Mostrando entradas con la etiqueta orientación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta orientación. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de mayo de 2021

ESTRATEXIAS PARA APRENDIZAXES EXISTOSOS

 


ESTRATEXIAS PARA APRENDER A TER MELLORES RESULTADOS ACADÉMICOS E/OU MELLORES APRENDIZAXES

Rematamos o segundo trimestre e para moitas familias as preguntas agólpanse:

-Como podo axudar para que teña mellores resultados?

-Se pasa tantas horas estudando e suspende, que facer?

-Como planificar exitosamente o tempo de estudio?

-Ainda hai tempo para remontar?

Os anteriores interrogantes  non teñen unha resposta única xa que debemos partir das seguintes premisas:

-Cada alumno-alumna é diferente

-Os resultados non óptimos son multicausais

-Non existen receitas de éxito  iguais para todos-todas

-Que sexan estudiantes non quere dicir que saiban estudiar

Fase inicial

Esta travesía debe iniciarse por coñecer o que pensan e senten os fillos e fillas sobre  os motivos polos que non obtiveron os resultados agardados e por establecer diálogos frecuentes co profesorado que aportará datos significativos (non sempre ofrecen un coñecemento exhaustivo do proceso de aprendizaxe realizado polo alumnado e establecen datos de examen e moitas conxeturas) sobre o que demanda do alumnado, os contidos desenvolvidos, as actividades requeridas ...

Seguirase identificando e visibilizando as fortalezas, potencialidades e debilidades dos fillos-fillas así como coñecer os seus intereses, motivacións, estilos de aprendizaxe, tipo de memoria, a capacidade atencional, as habilidades perceptivas, as intelixencias máis representativas (lingüítica-verbal, lóxica-matemática, coroporal-cinestésica, musical, creativa, viso-espacial, naturalista, intrapersoal, interpersoal e espiritual) e mesmo a metacognición (habilidade humana para ser capaces de pensar sobre como pensamos, como recordamos, como percibimos e como comprendemos).

O papel das familias debe ser o de incentivar, acompañar, estimular, guiar, animar e nunca xuzgar, vixiar ou inspeccionar pois a confianza mutua debe ser algo vivido e sentido.

Fase de deseño

-Establecer o lugar de estudio (non sempre o dormitorio é o espazo máis axeitado pois pode sentirse agobiado, aillado, desmotivado ...) atractivo, iluminado, limpo, ordenado, con boa temperatura, libre de distractores como o teléfono, tabletas, ordenadores (agás que se precisen para buscar información). Pero o ordenador pode estar nun lugar común do fogar para ser usado por todas as persoas da familia e con clave de wifi controlada polas persoas proxenitoras. No cuarto do neno-nena-adolescente non debe existir un televisor.

-Disfrutar das necesarias horas de sono xa que favorece a memoria e a concentración e sempre cun horario estable.  

-Ter unha alimentación saudable e variada con proteinas, carbohidratos, antioxidantes, ácidos grasos omega 3 ...

-Ter no espazo de estudio todos os recursos necesarios: folios, libros, libretas, marcadores, goma, afilalápiz, auga ...

-Promover e facer fincapé nunha boa hixiene postural

-Deseño dos tempos de estudio e de traballo regulares cada día e axustados ás idades (empezando por 10 minutos en E.I. , 10-15 minutos en1º de E.P. e incrementando este tempo por cada curso e, polo tanto, 60 minutos ao remate de 6º de E.P.). A concentración decae a partir dos 30-40 minutos cada 25 minutos polo que é necesario realizar un descanso de cinco minutos e retomar se fose necesario)

-Ter un cronograma/calendario/horario para rexistrar as materias e actividades a realizar cada día e o tempo adicado sabendo que as materias/áreas con maior dificultade deben repasarse todos os días.

-Todos os días realizarase un repaso do traballado na aula para ir adquirindo hábitos de traballo e de esforzo. Estes repasos poden gravarse en audio, poden contarse aos proxenitores, poden gravarse realizando un vídeo ... E sempre adicarlle un tempo á lectura

É importante reseñar que na Disposición adicional terceira no Decreto 105/2014 que establece o currículo da E.P. cando aborda as tarefas extraescolares (Deberes) explicita que "Os centros docentes poderán incluír dentro da súa programación xeral anual, segundo o marco de autonomía pedagóxica e organizativa, as pautas e/ou criterios xerais sobre o uso das tarefas extraescolares na etapa de educación primaria, de xeito que entronque co adecuado desenvolvemento das competencias clave do alumnado segundo os seus distintos procesos e ritmos de aprendizaxe, atendendo a un principio de progresividade ao longo da etapa educativa. No caso do seu establecemento, terase en conta un adecuado encaixe na vida das familias, de xeito que se facilite a participación activa das mesmas na aprendizaxe e a adecuada conciliación da vida persoal e familiar, con respecto aos tempos de lecer do alumnado. Ao tempo fomentarase a responsabilidade dos alumnos e alumnas na súa formación e a súa autonomía, en liña cunha cultura do esforzo e do traballo"

Fase de desenvolvemento

-Tomar a axenda do alumno-alumna e ver o que ten que facer, rexistrar no horario ou cronograma poñerse a realizalo

-Descubrir o estilo de aprendizaxe: Cada neno ou nena é diferente e, polo tanto, aprende de forma diversa e deben poñer en acción amáis diferentes modelos de pensamento e procesos cognitivos así como procesos psicolóxicos básicos como memoria, atención ou percepción que levan ao éxito nas asprendizaxes e sen esquecernos da motivación.

Os estilos de aprendizaxe ( Pellicer, 2017) son:

Activo: retén e comprende mellor a información despois de realizar algo no mundo exterior, aplicar esa información. Aprendizaxe por ensaio-erro.

Sensorial: prefire os feitos, datos concretos, específicos, experimentación detallada, métodos estandarizados e regulares pois leva mal as sorpresas que cambian o procedemento normal e asentado.

Visual: recorda mellor o que ve a través de gráficos, imaxes ... pois non lle chega coa información que recibe oralmente.

Verbal: Recorda o que escoita, o que repite e lé. Ten capacidade e habilidade para explicar a outras persoas.

Reflexivo: retén e comprende mellor a información despois de tomarse un tempo para pensar nela.

Cinestésico: necesita "facer" para aprender, realizar actividades táctis, producir cousas, moverse ao mesmo tempo que traballa, saír e cambiar de recursos frecuentemente.

Intuitivo: gusta das teorías, capta conceptos novos e os contidos repetitivos baseado en feitos non lle agradan. Relaciona o novo cos coñecementos e experiencias previas.

Dependente de campo: precisa percibir toda a situación antes de emezar a traballar. Gústalle traballar con outras persoas, é intuitivo e precisa de experiencias concretas e tanxibles para involucrase no traballo.

Independente de campo: alta motivación de logro, competitivo, gústalle traballar só-soa, é lóxico-a, analítico-a e manexa ben os conceptos abstractos.

Global: aprende de forma xeral, tarda máis tempo en estudiar e comprender doadamente  pero ao final e con perseverancia e tranquilidade chegará á consecución das aprendizaxes.

Secuencial: aprender cando os contidos se presentan cunha progresión lóxica e as aprendizaxes se van asentando nos xa adquiridos e van do máis sinxelo ao máis complexo.


jueves, 6 de mayo de 2021

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS PARA APRENDIZAXES COMPETENCIAIS

 



ORIENTACIÓNS PARA FACILITAR O DESENVOLVEMENTO DE ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS ACTIVAS, DINÁMICAS, COMPETENCIAIS

Todo proceso de ensino-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa do que se pretende conseguir, tendo claro cales son os obxectivos ou metas, que recursos son necesarios, que métodos didácticos son os máis adecuados e como se avalía a aprendizaxe e se retroalimenta o proceso.

Os métodos didácticos débense elixir en función do que se sabe que é óptimo para alcanzar as metas propostas e en función dos condicionantes en que ten lugar o ensino. A natureza da materia, as condicións socioculturais, a dispoñibilidade de recursos e as características dos alumnos e alumnas condicionan o proceso de ensino-aprendizaxe, polo que será necesario que o método seguido polo profesor se axuste a estes condicionantes co fin de propiciar unha aprendizaxe competencial no alumnado. Os métodos deben partir da perspectiva do docente como orientador, promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, débense enfocar á realización de tarefas ou situacións-problema, formuladas cun obxectivo concreto, que o alumnado debe resolver facendo un uso adecuado dos distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores; así mesmo, deben ter en conta a atención á diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe mediante prácticas de traballo individual e cooperativo. Ademais, é necesario secuenciar o ensino de tal modo que se parta de aprendizaxes máis simples para avanzar gradualmente cara a outras máis complexas. Un dos elementos clave no ensino por competencias é espertar e manter a motivación cara á aprendizaxe no alumnado, o que implica unha nova formulación do papel do alumno, activo e autónomo, consciente de ser o responsable da súa aprendizaxe.

 Os métodos docentes deberán favorecer a motivación por aprender nos alumnos e alumnas e, para tal fin, os profesores deben ser quen de xerar neles a curiosidade e a necesidade por adquirir os coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias. Así mesmo, co propósito de manter a motivación por aprender, é necesario que os profesores procuren todo tipo de axudas para que os estudantes comprendan o que aprenden, saiban para que o aprenden e sexan quen de usar o aprendido en distintos contextos dentro e fóra da aula (...) en situacións reais (...) que xeren aprendizaxes máis transferibles e duradeiras. (Fonte: Orde ECD 65/2015)


domingo, 21 de marzo de 2021

ENFOQUES DA LOMLOE (Lei Orgánica 3/2020 que modifica a Lei Orgánica 2/2006)

 


Lei Orgánica 3/2020 que modifica a Lei  2/2006 de Educación (LOMLOE)

A cidadanía reclama un sistema educativo moderno, máis aberto, menos ríxido, multilingüe e cosmopolita que desenvolva todo o potencial e talento do alumnado. Estes plantexamentos deben ser ampliamente compartidos pola comunidade educativa e pola sociedade. Os centros educativos deben ser os escenarios para un benestar de nenos e nenas pero existen outros escenarios para as aprendizaxes e por iso a sociedade debe esforzarse por crealos e dinamizalos: parques, rúas, barrios, cines, teatros, bosques, ríos ... e deben integrar a Recomendación formulada no 2004 na Estratexia Mundial sobre Réximen Alimentario, Actividade Física e Saúde.

Por todo o anterior, a finalidade desta Lei non é outra que establecer un renovado ordenamento legal que aumente as oportunidades educativas y formativas de toda la población, que contribúa á mellora dos resultados educativos do alumnado, e satisfaga a demanda xeralizada na sociedade española dunha educación de calidade para todos.

A educación que se visibiliza nesta Lei levaranos a unha educación comprensiva e farase efectivo  unha educación inclusiva como dereito humano para todas as persoas, recoñecido na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, ratificada por España no 2008, para que este dereito chegue a aquelas persoas en situación de maior vulnerabilidade.

ENFOQUES

1. INTERÉS SUPERIOR DO MENOR E OS DEREITOS DA INFANCIA PRINCIPIOS RECTORES DO SISTEMA EDUCATIVO

Convención Dereitos da Infancia

Este enfoque dos dereitos da infancia entre os principios rectores do sistema, según o establecido na Convención sobre os Dereitos do Neno-Nena de Nacións Unidas (1989), recoñecendo o interese superior do -da menor, o seu deretito á educación e a obriga do Estado de asegurar o cumprimento efectivo dos seus dereitos.

2. IGUALDADE DE XÉNERO

É necesario un enfoque de igualdade de xénero a través da coeducación, da visibilización de estereotipos de xénero, do papel das aportacións das mulleres ao longo da historia, da prevención da violencia de xénero e do  respecto á diversidade afectivo-sexual, introducindo sempre a perspectiva inclusiva e non sexista.

3. MELLORA CONTINUA DOS CENTROS EDUCATIVOS E PERSONALIZACIÓN DAS APRENDIZAXES

Neste tercer enfoque plantéxase de forma transversal orientado a que todo o alumnado teña garantías de éxito na educación por medio dunha dinámica de mellora continua dos centros educativos e unha maior personalización das aprendizaxee xa que cada neno-nena é diferente, teñen ritmos e estilos de aprendizaxe diferentes asi como características, necesidades, intereses, motivacións etc

4.EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

(ODS)

Este enfoque recoñece a importancia de atender ao Desenvolvemento Sostible de acordo co establecido na Axenda 2030. Así, a educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía mundial debe incardinarse nos plans e programas educativos da totalidade incorporando os coñecementos, capacidades, valores e actitudes que necesitan todas as persoas para vivir unha vida fructífera, adoptar decisións fundamentadas e asumir un papel activo –tanto no ámbito local como mundial– á hora de afrontar e resolver os problemas comúns a todos os cidadáns do mundo. A educación para o desenvolvemento sostenible e para a cidadanía mundial inclúe a educación para a paz e os dereitos humanos, a comprensión internacional e a educación intercultural, así como a educación para a transición ecolóxica, sen descuidar a acción local, imprescindibles para abordar a emerxencia climática, de modo que o alumnado coñeza que consecuencias teñen as nosas accións diarias no planeta e xerar empatía cara o seu entorno natural e social.

5.PAPEL CENTRAL DO DESENVOLVEMENTO DA COMPETENCIA DIXITAL

O uso xeralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá fai que se aceleren cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e  participar nela,  nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto personal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e nos homes e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medioambiente, que se desenvolve tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente.

Esta Lei insiste na necesidade de ter en conta un cambio dixital que se está a producir nas nosas sociedades e que forzosamente afecta a á actividad educativa. O desenvolvemento da competencia dixital non supón soamente o dominio de diferentes dispositivos e aplicacións. O mundo dixital é un novo hábitat no que a infancia e a xuventude viven cada vez máis: nel aprenden, se relacionan, consumen, disfrutan do seu tempo libre. E non podemos esquecer a fenda de xénero.

Fonte: Preámbulo LOMLOE 3/2020