As persoas adultas da familia deben buscar tempos para a lectura pois solo existirá o gusto pola lectura se vivencias situacións e momentos de lectura.
As propostas para este mes son:
Agora solo queda disfrutar e deixarse levar pola historia!
As persoas adultas da familia deben buscar tempos para a lectura pois solo existirá o gusto pola lectura se vivencias situacións e momentos de lectura.
As propostas para este mes son:
Agora solo queda disfrutar e deixarse levar pola historia!
Lei Orgánica 3/2020 que modifica a Lei 2/2006 de Educación (LOMLOE)
A cidadanía reclama un sistema educativo moderno, máis aberto, menos ríxido, multilingüe e cosmopolita que desenvolva todo o potencial e talento do alumnado. Estes plantexamentos deben ser ampliamente compartidos pola comunidade educativa e pola sociedade. Os centros educativos deben ser os escenarios para un benestar de nenos e nenas pero existen outros escenarios para as aprendizaxes e por iso a sociedade debe esforzarse por crealos e dinamizalos: parques, rúas, barrios, cines, teatros, bosques, ríos ... e deben integrar a Recomendación formulada no 2004 na Estratexia Mundial sobre Réximen Alimentario, Actividade Física e Saúde.
Por todo o anterior, a finalidade desta Lei non é outra que establecer un renovado ordenamento legal que aumente as oportunidades educativas y formativas de toda la población, que contribúa á mellora dos resultados educativos do alumnado, e satisfaga a demanda xeralizada na sociedade española dunha educación de calidade para todos.
A educación que se visibiliza nesta Lei levaranos a unha educación comprensiva e farase efectivo unha educación inclusiva como dereito humano para todas as persoas, recoñecido na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada por España no 2008, para que este dereito chegue a aquelas persoas en situación de maior vulnerabilidade.
| ENFOQUES | |
| 1. INTERÉS
  SUPERIOR DO MENOR E OS DEREITOS DA INFANCIA PRINCIPIOS RECTORES DO SISTEMA
  EDUCATIVO | Convención
  Dereitos da Infancia Este enfoque dos dereitos da
  infancia entre os principios rectores do sistema, según o establecido na
  Convención sobre os Dereitos do Neno-Nena de Nacións Unidas (1989), recoñecendo
  o interese superior do -da menor, o seu deretito á educación e a obriga do
  Estado de asegurar o cumprimento efectivo dos seus dereitos. | 
| 2. IGUALDADE
  DE XÉNERO | É necesario un enfoque de
  igualdade de xénero a través da coeducación, da visibilización de
  estereotipos de xénero, do papel das aportacións das mulleres ao longo da
  historia, da prevención da violencia de xénero e do  respecto á diversidade afectivo-sexual,
  introducindo sempre a perspectiva inclusiva e non sexista. | 
| 3. MELLORA
  CONTINUA DOS CENTROS EDUCATIVOS E PERSONALIZACIÓN DAS APRENDIZAXES | Neste tercer enfoque plantéxase de
  forma transversal orientado a que todo o alumnado teña garantías de éxito na
  educación por medio dunha dinámica de mellora continua dos centros educativos
  e unha maior personalización das aprendizaxee xa que cada neno-nena é
  diferente, teñen ritmos e estilos de aprendizaxe diferentes asi como
  características, necesidades, intereses, motivacións etc | 
| 4.EDUCACIÓN
  PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE | Este enfoque recoñece a
  importancia de atender ao Desenvolvemento Sostible de acordo co establecido
  na Axenda 2030. Así, a educación para o desenvolvemento sostible e a
  cidadanía mundial debe incardinarse nos plans e programas educativos da
  totalidade incorporando os coñecementos, capacidades, valores e actitudes que
  necesitan todas as persoas para vivir unha vida fructífera, adoptar decisións
  fundamentadas e asumir un papel activo –tanto no ámbito local como mundial– á
  hora de afrontar e resolver os problemas comúns a todos os cidadáns do mundo.
  A educación para o desenvolvemento sostenible e para a cidadanía mundial
  inclúe a educación para a paz e os dereitos humanos, a comprensión internacional
  e a educación intercultural, así como a educación para a transición
  ecolóxica, sen descuidar a acción local, imprescindibles para abordar a emerxencia
  climática, de modo que o alumnado coñeza que consecuencias teñen as nosas
  accións diarias no planeta e xerar empatía cara o seu entorno natural e
  social. | 
| 5.PAPEL
  CENTRAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA DIXITAL | O uso xeralizado das tecnoloxías
  de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá fai que se aceleren
  cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse
  e  participar nela,  nas capacidades para construír a propia
  personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia
  democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral
  do impacto personal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente
  nas mulleres e nos homes e unha reflexión ética acerca da relación entre
  tecnoloxías, persoas, economía e medioambiente, que se desenvolve tanto na
  competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente.  Esta Lei insiste na necesidade
  de ter en conta un cambio dixital que se está a producir nas nosas sociedades
  e que forzosamente afecta a á actividad educativa. O desenvolvemento da
  competencia dixital non supón soamente o dominio de diferentes dispositivos e
  aplicacións. O mundo dixital é un novo hábitat no que a infancia e a xuventude
  viven cada vez máis: nel aprenden, se relacionan, consumen, disfrutan do seu
  tempo libre. E non podemos esquecer a fenda de xénero.  | 
Fonte: Preámbulo
LOMLOE 3/2020
As propostas de lectura para o mes de marzo para E. Infantil son:
As propostas de lectura para o mes de marzo para E. Primaria son:
| Referencia
   | Plan
  de Benestar Emocional (Consellería de Educación) http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/benestar_emocional_2021.pdf | 
| Outras
  aportacións sobre a temática | Publicación
  (edu.xunta.es) "Medrando Sans: de
  sentimento en sentimento, de emoción en emoción Intelixencias
  Múltiples, Gardner Intelixencia
  emocional, Goleman Alfabetización
  Emocional, C. Loureiro Educación
  Emocional y bienestar, Bisquerra | 
| Visión
  novedosa do centro educativo | Axente educativo principal como centro, como
  Comunidade Educativa | 
| Concepto
   Benestar
  Emocional | O
  benestar emocional fai referencia non solo coa experiencia subxectiva de sentirse ben, en harmonía e con
  tranquilidade senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser
  quen de afrontar dificultades e superar de xeito positivo ou adaptativo as
  contrariedades que se presentan na vida cotiá. | 
| Concepto
  OMS | Estado de ánimo no cal a persoa dase conta das súas
  propias aptitudes, pode afrontar as presións normais da vida, pode traballar
  de xeito máis produtivo e pode facer
  unha contribución á comunidade. | 
| Ámbitos
  conformadores do benestar emocional | -Resiliencia (capacidade para afrontar adversidades, construír sobre
  elas e adaptarse) -Desenvolvemento das Competencias emocionais: conciencia emocional, regulación emocional
  (emoción-cognición-comportamento), autonomía persoal (de
  características e elementos relacionados coa autoxestión persoal como a autoestima,
  actitude positiva diante
  da vida, responsabilidade, capacidade para analizar criticamente as normas sociais, capacidade para buscar axuda e recursos, así como a autoeficacia emocional, intelixencia interpersoal...), competencia emocional (capacidade para manter boas relacións con outras
  persoas. Isto implica dominar habilidades sociais, comunicación efectiva, respecto, actitudes prosociais, asertividade...), habilidades  de vida e de benestar  -O desenvolvemento da autoestima, desde o marco da educación ética | 
| Influencias
  do Benestar Emocional | -Contornas vulnerables familiares -Dinámicas disfuncionais dos adultos de
  referencia | 
| Benestar
  Emocional en tempo de catástrofe global (pandemia, covid) | -Incerteza
  na duración  -Modificacións
  de dinámicas relacionais co confinamento -Vivencia
  dos dós diferente -Apoio
  social inferior -Estrés
  acumulativo -Ameaza
  invisible | 
| Consecuencias
   Trastornos
  asociados | -Impacto
  na saúde -Maior
  vulnerabilidade ao estrés -Maior
  risco de estrés postraumático -Alteracións
  da conducta | 
| Fases
  Intervención | 1-Detección
  e acompañamento 2-Fortalecemento
  da resiliencia e da Competencia emocional 3-Consolidación 
 | 
| Fase 1: detección e acompañamiento | Obxectivo: detectar
  situacións de malestar, ansiedade, sufrimento Accións: acompañamento e
  apoio a través de REDES DE APOIO (profesorado, alumnado, familias),
  establecer ESPAZOS e TEMPOS VIRTUAIS para compartir emocións | 
| Rede
  de apoio profesorado | -Acompañamento
  entre iguais -Parellas
  de reforzo -Docencia
  compartida -Apoio
  específico do Departamento de Orientación | 
| 
 | 
 | 
| Decálogo
  de preguntas para  as persoas docentes para
  pensar e transformar | 1-Como
  nos sentimos e que aprendemos? 2-O
  clima de convivencia positiva creado previamente no centro resultou útil? 3-O
  traballo previo realizado para o desenvolvemento das competencias para
  convivir resultou de proveito? 5-As
  experiencias previas en relación ás situacións que alteran a convivencia e a
  resolución de conflictos resultaron útiles? 6-Como
  analizamos e valoramos a relación familia-escola? 7-Serviron
  como apoio e axuda a coordinación e colaboración entre os diferentes membros
  da Comunidade Educativa? 8-Serviron
  como apoio  e axuda a colaboración co
  contorno? 9-Como
  analizamos a nosa labor docente? 10-Como
  analizamos o acceso ao currículo do alumnado e a metodoloxía empregada? 11-Como
  optimizamos recursos, espazos e tempos? | 
| Debemos
  aprender a ... | -Observar -Escoitar -Esperar -Expresar
  o que sentimos -Compartir para comprender e responsabilizarnos Xa que convivir coas emocións fortalécenos e axúdanos a medrar favorecendo a autonomía e a solidariedade. | 
| Como
  nos sentimos? Que
  aprendemos? | -Conciencia
  emocional: como nos sentimos? -Regulación
  emocional: que facemos coa emoción para que sexa adaptativa? -Autonomía
  persoal: somos quen de ...? -Competencia
  social: como nos relacionamos cos demais? -Competencias
  para a vida e o benestar: como afrontamosos desafíos e as situacións
  excepcionais? -Organizando
  tempos e espazos para a escoita a toda a Comunidade Educativa (expresar
  emocións, acompañar, impulsar cooperación) -Construíndo
  Redes afectivas (profesorado, familias, alumnado) -Reorganización
  de dinámicas de traballo tendo en conta os diferentes escenarios -Establecemento
  de rutinas, espazos e tempos, estratexias para a organización do día a día
  anticipando cambios -Reforzar
  a autonomía na expresión e vivencia emocional | 
| Prevención | -Prevención
  Primaria: Comunidade Educativa e Escola Inclusiva -Prevención
  Secundaria: Alumnado en risco e Atención á Diversidade -Prevención
  Terciaria: Enfoque Sociocomunitario en caso de confinamento Responsables:
  Profesorado, titoras-es, DO-EOE, Servizos Sociosanitarios, Familias | 
| Que
  debe observar o profesorado na aula? | -Incerteza:
  reaccións demesuradas -Angustia:inquietude,
  desacougo, síntomas corporais, intraquilidade ... -Desesperanza:tristeza,
  ansiedade, insomnio ... -Enfrontamento:transgresión,
  irritabilidade, violencia ... -Perdas:achegados,
   perda traballo, perda vivenda, perdas
  colectivas ... -Nivel
  desenvolvemento curricular actual -Cohesión
  de grupo actual -Procesos
  de autoavaliación -Barreiras
  que dificultan o acceso ás aprendizaxes   | 
| Como
  acompañar? | -Calma e
  tacto -Acompañamento
  presencial -Axudar a
  comprender -Empatía -Escoita
  activa -Reforzar
  a resiliencia ... | 
| Para
  que as entrevistas coas familias? | -Interesarse
  como se atopa o alumno-a e os membros da familia -Coñecer
  as necesidades do ámbito familiar: saúde, laborais, económicas, tecnolóxicas,
  conexións, organización familiar, situacións de teletraballo,  -Coñecer o
  desenvolvemento do proceso ensino e aprendizaxe -Motivación
  e disponibilidade para o estudio -Coñecer o
  estado anímico e emocional -Fortalezas
  adquiridas na situación COVID -Dificultades
  e barreiras xurdidas -Valoración
  do que fixo o centro -Propostas
  de mellora  | 
| Propostas
  Didácticas | CONECTA RESPECTA REGULA VIVE | 
| 
 CONECTA Comunicación,
  escoita, identificación de emocións | Recursos e/ou accións: -Mochila
  de recordos -Baleirando
  petos -Detective  de emocións -Orellas
  de elefante -Superpoder -Poder da música | 
| RESPECTA Tomar
  conciencia cambios, hábitos, RRSS | Recursos e/ou accións: -Tocarnos
  por mirarnos -Bicos de
  lapis -En
  equipo máis fortes -Planeta
  perfecto -Fábula
  forum | 
| REGULA Regulación
  emocional, afrontar conflictos, tolerar ás frustracións, evitar estrés | Recursos e/ou accións: -A caixa
  de urxencias emocional -Un paseo
  relaxante -Tece
  palabras -Faltoume
  o que tiña ou non? -A cesta
  máxica -Bandeiras
  do Himalaia | 
| VIVE Fomentar
  actitudes positivas, sentimentos de gratitude, solidariedade, recoñecer o
  esforzo, xerar beneficio común | Recurso e/ou accións -Pechando
  os ollos -Adiviña
  quen -Cada
  ovella coa súa parella -Tempo
  compartido -Olimpo -Receita
  de felicidade | 
| Fase 2: Fortalecemento da Resiliciencia e
  da Competencia Emocional na Comunidade Educativa | -Formación
  para a comunidade educativa: benestar emocional, inclusión e convivencia -Colaboración -Convivencia -Valor das
  Redes -Diferentes
  escenarios lectivos | 
| Fase 3:  Consolidación | Consolidación |