsansuena, etc.).Páxinas web que permiten descargar
distintas fontes para facilitar a Lectura
(exemplos: https://opendyslexic.org, https://www.dafont.com/es/).
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)