lunes, 25 de diciembre de 2017

AVALIACIÓN: UN PROCESO DE DIÁLOGO, COMPRENSIÓN E MELLORA

O catedrático Santos Guerra ten investigado sobre avaliación. Afirma que a avaliación é un proceso de diálogo, de comprensión e de mellora.
Se queredes saber máis non tedes máis que premer no seguinte enlaca:
AVALIACIÓN: UN PROCESO DE DIÁLOGO, COMPRENSIÓN E MELLORA

AUTOAVALIACIÓN PARA APRENDER E AVALIAR PARA APRENDER

Estamos en Nadal pero tamén podemos ter tempo para pensar e re-pensar a avaliación.
Neus Sanmartí ofrécenos a súa valiosísima visión da avaliación e da autoavaliación.
NEUS SANMARTÍ

A avaliación segundo esta autora tamén é un proceso que nos serve para aprender.
 
AVALIAR PARA  APRENDER. 10 IDEAS CLAVE. 


lunes, 18 de diciembre de 2017

DEIXATE ATRAPAR POR....CONTOS DE EMOCIÓNS E CON EMOCIÓNS



A alfabetización emocional é necesaria para acadar un desenvolvemento integral persoal e social.
As emocións están vinculadas coas intelixencias intrapersoais e interpersoais das que  falaba H. Gardner. Pola contra, Goleman fala de intelixencia emocional.
A intelixencia emocional está relacionada coa resiliencia, co autocontrol emocional, coas actitudes positivas e o optimismo, coa cognición e o comportamento, coa cidadanía cívica, co pensamento crítico, co pensamento deliberativo,...
Existe unha ampla bibliografía para traballar emocións cos fillos e fillas, co alumnado. Algúns exemplos son os que aparecen a continuación:













Seguindo a C. Loureiro membro do equipo de Filosofía para nenos de Galicia a  finalidade da educación emocional é desenvolver as competencias emocionais; e resulta ser  a  competencia emocional a que fai as persoas emocionalmente intelixentes.
O modelo de competencias emocionais do GROP (Bisquerra e Pérez, 2007) é un dos máis  completos e fundamentados. Este modelo propón o desenvolvemento dos seguintes cinco bloques competenciais:
1.    Conciencia emocional: a toma de conciencia das propias emocións; dar  nome ás propias emocións; comprender as emocións dos demais.
2.    Regulación emocional: tomar conciencia da interacción entre emoción,  cognición e comportamento; expresión emocional; capacidade para a  regulación emocional; habilidades de afrontamento; competencia para  autoxerar emocións positivas.
3.    Autonomía emocional: autoestima; automotivación; actitude positiva; responsabilidade; a autoeficacia emocional; a análise crítica das normas  sociais; a resiliencia (a capacidade de resistir emocionalmente ás  dificultades da vida).
4.    A intelixencia interpersoal: dominar as habilidades sociais básicas; o  respecto polos demais; a comunicación receptiva; a comunicación expresiva; compartir emocións; ter un comportamento prosocial e cooperativo;  ser asertivo; previr e resolver conflitos; ter a capacidade de xestionar as  situacións emocionais dos demais.
5.    As competencias para a vida e o benestar : fixar obxectivos adaptativos; tomar decisións; saber buscar axuda e recursos; cidadanía activa, cívica, responsable, crítica e comprometida; estimular o benestar subxectivo e  saber fluír.

d

DEIXATE ATRAPAR POR......PSICOCONTOS

A Editorial PIRÁMIDE ten unha colección de PSICO-CONTOS que son unha ferramenta imprescindible para que as familias poidan educar máis e mellor con pautas de intervención e de acción. Son un recurso para desenvolver a intelixencia emocional (Goleman)  e a intelixencia intrapersoal e interpersonal (Gardner. Consta dun libro guía para os adultos da familia e un conto para os fillos.
Ofrecen pautas para reconducir emocións, controlalas, ser conscientes delas.











domingo, 10 de diciembre de 2017

MICROESCENARIOS DE APRENDIZAXE

A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS OS MICROESCENARIOS OU AMBIENTES DE APRENDIZAXE DA AULA:

martes, 5 de diciembre de 2017

DEIXATE ATRAPAR POR LECTURAS PARA ACOMPAÑAR A APRENDER

 

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES E DOCENTES.

Estamos no mes de Nadal e, seguramente teremos un pouco máis de tempo para aprender lendo ou tamén queremos que nos agasallen con libros:
Aí van propostas:









domingo, 3 de diciembre de 2017

DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE


HOXE 3 DE DECEMBRO É O DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE E TODOS E TODAS DEBEMOS ESTAR BAIXO MESMO PARAUGAS POIS TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES, CON DIFERENTES CAPACIDADERS PERO SEMPRE COA CAPACIDADE DE SENTIR, DE AMAR.






CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE DECEMBRO 2017

O ANO 2107 REMATA E CON EL MOITAS PROPOSTAS PARA DESENVOLVER APRENDIZAXES FUNCIONAIS NO CONTEXTO FAMILIAR: TAREFAS CORRESPONSÁBEIS,  COLABORACIÓN NA LIMPEZA DA CASA, ELABORACIÓN DA LISTA DA COMPRA,...