Mostrando entradas con la etiqueta Catherine L´Ecuyer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Catherine L´Ecuyer. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de febrero de 2020


Pensando en artellar xuntos unha nova educación estivo na Radio Municipal de Tui Catherine L´Ecuyer para falarnos da importancia de que as criaturas non perdan a posibilidade de asombrarse, base da motivación e do interese por aprender, que non permitamos privar a nenos e a nenas de coñecer a realidade e non coñecer esa realidade a través das pantallas.
Ao longo da entrevista puxo de manifiesto que a sociedade do s. XXI está frenética, sobrestimulada e moi teledirixida e estamos perdendo ou deixando de lado a posibilidade de que fillos e fillas ou o noso alumnado poidan asombrarse.

Tamén estableceu que matar o asombro dun neno é darlle todo o que quere sin darlle a oportunidade de desexalo. 
Os dous libros, EDUCAR NA REALIDADE e EDUCAR NO ASOMBRO, forman un pack indisoluble.
Finalmente argumenta que non se pode educar sin ter en conta as relacións interpersonais.
Se queredes escoitar de novo o programa debedes premer na seguinte imaxe:
 

https://drive.google.com/open?id=161clD_gAmXxNKq2WvPdhWAygpDSaSXyJ

lunes, 10 de febrero de 2020

ESCOLA DE NAIS E PAIS: EDUCAR NO ASOMBRO E NA REALIDADE



O vindeiro 18 de febreiro estará nas ondas da RADIO MUNICIPAL DE TUI Catherine L´Ecuyer para falarnos dos seus dous libros:
EDUCAR NO ASOMBRO e EDUCAR NA REALIDADE
Con ela aprenderemos a importancia das interaccións interpersonais, das interaccións coa contorna para que sexan quen de emocionarse, de ser empáticos, de non estar deficitarios na realidade.
Por outro lado ofreceranos argumentos para que nenos e nenas  disfruten do lecer, do descubrimento do mundo, da beleza,.... fronte a educación a través das pantallas, da programación frenética de múltiples actividades sen posibilidade de acougo, de tranquilidade e incluso de "aburrirse" (canto educa a posibilidade de aburrirse!)

Esta sesión está organizada polo Dto. Orientación do CRA MESTRA CLARA TORRES e conta coa colaboración da RADIO MUNICIPAL e CONCELLO DE TUI