Mostrando entradas con la etiqueta atención temperá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta atención temperá. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de enero de 2019

CLASIFICACIÓN DIAGNÓSTICA DOS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO


O abano de posibilidades para que un neno-nena sexa integrado nos Servizos de Atención Temperá é amplo.
Os TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO entre os 0 e 6 anos poden ser múltiples. agrúpanse en 6 EIXES:
  1. FACTORES BIOLÓXICOS
  2. FACTORES FAMILIARES DE RISCO
  3. FACTORES AMBIENTAIS DE RISCO
  4. TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
  5. FAMILIA
  6. CONTORNA
A continuación, tedes un enlace aos diferentes TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO ou ben escaneades o Código QR que está na parte de arriba:

PATOLOXÍAS ATENCIÓN TEMPERÁ

jueves, 24 de enero de 2019

PATOLOXÍAS INFANTÍS SUBSIDIARIAS DE REHABILITACIÓN 0-6 ANOS

Entre os 0-6 anos existen diferentes patoloxía subsidiarias de rehabilitación. entre elas temos:
  1. patoloxías muscoesqueléticas
  2. patoloxías neurolóxicas
  3. patoloxías cardiopulmonares
  4. patoloxías da fala e da deglutición
Se queredes  coñecer máis escaneade o código QR ou premede no seguinte enlace:

PATOLOXÍAS SUBSIDIARIAS DE REHABILITACIÓN 0-6

miércoles, 23 de enero de 2019

ATENCIÓN TEMPERÁ



A atención Temperá en Galicia  ten, a partir deste Protocolo, vieiro de equidade, de inclusión de compensanción das desigualdades (Título II Lomce).
Tal como aparece expresado na introducción do propio documento " a transcendencia dos cambios sociais e a experiencia acumulada ao longo dos derradeiros anos sinalaron a conveniencia de asumir un novo concepto de atención temperá, baseado nos dereitos dos nenos e nenas, na igualdade de oportunidades e na participación social. Un concepto, ademais, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servizos nos contornos naturais da vida destes nenos e nenas. A aplicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá, significou un punto de inflexión na consideración na atención temperá, por facer realidade un espazo compartido de coordinación e corresponsabilidade entre o sistema de saúde, o sistema educativo e os servizos sociais". A intervención vai ser interdisciplinar xa que se integran os servizos sanitarios, os servizos sociais e o sistema educativo.
 Para  poder descargalo debedes escanear o Código QR ou ben premer no seguinte enlace