REGRETEANDO PRIMEIRA PARTE
ANTECEDENTES DAS REGRETAS DE CUISENAIRE?
María Montessori e F.
Froebel empregaban regretas para representar números.
QUEN ERA CUISENAIRE?
Georges Cuisenaire,
profesor, publicou no ano 1952 un libro titulado LOS NÚMEROS EN COLOR.
CARACTERÍSTICAS
Este recurso foi moi
desenvolvido e popularizado por CALEB GATTEGNO en moitos paises do mundo. É un recurso tamén
empregado para a ensinanza de idiomas.
As regretas son 10
prismas de 10 cores diferentes e de diferentes lonxitudes.
As equivalencias son:
1= branco, 2=vermello, 3=verde craro, 4=rosa, 5=amarelo, 6=verde oscuro, 7=negro, 8=marrón, 9=azul, 10=laranxa
Algúns dos aspectos
positivos máis relevantes das regretas son que permiten e promoven:
- a interacción
-a manipulación
-a verbalización ao ter
que intercambiar información e ter que argumentar un proceso
- o traballo en equipo e
a titorización entre iguais
-o razonamento
-o pensamento lóxico
-o pensamento analítico
-o pensamento analóxico
-o pensamento
deliberativo
-o compartir
-a resolución de
problemas
-o cálculo
-a numeración
-posibilidade de
actividades multinivel
-a compensación de
desigualdades
Coas
regretas realizamos a función
manipulativa (obxectos da vida real: caramelos, patos, galiñas,...), a gráfica
(reprrsentación da vida real: o prisma verde claro pode representar 3
gominolas, 3 patos,...) e a simbólica (se lle asigna un garabato, unha forma:
1, 2, 3, 4,...)
Para saber máis debedes descargar o código QR que está arriba.