Mostrando entradas con la etiqueta metodoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta metodoloxía. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de mayo de 2021

ESTRATEXIAS PARA APRENDIZAXES EXISTOSOS

 


ESTRATEXIAS PARA APRENDER A TER MELLORES RESULTADOS ACADÉMICOS E/OU MELLORES APRENDIZAXES

Rematamos o segundo trimestre e para moitas familias as preguntas agólpanse:

-Como podo axudar para que teña mellores resultados?

-Se pasa tantas horas estudando e suspende, que facer?

-Como planificar exitosamente o tempo de estudio?

-Ainda hai tempo para remontar?

Os anteriores interrogantes  non teñen unha resposta única xa que debemos partir das seguintes premisas:

-Cada alumno-alumna é diferente

-Os resultados non óptimos son multicausais

-Non existen receitas de éxito  iguais para todos-todas

-Que sexan estudiantes non quere dicir que saiban estudiar

Fase inicial

Esta travesía debe iniciarse por coñecer o que pensan e senten os fillos e fillas sobre  os motivos polos que non obtiveron os resultados agardados e por establecer diálogos frecuentes co profesorado que aportará datos significativos (non sempre ofrecen un coñecemento exhaustivo do proceso de aprendizaxe realizado polo alumnado e establecen datos de examen e moitas conxeturas) sobre o que demanda do alumnado, os contidos desenvolvidos, as actividades requeridas ...

Seguirase identificando e visibilizando as fortalezas, potencialidades e debilidades dos fillos-fillas así como coñecer os seus intereses, motivacións, estilos de aprendizaxe, tipo de memoria, a capacidade atencional, as habilidades perceptivas, as intelixencias máis representativas (lingüítica-verbal, lóxica-matemática, coroporal-cinestésica, musical, creativa, viso-espacial, naturalista, intrapersoal, interpersoal e espiritual) e mesmo a metacognición (habilidade humana para ser capaces de pensar sobre como pensamos, como recordamos, como percibimos e como comprendemos).

O papel das familias debe ser o de incentivar, acompañar, estimular, guiar, animar e nunca xuzgar, vixiar ou inspeccionar pois a confianza mutua debe ser algo vivido e sentido.

Fase de deseño

-Establecer o lugar de estudio (non sempre o dormitorio é o espazo máis axeitado pois pode sentirse agobiado, aillado, desmotivado ...) atractivo, iluminado, limpo, ordenado, con boa temperatura, libre de distractores como o teléfono, tabletas, ordenadores (agás que se precisen para buscar información). Pero o ordenador pode estar nun lugar común do fogar para ser usado por todas as persoas da familia e con clave de wifi controlada polas persoas proxenitoras. No cuarto do neno-nena-adolescente non debe existir un televisor.

-Disfrutar das necesarias horas de sono xa que favorece a memoria e a concentración e sempre cun horario estable.  

-Ter unha alimentación saudable e variada con proteinas, carbohidratos, antioxidantes, ácidos grasos omega 3 ...

-Ter no espazo de estudio todos os recursos necesarios: folios, libros, libretas, marcadores, goma, afilalápiz, auga ...

-Promover e facer fincapé nunha boa hixiene postural

-Deseño dos tempos de estudio e de traballo regulares cada día e axustados ás idades (empezando por 10 minutos en E.I. , 10-15 minutos en1º de E.P. e incrementando este tempo por cada curso e, polo tanto, 60 minutos ao remate de 6º de E.P.). A concentración decae a partir dos 30-40 minutos cada 25 minutos polo que é necesario realizar un descanso de cinco minutos e retomar se fose necesario)

-Ter un cronograma/calendario/horario para rexistrar as materias e actividades a realizar cada día e o tempo adicado sabendo que as materias/áreas con maior dificultade deben repasarse todos os días.

-Todos os días realizarase un repaso do traballado na aula para ir adquirindo hábitos de traballo e de esforzo. Estes repasos poden gravarse en audio, poden contarse aos proxenitores, poden gravarse realizando un vídeo ... E sempre adicarlle un tempo á lectura

É importante reseñar que na Disposición adicional terceira no Decreto 105/2014 que establece o currículo da E.P. cando aborda as tarefas extraescolares (Deberes) explicita que "Os centros docentes poderán incluír dentro da súa programación xeral anual, segundo o marco de autonomía pedagóxica e organizativa, as pautas e/ou criterios xerais sobre o uso das tarefas extraescolares na etapa de educación primaria, de xeito que entronque co adecuado desenvolvemento das competencias clave do alumnado segundo os seus distintos procesos e ritmos de aprendizaxe, atendendo a un principio de progresividade ao longo da etapa educativa. No caso do seu establecemento, terase en conta un adecuado encaixe na vida das familias, de xeito que se facilite a participación activa das mesmas na aprendizaxe e a adecuada conciliación da vida persoal e familiar, con respecto aos tempos de lecer do alumnado. Ao tempo fomentarase a responsabilidade dos alumnos e alumnas na súa formación e a súa autonomía, en liña cunha cultura do esforzo e do traballo"

Fase de desenvolvemento

-Tomar a axenda do alumno-alumna e ver o que ten que facer, rexistrar no horario ou cronograma poñerse a realizalo

-Descubrir o estilo de aprendizaxe: Cada neno ou nena é diferente e, polo tanto, aprende de forma diversa e deben poñer en acción amáis diferentes modelos de pensamento e procesos cognitivos así como procesos psicolóxicos básicos como memoria, atención ou percepción que levan ao éxito nas asprendizaxes e sen esquecernos da motivación.

Os estilos de aprendizaxe ( Pellicer, 2017) son:

Activo: retén e comprende mellor a información despois de realizar algo no mundo exterior, aplicar esa información. Aprendizaxe por ensaio-erro.

Sensorial: prefire os feitos, datos concretos, específicos, experimentación detallada, métodos estandarizados e regulares pois leva mal as sorpresas que cambian o procedemento normal e asentado.

Visual: recorda mellor o que ve a través de gráficos, imaxes ... pois non lle chega coa información que recibe oralmente.

Verbal: Recorda o que escoita, o que repite e lé. Ten capacidade e habilidade para explicar a outras persoas.

Reflexivo: retén e comprende mellor a información despois de tomarse un tempo para pensar nela.

Cinestésico: necesita "facer" para aprender, realizar actividades táctis, producir cousas, moverse ao mesmo tempo que traballa, saír e cambiar de recursos frecuentemente.

Intuitivo: gusta das teorías, capta conceptos novos e os contidos repetitivos baseado en feitos non lle agradan. Relaciona o novo cos coñecementos e experiencias previas.

Dependente de campo: precisa percibir toda a situación antes de emezar a traballar. Gústalle traballar con outras persoas, é intuitivo e precisa de experiencias concretas e tanxibles para involucrase no traballo.

Independente de campo: alta motivación de logro, competitivo, gústalle traballar só-soa, é lóxico-a, analítico-a e manexa ben os conceptos abstractos.

Global: aprende de forma xeral, tarda máis tempo en estudiar e comprender doadamente  pero ao final e con perseverancia e tranquilidade chegará á consecución das aprendizaxes.

Secuencial: aprender cando os contidos se presentan cunha progresión lóxica e as aprendizaxes se van asentando nos xa adquiridos e van do máis sinxelo ao máis complexo.


jueves, 6 de mayo de 2021

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS PARA APRENDIZAXES COMPETENCIAIS

 



ORIENTACIÓNS PARA FACILITAR O DESENVOLVEMENTO DE ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS ACTIVAS, DINÁMICAS, COMPETENCIAIS

Todo proceso de ensino-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa do que se pretende conseguir, tendo claro cales son os obxectivos ou metas, que recursos son necesarios, que métodos didácticos son os máis adecuados e como se avalía a aprendizaxe e se retroalimenta o proceso.

Os métodos didácticos débense elixir en función do que se sabe que é óptimo para alcanzar as metas propostas e en función dos condicionantes en que ten lugar o ensino. A natureza da materia, as condicións socioculturais, a dispoñibilidade de recursos e as características dos alumnos e alumnas condicionan o proceso de ensino-aprendizaxe, polo que será necesario que o método seguido polo profesor se axuste a estes condicionantes co fin de propiciar unha aprendizaxe competencial no alumnado. Os métodos deben partir da perspectiva do docente como orientador, promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, débense enfocar á realización de tarefas ou situacións-problema, formuladas cun obxectivo concreto, que o alumnado debe resolver facendo un uso adecuado dos distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores; así mesmo, deben ter en conta a atención á diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe mediante prácticas de traballo individual e cooperativo. Ademais, é necesario secuenciar o ensino de tal modo que se parta de aprendizaxes máis simples para avanzar gradualmente cara a outras máis complexas. Un dos elementos clave no ensino por competencias é espertar e manter a motivación cara á aprendizaxe no alumnado, o que implica unha nova formulación do papel do alumno, activo e autónomo, consciente de ser o responsable da súa aprendizaxe.

 Os métodos docentes deberán favorecer a motivación por aprender nos alumnos e alumnas e, para tal fin, os profesores deben ser quen de xerar neles a curiosidade e a necesidade por adquirir os coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias. Así mesmo, co propósito de manter a motivación por aprender, é necesario que os profesores procuren todo tipo de axudas para que os estudantes comprendan o que aprenden, saiban para que o aprenden e sexan quen de usar o aprendido en distintos contextos dentro e fóra da aula (...) en situacións reais (...) que xeren aprendizaxes máis transferibles e duradeiras. (Fonte: Orde ECD 65/2015)


sábado, 6 de junio de 2020

ODS, PAZ, XUSTIZA E CONVIVENCIA FAMILIAR


PAZ , XUSTIZA E CONVIVENCIA FAMILIAR

Crea unha infografía coas mulleres que recibiron o Premio Nóbel da Paz
Crea un documental sobre tosos os Premios Nóbel da Paz
Deseña un libro con textos expositivos sobre biografías dos Premios Nóbel da Paz
Recopila frases sobre a Paz
Reflexiona sobre accións que deberían realizar os gobernos para garantizar a Paz
Pregunta aos avós e avoas se existían os castigos nas súas escolas e en que consistían
Deseña cronograma de actividades corresponsábeis no fogar
Deseña un decálogo de normas de convivencia no fogar
Crea carteis con palabras cariñosas para os membros do fogar
Realiza conversas sobre temas de actualidade argumentando as opinións
Visiona o documental "Niños sin derechos"
Explica o que é para ti o acoso escolar e realiza unha cuña para erradicar esa lacra
Reflexiona sobre as túas actuaciónes se eres observador de situacións de acoso
Reflexiona coa túa familia sobre accións que se poden tomar para evitar a destrucción do planeta.
Deseña accións para mellorar  a convivencia familiar
Pensa en alguén a quen poidas axudar en algo e chama para decirllo
Coida a mascota se a tes
Axuda a un veciño, veciña, amigo, amiga en algo que precise
Prepara un almorzo ou merenda sorpresa para os membros da túa familia
Planifica e organiza unhas vacacións sostibles
Crea un decálogo para a convivencia e relacións familiares
Realiza tarefas corresponsables no fogar: pasar a fregona, a mopa, poñer a mesa e retirala, pasar a aspiradora...
Deseña os menús saudables da semana
Colabora na elaboración de menús
Realiza a lista da compra e axusta ao presuposto
Analiza desvíos nos gastos e busca as fórmulas para mellorar eses  gastos
Reflexiona sobre conflictos familiares e fórmulas ou estratexias para resolvelas
Reflexiona sobre sobre as cousas que se fan mal e pide perdón ou buscar estratexias
Compartir costumes e tradicións con alumnos-as de outros países

viernes, 5 de junio de 2020

CONTOS POLA IGUALDADE!

A continuación propoñemos:
-lectura do conto TITIRITESA

-lectura da historia de VIVAN LAS UÑAS DE COLORES

-lectura do conto MARUXA
MARUXA | EVA MEJUTO | Comprar libro 9788498714906

Actividades para despois da lectura:
TITIRITESA
VIVAN LAS UÑAS DE COLORES
MARUXA 

jueves, 4 de junio de 2020

CREANDO IGUALDADE EN COMUNIDADE!

A igualdade créase, reflexiónase, faise, compártese,... e por iso é necesario  deseñar actuacións e estratexias para facer visible a corresponsabilidade, os valores e contravalores.
En primeiro lugar, propoñemos realizar unha reflexión no contexto familiar analizando e rexistrando a tipoloxía de actividades corresponsábeis que se realizan.


En segundo lugar, a proposta é que cada semana cada membro da familia se ocupe de tarefas nun cronograma.

jueves, 30 de abril de 2020

PENSANDO, FACENDO


Xa estamos de novo coa MASTER CLASS da profe Lucía Melo (Profe de PT).
Atoparedes as resolucións das adiviñanzas da sesión anterior. Logo realizaredes uns xogos para mellorar a motricidade. E para rematar repasaremos os números pero empregando a percepción visual e a atención e teredes que resolver unhas novas adiviñas.


miércoles, 29 de abril de 2020

FALANDO, CANTANDO, PENSANDO, FACENDO


Xa temos outra MASTER CLASS da profe de AL, a profe Mari Pérez.
Se queredes divertirvos, se queredes aprender, se queredes mellorar as habilidades fonolóxicas,...
non teredes máis que premer no enlace da vídeo-clase.
VIDEO-CLASE

martes, 28 de abril de 2020

PENSANDO, FACENDO


Para poder aprender mellor é necesario que a nosa atención e a percepción estea ao cento por cento.
E por iso a profe Lucía Melo, a profe de PT, ofrece estratexias para erradicar as dificultades fainos unha proposta para mellorar a percepción, a atención, a motricidade, repaso de letras, ,...
E para rematar adiviñas.
Non demoredes en visionar unha e otra vez a MASTER CLASS da profe Lucía.

VÍDEO-CLASE

lunes, 27 de abril de 2020

MASTER CLASS DE AUDICIÓN E LINGUAXE



Aí vai unha divertida master class de Audición e Linguaxe realizada por unha gran profesional, M. Carmen Pérez (Mari).
Nos desaproveitedes a ocasión de mellorar a fala e a linguaxe dos vosos fillos e fillas.
Aprender en familia é o mellor para un desenvolvemento afectivo-emocional positivo.

VIDEO

domingo, 26 de abril de 2020

HABILIDADES METAFONOLÓXICAS

A aprendizaxe da lectura e da escritura e a intervención das dificultades da fala, da linguaxe oral  pode ser posible de forma exitosa sempre que existan habilidades metafonolóxicas (PROGRAMA DE HABILIDADES METAFONOLÓGICAS, Carrillo y Carrera, 2007)
É importante integrar as relacións que existen entre os grafemas e os fonemas. Entre o que escoitamos na linguaxe oral e como que se ten que escribir a secuencia oral. 
Debemos desenvolver habilidades  para realizar actividades de segmentación e manipulación  sobre aspectos da fala como aislar fonos, tarefas de adición e omisión, comparación silábica e fonémica.
As actividades deben integrar segmentación de palabras, segmentación de sílabas, segmentación de fonemas.
Exemplos
- segmentar frases con palmadas PEPITO COME 
-inventar outras como PEPITO JUEGA
-representar la estructura de palabras de la frase
-omitir palabras de la frase
-diferenciar frases de 2, 3 ou 4 palabras
-segmentación de sílabas: patata, papelera, botella,...
-representar gráficamente las sílabas
-localizar a estructura silábica de palabras
-discriminar estructura silábicas
-representar gráficamente a estructura silábica de palabras
-identificar sílabas en diferentes posiciones (iniciais,medias, finais,...)
-omitir sílabas finais dunha palabra
-omitir sílabas iniciais de palabras
-engadir sílabas
-encadear palabras
-emptregar onomatopeias
-pronunciar fonemas aillados
-identificar el fonema inicial, fonemas finais,...
-separar en fonemas
-discriminar fonemas en calquera posición,...




sábado, 25 de abril de 2020

FALANDO, FALANDO!

O desenvolvemento da fala é primordial na etapa de E. Infantil. E nestes días de confinamento o proceso debe continuar.   
A premisa debe partir de que cada neno-nena, cada ser humano é diferente. Dende os centros educativos deberemos adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado (art. 3 D. 229/2011). Unha desas características diferenciadoras é o grao de desenvolvemento da linguaxe oral no plano da comprensión e da expresión.
O maior ou menor grao de desenvolvemento fai que un neno ou unha nena teña un diferente ritmo de aprendizaxe, que teña un estilo de aprendizaxe peculiar ou que non sinta a necesidade de falar ben ou crea que non sabe facelo.
A problemática máis común na etapa de E. Infantil é a dislalia que consiste en dificultades na articulación de fonemas por ter  inmadurez psicomotriz,  trastornos respiratorios, inmadurez dos órganos fonoarticulatorios, mala percepción e discriminación auditiva e inaxeitada axilidade  bucofacial.
Dificultades da fala:
Dislalia: Trastorno da capacidade para articular ou pronunciar correctamente fonemas (son). Existen Dislalias fisiolóxicas, audióxenas, funcionais e orgánicas. Ex. cado en lugar de carro, tasa en lugar de casa.
Disartria:  dificultade para articular sons ou palabras. Teñen dificultade para controlar ou coordinar os músculos que interveñen na fala como fala rlento, moi baixo, voz entrecortada, dificultades para masticar, tragar, pouca mobilidade na lingua,...
Disglosia: Trastorno na pronunciación causado por lesións físicas ou malformación (disglosias linguais, labiais, mandibulares, dentais, palatais,)
Disfemia ou tartamudez: Trastorno caracterizado polo tropezos, espasmos, repeticións. Poden os síntomas ser lingüísticos, psicolóxicos, motóricos e leva asociado autoestima, relacións cos demáis. Pode ser: 
-Tónica: bloqueos iniciais, fortes espasmos.
-Clónica: Reiteracións de sílabas iniciais, espasmos leves pero repetidos.
-Mixta: combina ambas.
Inmadurez articulatoria: Á diferencia da dislalia que é un trastorno fonético, esta é unha dificultade fonolóxica. Relaciónase coa pronunciación de palabras e frases a pesar de ter unha correcta pronunciación de fonemas e sílabas ailladas. 

-Omisións de fonemas ou de sílabas enteiras.
-Confusións e substitucións de fonemas.
-Duplicacións de sílabas (/títate/ por /quítate/)
-Inversións silábicas (/tefélono/ por /teléfono/).

As familias deben implicarse no desenvolvemento destes aspectos para que a nena e o neno non perciba que “fala mal” e deixe de facelo.
Todas as actividades proposta serán realizadas coma un xogo e deberanas facer tamén os adultos que estean cos nenos e nenas.

Ámbitos a traballar para estimular a fala e a linguaxe
Os ámbitos máis relevantes que hai que traballar son: Atención, percepción  e imitación visual, percepción auditiva, relaxación, respiración, articulación, vocabulario e estructura morfosintáctica, comprensión e expresión oral, fluidez verbal e a voz.



domingo, 29 de marzo de 2020

REFLEXIÓNS EDUCATIVAS EN TEMPO DE CONFINAMENTO


Ao longo destes días con tranquilidade, sosego  e tempo é un bó escenario para reflexionar sobre educación. Para poder avanzar e aprender é necesario deterse e realizar unha breve radiografía da situación:
-Profesorado asumindo funcións de teledocencia e buscando fórmulas para a interacción co alumnado e familias: O profesorado tivo que adaptarse a unha nova realidade e sen experiencias previas (en moitas ocasións) no uso da docencia empregando ferramentas TIC. A premura para que o alumnado seguise a aprender (apenas 24 horas) fixo que nos lanzásemos a crear, buscar e reproducir  recursos. Pero esa premura fixo que nos reparámos nalgunhas cuestións: ¿cantas veces mandaran ao seu alumnado realizar un escaneado, unha impresión  ou remisión dun documento a través do e-mail?, ¿en cantas ocasións implementaran a creación dun DRIVE ou subir ou abrir enlaces do Drive?, ¿existiron situacións nas que se empregou PADLET para realizar tarefas en rede?
- Incremento e proliferación de recursos telemáticos, ferramentas dixitais e plataformas con recursos educativos: A situación fixo pensar que as familias deberían ter un banco de recursos de aprendizaxe para que os fillos e fillas non paralizasen o seu proceso de aprendizaxe. Por ese motivo apareceron múltitude de recursos en rede. Pola súa parte, o profesorado  
-Alumnado e familias realizando tarefas telemáticas, virtuais que envían os docentes. En moitos contextos familiares os nenos e nenas igual non podían estar durante o día cos seus proxenitores senón con avós e avoas que deben coidar a persoas dependentes e, por este  motivo, o prioritario non era facer "deberes". Outras situacións nos leva a fotografiar a familias traballando  e con xornadas laborais complexas e duras que fai difícil pensar nas actividades escolares. É se a cobertura non existe ou se non hai trebellos tecnolóxicos as recomendacións escolares son inviables.
Por outro lado, o alumnado de E. infantil E primeiros cursos de E.P. non teñen suficientemente desenvolvida a autonomía, a capacidade de traballar sós. E nos derradeiros cursos de E. Primaria poderíanse dar as circunstancias da posible existencia da capacidade de esforzo, de traballo autónomo, etc. pero estes aspectos hai que "traballalos" antes, hai que vivencialos anteriormente.
Seguimos a esixir ao alumnado o mesmo que se as clases fosen presenciais e se nos esquece que as interaccións entre iguais, as linguaxes non verbais nas aulas e mesmo a a motivación medra nas aula.
-Familias teletraballando e empregando ordenadores e tablets: Neste espazo familiar é complexo que o alumnado poida estar, ao mesmo tempo, realizando as súas tarefas escolares on line ou collendo enlaces é unha misión imposible. Serían necesarios máis ordenadores ou tablets  pero iso suporía máis desigualdade. Por outra banda o estado emocional de moitas familias polos ERTES está ocasionando inseguridade, desazón e preocupación polo que o avance ou non do desenvolvemento curricular de fillos e fillas queda nun segundo plano.
-Familias sen formación e competencia dixital: Durante anos, ainda que sabemos que as familias deben ser corresponsables da educación dos fillos e fillas e, en poucas ocasións, desenvolvemos formación e orientación familiar. Sabemos se as familias saben manexar un DRIVE? Papás e mamás teñen competencias en videoconferencias? Os proxenitores teñen competencia no desenvolvemento curricular e na resolución de cuestións relacionadas cos "deberes"? Cales serán os motivos polos que un 80% de alumnado nalgúns centros non devolvan as tarefas ao profesorado?
-Canles de TV con recursos  para o alumnado memorísticos, mecánicos, descontextualizados, que non  levan  ao alumnado a pensar, a argumentar ou a ser competente. As persoas que mellor coñecen ao alumnado son as titoras e titores, as docentes e os docentes do centro e, por este motivo, debemos fuxir de conectar ao alumnado a unha pantalla e por riba con propostas obsoletas e nada competenciais.
-Plataformas, blogs, enlaces,... de recursos educativos: No afán colaborador coas familias e cos docentes lanzámonos a xerar recursos e recursos sen demasiada validez pedagóxica.  Confundimos cantidade con calidade e por usar as Tic non quere dicir que favoreza a reflexión, o aprender a aprender, a tomar iniciativas, o protagonismo activo do alumnado,... pois na maioría dos casos son propostas mecanicistas, transmisivas ou repititivas. Onde quedaron as tarefas e desempeños que promovan a creatividade, a solidariedade, o consumo responsable, un medio ambiente sostible, etc.
-A educación compensa desigualdades e a fenda educativa da desiguladade estase a disparar nestes momentos. Aqueles alumnos e alumnas de entornos familiares estimulantes, creativos, responsables terán unha oportunidade para seguir enriquecéndose no fogar mentras que aqueles nenos e nenas de ambientes e contextos xeográficos desfavorecidos incrementarán a súa desigualdade. O confinamento nos fogares confinará tamén as posibilidades de aprendizaxe en comunidade ou en interacción cos demáis.
-Preocupación pola perda ou non do curso escolar: Dende o inicio do curso escolar, no mes de setembro e, ata o 13 de marzo, pasaron 6 meses. Cunha operación matemática poderemos comprobar que xa pasou 2/3 do calendario escolar. Os contidos curriculares vanse construindo curso a curso e sempre repetimos contidos. Se existe unha boa planificación e desenvolvemento curricular  no centro existen un mínimo de contidos novos  cada curso pois os demáis serven para reforzar, para complementar. Por este motivo, o curso non está perdido. Se os docentes pensamos nisto e que poucas aprendizaxes realizaron os nenos e nenas nas aulas ata o mes de marzo. Lembremos que en abril tiñamos vacacións de S. Santa, 1 de maio festivo e, por cuestións atmosféricas, en maio e xuño sucédense saídas complementarias (moitas delas descontextualizadas e sen valor curricular ou pedagóxico).
- Sistema de avaliación das tarefas realizadas  no fogar no confinamento  a través da valoración do esforzo pero tamén do desempeño  de forma cualitativa e non cuantitativa e que non produza unha fenda na igualdade da educación para todos. Pidamos que nos relaten a través de textos escritos ou audios que fan cada día e igual descubrimos que axudan nas tarefas domésticas, colaboran no coidados da horta ou dos animais, participan en conversas  ou no coidado de persoas maiores.
-Incertidume sobre a avaliación do alumnado se o curso non se reinicia: O alumnado terá unha avaliación normal do 2º Trimestre e para a valoración do terceiro trimestre teremos que  botar man do grao de consecución dos mínimos esixibles establecidos na programación pero tamén vai serr o momento de que os equipos docentes valoren cales son os contidos básicos, útiles para a vida, relevantes e necesarios para poder seguir con aproveitamento o seguinte curso. Tras ese análise igual se descubre que a maioría dos contidos estaban desenvoltos  e que ao inicio do curso seguinte realizarase un recorrido cara atrás para poder avanzar, como se realiza en cada inicio de curso para poder "andamiar" as novas aprendizaxes. Ainda que exista alumnado que non ten acadado o desenvolvemento das competencias e dos obxectivos plantexados inicialmente nos 2 primeiros trimestres penso que non é o momento de favorecer a non promoción. Eso sí, cun programa de reforzo ou de recuperación e de apoio personalizado, realista, sistematizado e cun cronograma de titorización por parte dos docentes. Non estamos falando aquí de aprobado xeral, estamos establecendo que os dous trimestres avaliados deben ser o referente e o punto de partida para o inicio do curso escolar.
-Pantallas e pantallas: Sempre estamos a falar da necesaria desintoxicación tecnolóxica do alumnado no fogar e agora somos os docentes os que priorizamos eses uso. Existen moitas actividades para aprendizaxes dinámicos ou competenciais que non precisan ferramentas tecnolóxicas: calcular o gasto da cesta da compra, falar e conversar, escoitar, saudar aos veciños e veciñas,  ler, expresar sentimentos ás persoas da familia, cociñar, limpar,...
Conclusións:
-A xestión e a reparación emocional das familias e alumnado deben ser o prioritario neste momento.
-Se queremos que o alumnado sexa autónomo e responsable poñámolos en situacións para selo ao longo do curso presencial e non na situación de Alarma Nacional.
-Se as aprendizaxes non son significativas case mellor que se perdan  pois non van formar parte dese universo persoal ao longo dos anos.
-Pensemos en acompañar ás familias e non agobialas con chamadas, videochamadas e dando tranquilidade, asesorando, calmando, tranquilizando e dando respostas que son de sentido común ás incertezas (ainda que non as teñamos).
-Se o curso se inicia alá polo mes de maio o alumnado e o profesorado precisará rir, sentir, soñar, interaccionar, coñecerse de novo (xa que medrarían emocionalmente) e non pecharse entre catro paredes da aula para seguir un ritmo normal xa que nada será igual nin deberá ser igual. Será a oportunidade para coñecer como se sentiron, como se senten, que botaron en falta, que fpoi o que máis lles gustou nos días de confinamento,...e aí atoparemos sin lugar a dúbida moitos contidos curriculares como  empregar a linguaxe para argumentar, describir ou descubrir que os contidos relacionados cun consumo responsabvle estivo moi presente nos fogares xa que se evitou ir moitas veces ao supermercado, reciclouse comida,...
-Busquemos estratexias efectivas para que o alumnado teña neste periodo posibilidades de aprender competencialmente a través de tarefas ou resolucións de situacións problema pois seráa mellor bagaxe para iniciar un novo curso en setembro. Cando se expón que queremos alumnos e alumnas competentes, seres humanos competentes supón que son quen de poñer en práctica habilidades, coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz (Orde ECD 65/2015).  É o momento de facer prácticas no contexto educativo informail que é a familia. Ofertemos actividades para «saber facer» pois lle valerán  para a súa realización e desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social.   Por outra parte, este tipo de aprendizaxes perfectamente realizables no fogar (Exemplos en CALENDARIOS COMPETENCIAIS) favorecen a motivación por aprender.
-A implementación e proliferación das Tic nestas dúas semanas non quere dicir que poñamos en acción metodoloxías activas, dinámicas, creativas senón que podemos estar a mutalas co cobertor da innovación pois igual estamos a empregalas de forma reproductiva, como un medio para "lanzar" fichas e fichas via telemática.  
-Existe alumnado e familias diversas e cada unha desas familias e dese alumnado deben ter  unha atención personalizada, individualizada pois hai que respectar os distintos ritmos e estilos de aprendizaxe, situación social, intereses e sempre partindo do nivel competencial inicial destes.
-Reformulemos, desaprendamos o aprendido que resulta ineficaz, espertemos e manteñamos a motivación e a curiosidade (Educar en la realidadEducar en el asombro, La Educación por escenarios)  por adquirir coñecementos, destrezas e actitudes e valores en situacións reais e creativas da súa vida diaria pois serán aprendizaxes máis transferibles e duradeiras.
-Deixemos tempo libre para aburrirse pois neses momentos se crea, se buscan estratexias para non aburrirse e se logran grandes descubrimentos: podo cantar, podo bailar, podo escoitar as conversas dos adultos, podo crear unha letra para unha canción, podo inventarme un doce,...
-Busquemos e atopemos os piares dunha nova educación  baseada no ser, no sentir, no convivir, no facer e tamén no coñecer (por esta orde). Este tempo deberá ser un TEMPO gañado para a EDUCACIÓN.

Sintamos a necesidade de mellorar a educación, de crear unha nova realidade educativa!
Imos aló!

martes, 24 de marzo de 2020

TOLEMIA DE DEBERES VIRTUAIS

A medida que pasan os días de confinamento, a capacidade para ser coherentes e actuar con "sentidiño" está dando paso a unha TOLEMIA xeralizada e entramos en pánico pensando que o noso alumnado, os nosos fillos e fillas van perder o curso pois non van aprender o currículo establecido.
Pois ben: se por non estar no centro educativo un mes o noso alumnado "perde" o que sabía,  temos que dicir que moi mal aprendido estaba e, por riba, eran aprendizaxes pouco significativas.
E, polo tanto, non se perdeu nada.
Esta situación nova, complexa, diferente debe levarnos a reflexionar que non podemos transformar ao noso alumnado e aos nosos fillos e fillas en máquinas de facer fichas, exercicios de libros,...
Estas xornadas en familia deben levar enxeridas varias premisas:
-Deben  favorecer as interaccións familiares afectivas
-Deben permitir a conciliar o teletraballo ou o traballo de proxenitores
-Deben promover o favorecemento da autonomía, da responsabilidade, do esforzo compartido
-Deben dinamizar o disfrute das pequenas cousas
-Deben ser unha oportunidade de calma, sosego e de VIVIR en FAMILIA
-Deben optimizar unha nova posibilidade de SER FELICES
-Deben posibilitar realizar aprendizaxes vivenciais, aprendizaxes para a vida, aprendizaxes competenciais.
-Deben levarnos a espertar os sentidos e as emocións
-Deben favorecer unha educación compartida
-Deben ser a oportunidade de crear tempos e momentos para a lectura, para visionar cine ou series, para escoitar a radio 
-Deben dinamizar o cuestionamento do bombardeo tecnolóxico, ...
E outras tantas premisas que poderiamos establecer.
As cuestións anteriores poden levarnos a cuestionar o que estamos facendo e como o estamos a desenvolver.
Centos de plataformas dixitais con contidos educativos para que o alumnado estea diante dunha pantalla. 
Se esto é o máis axeitado cuestionémonos o papel das docentes e dos docentes nos centros educativos. Clonamos mestres e mestras
E onde quedan as interaccións persoais, o escoitar as voces de nenos e nenas, as voces do profesorado,...
O auténtico motor das posibilidades de aprendizaxes deben ser os docentes de cada centro, as titoras e titores xa que son as persoas que van ser quen de intuir o estado de ánimo do alumnado, as persoas que van estar animando e axudando a entender este confinamento ao alumnado e ás familias. Deben colaborar directamente coas familias, entablar conversas telefónicas ou a través de videochamadas, etc. Lembremos que o profesorado está tamén confinado pero NON de vacacións.
A tolemia tecnolóxica, o pánico da necesidade das aprendizaxes lévanos a unha proliferación desmedida de plataformas alleas aos centros. Teñamos "sentidiño".
É o momento de posibilitar a creación de aprendizaxes COMPETENCIAIS, FUNDAMENTAIS, BÁSICOS, ESENCIAIS e desbotar aquilo que non é necesario. É o momento de ADELGAZAR o currículo, de eliminar o INNECESARIO.
Este tempo NUNCA será TEMPO PERDIDO, será TEMPO GAÑADO á EDUCACIÓN.
Reflexións finais:
-Cando unha familia ordea os armarios cos seus fillos e fillas estamos a desenvolver a capacidade de colaboración, os valores da convivencia, ...
-Cando os fillos  e fillas colaboran na elaboración de menús aprender a pesar, a mesturar, a ter hábitos de hixiene, a ter hábitos alimentarios saudables,...
-Cando nenos e nenas escoitan historias de avós e avoas, historias da infancia dos pais e das nais descubrirán a historia familiar, desenvolverán as emocións, os afectos.
-Cando os fillos e fillas axudan a recoller roupa do tendal, a emparellar pezas de vestir, a dobrar roupa aprenden  simetrías, a ser autónomos, a ter responsabiliade, a mellorar a motricidade, etc
-Cando nenas e nenos participan diariamente en familia na análise e contrastación de novas sobre o coronavirus aprender a reflexionar, a ter espíritu crítico,a debatir, a argumentar,  a ser responsables,...
-Cando deixamos que os fillos e fillas consensúen as actividades a realizar e cando estamos favorecendo a autonomía, a responsabilidade, a pensar,...
-Cando os fillos e fillas axudan a sementar, podar ou desbrozar están aprendendo o respecto pola súa contorna, o nome de productos, de árbores, de plantas, de coidados esenciais 

Que o coronavirus non nos leve a adoptar un novo virus desmedido polo tecnolóxico, adoptemos vida saudable, vida en familia,...
INOCULEMOS unha NOVA EDUCACIÓN, unha nova forma de APRENDER.



lunes, 16 de marzo de 2020

RECURSOS XORNADAS LECTIVAS NO FOGAR MARZO 20


Ante esta situación complexa, diferente debemos ofrecer estatexias e accións para que as familias poidan ser corresponsables na tarefa educativa nestes días de ALARMA NACIONAL polo COVID 19.
O escenario de aprendizaxe no fogar é fantástico para que vivencien que papá, mamá, avoa, avó, irmáns,...son tamén competentes para ensinar e poden tamén colaborar coas profes e cos profes.
Nesta entrada plasmaremos recursos relacionados coa LECTOESCRITURA, ATENCIÓN, MEMORIA, PERCEPCIÓN,... 


BINGO DE LETRAS
ASOCIACIÓN DE LETRAS CON CORES
ASOCIACIÓN DE NÚMEROS CON CORES
EXERCICIOS DE DIRECCIONALIDADE E CRUZADOS
FICHAS DE ATENCIÓN E MEMORIA
LABERINTOS DE LETRAS E NÚMEROS
LER E DEBUXAR
LECTURAS CON SINFÓNS
LECTOESCRITURA CON MAIÚSCULAS
LECTOESCRITURA CON MINÚSCULAS
MEMORIA VISUAL CON LETRAS
MEMORIA VISUAL CON NÚMEROS
MEMORIA VISUAL CON FORMAS XEOMÉTRICAS
MEMORIA VISUAL CON ALIMENTOS
PROPOSTAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN

jueves, 13 de febrero de 2020

DISLEXIA/DEA, VALORACIÓN E METODOLOXÍA


VALORACIÓN

Áreas para a avaliación psicopedagóxicas
Expresión e comprensión oral
Expresión escrita
Habilidade lectora
Comprensión lectora
Cálculo matemático
Razonamento

PASOS A SEGUIR
1-Demanda de avaliación psicoeducativa e/ou psicopedagóxica AO XEFE-A D.O.
2-Desenvolvemento da propia avaliación,
O desenvolvemento xeral da alumna ou do alumno (Orde 31 outubro 96/ D.229/2011 art.34)
Situación escolar:
◦ Historia escolar, Estratexias e estilo de aprendizaxe, Competencia curricular nas distintas áreas ou materias, Proceso evolutivo (embarazo, parto, desenvolvemento)
 As características do contexto escolar:
Organización xeral do centro e da aula, Estratexias e estilo de ensino,Características e relacións que se establecen no grupo clase:
As características do contexto socio-familiar
A avaliación neuropsicolóxica das capacidades ou aptitudes:
• Psicomotricidade
• Cognición
• Linguaxe
• Aprendizaxes instrumentais
• Desenvolvemento socio-emocional
3. Conclusións, onde se especifiquen, segundo a citada Orde do 31 de outubro de
1996, as necesidades educativas da alumna ou do alumno e se oriente sobre o
axuste da intervención educativa, considerando tanto os recursos persoais como os
materias necesarios para axustar a proposta curricular e facilitar o seu
desenvolvemento persoal, familiar e social.

4. Redacción do informe psicopedagóxico (orde 31 outubro 96/ D.229/2011 art.35)
Datos persoais e familiares, desenvolvemento xeral, aspectos relevantes proceso e-a, influencias contexto socio-familiar, identificación de necesidades, orientacións para a proposta curricular e para o desenvolvemento persoal e socio-familiar

5. Información dos resultados e das orientacións
DOCENTES
FAMILIAS
ALUMNO-A

METODOLOXÍA XERAL
-Deseñar camiños variados para aprender.
-Identificar as fortalezas e empregalas para mellorar as competencias do alumnado.
• Valorar as diferenzas individuais.
• Utilizar modelos colaborativos, tarefas integradas, traballo por proxectos,
aprendizaxe-servizo.
• Preparar materiais e estratexias adaptadas á diversidade do alumnado.
• Fomentar a aprendizaxe con actividades da vida real.
• Prestar unha atención permanente ao desenvolvemento emocional do
alumnado.



METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN ALUMNADO
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN CENTRO
Coñecemento da natureza da dificultade específica da aprendizaxe e das repercusións desta no seu desenvolvemento e no seu funcionamento escolar.
• Descubrimento e reforzo dos seus puntos fortes (habilidades, destrezas).
• Recoñecemento das medidas de atención á diversidade que se están poñendo ao seu dispor.
• Establecemento de metas realistas, alcanzables.
• Adquisición e uso de estratexias de autocontrol e relaxación.
• Desenvolvemento da auto-responsabilidade na vida diaria, co coñecemento e uso de rutinas.
• Coñecemento do seu ritmo de aprendizaxe e do proceso que segue para aprender.
• Planificación do seu horario de traballo, tendo en conta os tempos dos que dispón e as súas preferencias.
• Uso dunha axenda na que anotar as tarefas escolares, os exames, os recados, as notas, etc.
• Asegurarse de que conta cos materiais necesarios para o traballo e/ou estudo, colaborando entre os compañeiros e compañeiras.
• Adquisición de hábitos de estudo eficaces: buscar un sitio onde se traballe cómodo e sen elementos de distracción; practicar a realización de resumos, esquemas, mapas conceptuais; etc.
• Adestramento en estratexias para mellorar a memoria, con regras mnemotécnicas propias que favorezan o almacenamento e a recuperación da información.
• Adestramento en auto-instrucións.
• Uso de carteis e notas de cores das cousas que soe esquecer.
• Demanda ao profesorado das explicacións necesarias das cousas que non entende.
• Mellora no uso e no coñecemento das distintas ferramentas informáticas e audiovisuais en canto facilitadoras da aprendizaxe.
• Uso dun dicionario que conte co alfabeto enteiro nas marxes.
Establecer liñas metodolóxicas, a nivel de centro e de etapa educativa, que favorezan a aprendizaxe do alumnado con estas dificultades.
• Consensuar no centro a elección dos métodos de lectura e de escritura a empregar, así como a temporalización das aprendizaxes.
• Potenciar ao máximo a coordinación e transición entre as distintas etapas, especialmente o tránsito de educación infantil -por ser onde se inicia a prelectura e a preescritura- e os primeiros cursos de educación primaria, onde xa se aborda a aprendizaxe da lectura e da escritura propiamente ditas.
Promover plans de formación permanente do profesorado (PFPP) de cara á reflexión sobre aspectos metodolóxicos e a incidencia dos mesmos nas dificultades específicas da aprendizaxe.
• Fomentar a información e a formación do profesorado sobre estratexias para a atención na aula do alumnado con dificultades específicas de
aprendizaxe.
• Establecer, de xeito claro, as propostas para a atención ao alumnado con dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.
• Dotar as aulas de medios tecnolóxicos actualizados e fomentar o seu emprego.
• Sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre aspectos relacionados coas dificultades específicas da aprendizaxe e as respostas educativas posibles.
• Empregar as axendas escolares, sobre todo nos primeiros cursos da ensinanza obrigatoria.
• Poñer en marcha un programa de detección temperá das dificultades específicas da aprendizaxe.
• Optimizar os recursos humanos do centro para a atención ao alumnado con dificultades específicas da aprendizaxe
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN EQUIPO DOCENTE
a. RESPECTO DA MOTIVACIÓN E DA AUTOESTIMA DO ALUMNO OU DA ALUMNA:
Facerlle saber que coñece as súas dificultades, polo que se lle van proporcionar recursos para que no seu proceso de aprendizaxe teña as mesmas oportunidades cós seus compañeiros e compañeiras.
• Planificar algunha tarefa ou actividade na que destaque, proporcionándolle recoñecemento ante os compañeiros e compañeiras. Comentar con el ou con ela os recursos que lle van axudando e resultando útiles, valorando as melloras que vai tendo e corrixindo os posibles erros.
Non dar os resultados das cualificacións en voz alta.
• Facer observacións positivas sobre o seu traballo, reforzando aquilo que necesita mellorar.
b. RESPECTO DA AULA E DAS TAREFAS:
Colocar ao alumno ou á alumna nun lugar no que poida recibir a maior cantidade de información de forma correcta así como para que o profesorado poida comprobar que esa información lle chega ben e a interpreta de forma adecuada.
• Asegurar que a elección dos compañeiros e das compañeiras, cando se organicen traballos en grupo, se realice de forma equitativa, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento de todos eles e elas, tanto desde o punto de vista curricular como social.
Escribir os puntos clave e as palabras novas ao principio da clase, para axudarlle a seguir as explicacións, usando unha tipoloxía (sarakanda, arial, etc.) que defina ben cada letra e un tamaño (12 ou 14) e un interliñado (1,5 ou 2) que facilite a súa lectura. É aconsellable que o fondo do texto sexa en cor crema ou pastel suave, pero non en branco, para evitar que resulte deslumbrante.
• Utilizar apoios visuais (mapas conceptuais, esquemas, organizadores gráficos, …) que lle permitan relacionar os conceptos novos coa experiencia previa.
Proporcionar con antelación o material escrito necesario para seguir a clase, tendo en conta a dificultade deste alumnado para tomar notas e, ao mesmo tempo, atender as explicacións.
• Verificar que ten todo o material e os apuntamentos necesarios para o estudo.
• No caso de practicar lecturas en voz alta, proporcionarllas con suficiente antelación para que as poida preparar, evitando, deste xeito, tensións que menoscaben a súa autoestima.
Asegurarse que entende as tarefas, polo que é adecuado dividilas, variar o formato e verificar a súa comprensión. Non dubidar en repetirlle e explicarlle as cousas as veces que sexa necesario.
Proporcionar instrucións, tanto orais como escritas, claras, concisas e secuenciadas en pasos.
Permitir o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula (calculadoras, gravadoras, tabletas, lectores electrónicos, dicionarios, ortografía, texto para os programas de voz, audio libros, ...), que poden ser ferramentas moi útiles.
Corrixir as tarefas de forma individualizada co alumno ou coa alumna, valorando os traballos polo seu contido e non pola súa forma, e non abusando da cor vermella nas correccións. Mellor usar cores non
“prohibitivas”, dar sempre a palabra ou a resposta correcta e evitar tachar os erros -preferiblemente rodealos-.
• Darlle todo o tempo que necesite para terminar as súas tarefas.
• Fomentar o uso de axendas e/ou calendarios, comprobando que a información anotada é correcta.
• Non limitarlle a súa actividade a tarefas simples, pero si dosificarlle a cantidade de traballo, tendo en conta que lle levará máis tempo facelo có esto do alumnado, tanto na casa como na clase. O equipo docente coordinará e organizará a cantidade de traballo que se lle pode mandar para a casa diariamente.
• Facer observacións positivas sobre o seu traballo, sen deixar de sinalarlle aquilo no que necesita mellorar e a forma de facelo.
• Na medida do posible, evitar que teña que copiar o enunciado dos exercicios, para non consumir o tempo que necesita para entendelos e para dar as respostas.
• Permitirlle o uso do ordenador para entregar traballos escritos.
• Adaptar os libros de lectura ao nivel lector do alumno ou da alumna e ás súas preferencias.
METODOLOXÍA/ORIENTACIÓNS/INTERVENCIÓN FAMILIAS
En xeral:
• Axudarlle a que aprenda a organizar o traballo, a que saiba calcular canto tempo lle supoñerá realizar as tarefas escolares ou preparar un exame, prevendo as pausas para evitar a fatiga excesiva. Recorrer a
axendas visuais das diferentes actividades, tarefas, etc.
• Axudarlle a que sexa capaz de organizar os materiais necesarios para as clases diarias e para as actividades extraescolares.
• Utilizar códigos de cores para favorecer a localización das cousas que necesita.
• Axudarlle a xestionar a súa axenda, de forma diaria e semanal.
• Facer xogos de memoria simples, para axudarlle a preparar exames, e regras mnemotécnicas, para lembrar regras ortográficas, etc.
• Axudarlle a facer mapas conceptuais para mellorar as súas técnicas de traballo intelectual.
• Utilizar recursos informáticos e técnicos adecuados ás súas dificultades.
b. En educación infantil:
• Aproveitar calquera situación da vida cotiá para espertar a curiosidade dos nenos e nenas por todo tipo de texto escrito: literario, funcional e de información ou consulta.
• Falar e escoitar ao seu fillo ou filla, utilizando unha linguaxe rica e expresiva.
• Interesarse polo que fixeron na escola.
• Prestar atención ás preguntas dos nenos e nenas sobre a lectura, mesmo antes de que empecen a aprender formalmente a ler e a escribir.
• Practicar a lectura en voz alta de contos e outro tipo de textos: libros «ilustrados» sobre animais, adiviñas, trabalinguas, xogos de palabras, poesías, etc; achegando o seu fillo ou filla aos mundos maravillosos creados pola literatura.
• Conectar o que len co que sucede na vida cotiá.
• Cantarlles cancións, lerlles libros de rimas e dicirlles trabalinguas divertidos. Estes axudan a que os nenos e nenas se volvan sensibles aos diferentes sons que conteñen as palabras. Pódense utilizar monicreques para facer a actividade máis atractiva.
c. En educación primaria:
• Continuar coas suxestións recomendadas para educación infantil.
• Presentar a lectura como unha maneira divertida e emocionante de ocupar o tempo libre.
• Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre estará ao seu lado para axudarlle, que logrará avances aínda que lle custe moito e que poderá contar con axuda específica para iso.
• Valorar os seus progresos na lectura.
• Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
• Suxerir lecturas, non obrigar a ler.
• Ser paciente co ritmo de lectura do seu fillo ou filla. O mellor que pode facer este ou esta é ler detidamente cada palabra. Como pai ou nai evitar animarlle a adiviñalas. Favorecer o hábito da lectura. A mellor maneira de facelo é poñelo en práctica cada día. É recomendable dedicar todos os días un tempo á lectura en contextos lúdicos, tales como a lectura compartida ou lectura de contos.
• Practicar xogos diversos que axuden a desenvolver a conciencia fonolóxica (dominó de letras, encrucillados, vexo-vexo, palabras encadeadas).
• Traballar en todo momento en colaboración co profesorado.
• Axudarlle a planificar as tarefas longas.
• Realizar actividades para fomentar a comprensión: que lle conte o que leu, prediga o que cre que pasará na historia, faga preguntas ou aclare termos, etc.
• Servir de modelo e ler. Os nenos e nenas imitan o que ven e valoran o que os adultos fan. Ir á biblioteca con frecuencia, onde hai actividades para toda a familia (lectura de contos, ordenadores, axuda coas tarefas e outros eventos para o goce de toda a familia).
• Dar apoio emocional e social: aumentar a súa autoestima reforzando os seus éxitos e os seus logros, recoñecendo o seu esforzo.
• Axudarlle a distribuír as tarefas escolares de acordo a un plan de traballo, plasmándoo de forma visual.
• Na casa, poñer os libros ao alcance dos seus fillos e fillas, de forma que poidan ler unha e outra vez os que lles gusten (non é sempre necesario comprar libros, poden ser de préstamo ou intercambiados con familiares e amizades).
• Converter a lectura nunha actividade de cada día.
• Falarlles durante as comidas e noutros tempos en que a familia estea xunta. Os nenos e as nenas aprenden mellor as palabras cando as oen frecuentemente.
• Aproveitar toda oportunidade para presentarlle palabras novas e interesantes.
• Preguntar ao profesorado de que forma se lles pode axudar.

AVALIACIÓN CURRICULAR
SEMPRE desde os principios de AVALIACIÓN CONTINUA, GLOBAL E FORMATIVA
RECOMENDACIÓNS: Extraordinario coidado do desenvolvemento psicolóxico, do terreo emocional. E para iso o alumno ou a alumna ten que saber, ten que experimentar que o profesorado coñece e comprende a súa realidade, que lle vai axudar en todo o que precise, que lle vai a conceder todo o tempo necesario, que vai permitir que manifeste a súa competencia da forma que mellor lle resulte, pero que tamén lle vai esixir esforzo e rendemento acorde ao seu potencial.
Asegurarse de que entenden o que se lles demanda. E para iso hai que explicarlles, verbalmente ou polo medio que mellor se adapte, as tarefas que se propoñen. E explicárllelas tantas veces como sexan necesarias.
Este proceso é independente de que saiban a resposta ao que se lles demanda. Primeiro hai que asegurarse de que comprenden o que se lles pide.
• Na medida do posible, usar a avaliación oral en lugar da escrita, pois o traslado da información, tanto na escritura como nas operacións, posiblemente non reflicta as súas competencias. Se este alumnado é máis competente na comunicación verbal non debe haber ningún problema en que sexa ese medio o usado na maioría dos procesos de avaliación dos seus coñecementos, da súa competencia curricular.
Cando se use a forma escrita para avaliar, evitar preguntas que requiran unha resposta moi elaborada. Mellor optar por preguntas de SI/NON, de VERDADEIRO/FALSO, de PASO A PASO, de RESPOSTA CURTA, etc., e non penalizar os posibles erros ortográficos ou ser tolerantes con eles. Igualmente, débeselles permitir que expliquen oralmente o que escribiron ou querían escribir.
• Facilitarlles, con suficiente antelación, toda a información necesaria sobre o modelo de exame, a súa estrutura, a forma de complementalo, etc.
• En sesións de traballo colaborativo, usar a avaliación grupal como recurso, onde afloran as fortalezas de cada quen.
Darlles todo o tempo que necesiten para rematar tarefas e, de ser o caso, dosificárllelas, repatírllelas no tempo. Tamén é conveniente adecuar o formato (tipoloxía -sarakanda, arial, etc.- que defina ben cada letra, tamaño -12 ou 14- e interliñado -1,5 ou 2-) e resaltar as palabras clave (utilizando negriñas en lugar de subliñados e de cursivas), de xeito que facilite a súa lectura e comprensión.
Evitar que teñan que copiar as preguntas dun exame, dárllelas impresas e en “monodoses” (cada pregunta, cada operación a realizar debe diferenciarse do conxunto ou da globalidade da actividade). O mesmo, sempre que sexa posible, nas tarefas do día a día.
• Evitar as dobres negacións na formulación das preguntas.
• Corrixirlles e comentarlles persoalmente as súas producións, as súas elaboracións, usando todo tipo de exemplos e de forma reiterada.
• Permitirlles o uso das tecnoloxías da información e da comunicación en todas as tarefas posibles, especialmente como apoio ás súas dificultades na escritura e no cálculo. Táboas de multiplicar, calculadoras, táboas periódicas, etc. deben estar ao dispor do alumnado en todo tipo de probas de avaliación.
• Evitar as connotacións negativas nas correccións das súas tarefas, explicándolles o que debían contestar e como podían facelo.
• Axustar a cantidade de tarefas ao que se pretende comprobar, medir, avaliar. Non se trata de simplificar as tarefas senón de axustar a cantidade e o medio, e ser coherentes na progresividade da complexidade ou dificultade.
Manterlles o mesmo nivel de esixencia có resto do alumnado. O que deben ser distintos son os procedementos, os tempos, etc. Permitirlles o uso de esquemas, de gráficos e de todo aquilo que facilite a súa comprensión.
• Axudarlles a revisar todas as respostas nas probas ou tarefas escritas.
Distribuír adecuadamente as probas específicas de avaliación, con suficiente antelación e evitando a coincidencia de varias no mesmo día.
Valorar, de forma relevante, o traballo do día a día, o esforzo, a actitude, etc. Considerar o conxunto do proceso, non só o resultado.

SEGUIMENTO  DA INTERVENCIÓN
-A nivel de alumnado.
-A nivel de equipo docente.
-A nivel do departamento de orientación.
-A nivel da familia.

RECURSOS TIC
         a. Dispositivos:
Escáner portátil, que permite converter documentos de texto en documentos editables e, ao mesmo tempo, pode traducilos e, incluso, reproducilos en audio.
• Libro electrónico, nos que se pode modificar o espaciado, o formato de letra e, nalgúns casos, converter o texto a voz.
• Portátil ou tablet con corrector ortográfico, gravadora de voz, formato de texto, etc.
• Calculadora, moi útil para asegurar a correcta realización das operación unha vez que se domina a súa mecánica.
b. Programas ou aplicacións que facilitan:
• Modificar formatos, corrixir automaticamente, etc.
• Converter textos a voz e voz a texto.
• Elaborar mapas conceptuais.
• Mellorar a velocidade lectora.
• Incrementar o vocabulario.
• Mellorar a ortografía.
c. Outros recursos:
• Páxinas web do Ministerio de Educación e Formación Profesional e das consellerías de educación das distintas comunidades autónomas.
• Xogos educativos.
• Webs de asociacións de dislexia (exemplos: https://agadix.es, http:// plataformadislexia.org, etc.)
• Webs de departamentos de orientación de centros educativos (exemplos: orientacionandujar, PTsansuena, etc.).Páxinas web que permiten descargar distintas fontes para facilitar a Lectura  (exemplos: https://opendyslexic.org, https://www.dafont.com/es/).