Mostrando entradas con la etiqueta propostas literarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta propostas literarias. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de diciembre de 2017

martes, 5 de diciembre de 2017

DEIXATE ATRAPAR POR LECTURAS PARA ACOMPAÑAR A APRENDER

 

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES E DOCENTES.

Estamos no mes de Nadal e, seguramente teremos un pouco máis de tempo para aprender lendo ou tamén queremos que nos agasallen con libros:
Aí van propostas:









martes, 29 de noviembre de 2016

PODEMOS CAMBIAR O MUNDO?

Por suposto que sí!
César Bona fai esta afirmación no seu segundo libro.
O que se vive nos fogares de cada alumno e alumna e o que se vive nas escolas serán os alicerces necesarios para que o mundo sexa máis habitable, máis xusto, máis solidario, máis comprometido.
 Debemos partir de que a diversidade é unha realidade e esa realidade é positiva, é rica,...é O VALOR DA DIFERENCIA.
Débense deseñar secuencias didácticas nas que o alumnado tome decisións, sexa reflexivo, sexa crítico, analice, indague, compare, delibere, cree,...
Solo desta maneira as aprendizaxes competenciais  serán posible.
As aprendizaxes deben ser SITUADAS (LAVE e WENGER) pois apréndese tamén no contexto social, cultural, familiar.
As aulas deben abrir fiestras ao contexto para nel desenvolver aprendizaxes.

viernes, 28 de febrero de 2014

DEIXATE ATRAPAR POR,...AS PROPOSTAS LITERARIAS DO SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

SECCIÓN: PROMOCIÓN DA LECTURA FAMILIAR

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES.

A sección mensual DEIXATE ATRAPAR POR….. inicia o seu camino coas as propostas literarias do SR. Conselleiro de Cultura e Educación.

D. Jesús Vázquez Abad  ficou atrapado na súa infancia pola obra  de X. NEIRA VILAS,  MEMORIAS DUN NENO  LABREGO

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

XOSÉ NEIRA VILAS

·                    Se “Memorias dun neno labrego” é un libro que me ten engaiolado é porque con él cheguei a experimentar a fascinación polo máis auténtico, polo máis sinxelo, polo máis próximo, desde a inocencia e a sinceridade do mundo da infancia. E me segue a seducir porque nos fala de quen somos e de onde vimos, e o fai desde esa confesión inicial que o autor nos crava no corazón desde o primeiro momento: “Son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di un ninguén”.
·                    O que máis me chama a atención é como Balbino é capaz de dar respostas sinxelas á preguntas complicadas. Respostas sinxelas e sinceras que nos descobren a verdade da nosa orixe: a verdade dos nosos avós, das nosas nais e dos nosos pais. Por isa proximidade consegue emocionarme, e por iso eu tamén estou convencido de que os galegos somos todos un pouco Balbino.
·                    Por todo isto, o libro de Neira Vilas é emocionante, un libro que él mesmo non pensou para os nenos, pero que os nenos o fixeron seu, como ven sucendendo con tantos clásicos que pasaron a chamarse “clásicos xuvenís”.
Na súa etapa adulta deixouse atrapar pola marabillosa obra A ESMORGA de E. BLANCO-AMOR e escríbenos os motivos que o levaron a esa elección:


A ESMORGA

EDUARDO BLANCO-AMOR


·                    Houbo dous aspectos que me atraparon na Esmorga: a potencia lingüística ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que nos trasladan a un mundo sórdido no que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo por unha vida mellor.; e o feito de que se desenvolvera na ficticia cidade de Auria que, como todo o mundo sabe, ven sendo o noso Ourense. A pouco que nos fixemos no percorrido que Blanco Amor fai dar aos seus protagonistas, a novela discurre polo Posío, o río Barbaña, a ponte da Burga, o barrio da Ferrería, a Praza do Correxidor, a fonte de San Cosme, etc…
·                    No trasfondo da Esmorga, Blanco Amor disecciona uns personaxes marxinais, primarios que contrapón a un establishment onde a lei non só presume de ser cega senón tamén mesmo muda, cun xuiz que non fala. O autor nos debuxa unha realidade sociolóxica na que os protagonistas deambulan á intemperie víctimas da opresión e a carencia de xustiza. Unha realidade diseccionada con mestría que, por certo, anda estes días nas cámaras que dirixe o ourensán Ignacio Vilar, artífice dunha nova película sobre esta gran novela.

Agora chega o momento dos lectores!

A disfrutar!