viernes, 30 de enero de 2015

PAZ É....

HOXE É O DÍA DA PAZ!
As nenas e os nenos, os seres humanos desexan vivir en PAZ. Unha pomba branca simboliza a PAZ.

PICASSO AMOSOU DE FORMA REITERADA IMAXES DA PAZ, DE NON VIOLENCIA ,...NA SÚA OBRA PICTÓRICA.

DISFRUTEMOS COA SEGUINTE ESCOLMA:




PERO A PREGUNTA PODERÍA SER: QUE É PAZ?

DIVERSIDADE DE RESPOSTAS:




PAZ É..........RIR
PAZ É..........XOGAR
PAZ É..........DAR UN SORRISO

PAZ É..........AFORRAR AUGA
PAZ É..........COIDAR A NOSA CONTORNA
PAZ É.......... NON RIRSE DAS PERSOAS NON CAPACES
PAZ É..........SAUDAR SEMPRE
PAZ É..........OFRECER AXUDA
PAZ É..........COIDAR OS LIBROS  E XOGUETES
PAZ É..........NON TIRAR COS ALIMENTOS



miércoles, 28 de enero de 2015

CINE PARA A FAMILIA E COA FAMILIA!

Lembramos que o xoves 29 teremos unha nova sesión de cine para familias.
Proxectarase ENTRE COPAS
LUGAR SALÓN DE ACTOS DO SEMINARIO TUI
HORA: 20,30 HORAS


O Venres día 30 sesión infantil coa película TOY STORY 3
LUGAR SALÓN DE ACTOS DO SEMINARIO TUI
HORA: 18:00 HORAS


martes, 27 de enero de 2015

Decreto 8/2015 (LEI 4/2011)

Xa está publicado o Decreto 8/2015 que desenvolve a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa.
A participación das familiasnos centros educativos teñen un marco lexislativo para que poida se unha realidade.
Por outra parte, a convivencia é a capacidade para vivir cos demáis, para relacionarxe xuntos nun marco de respecto mutuo e de solidariedade.
Convivencia é aprender a convivie e é unha responsabilidade compartida por toda a comunidade educativa.
A convivencia é un valor en sí mesmo.. é un medio pero tamén un fin.

Abaixo tedes o enlace
http://www.edu.xunta.es/web/node/14282

jueves, 22 de enero de 2015

CAIXAS SORPRESAS DA FALA: SOPRO

A mellora da fala é un dos ámbitos prioritarios no desenvolvemento integral das capacidades do alumnado de Educación Infantil e necesario para a adquisición da linguaxe expresiva, comprensiva,...
Por este motivo a mestra de AL do centro, Patricia Alonso Manzanares deseñou caixas máxicas, caixas sorpresas que teñen como temática:
-BARRIDO FONOLÓXICO
-RESPIRACIÓN
-SOPRO
-FAMILIAS LÉXICAS
-....
Hoxe presentamos algunhas imaxes da CAIXA SORPRESA DO SOPRO que leva as indicacións tanto para o profesorado como para as familias para desenvolver de xeito correcto, atractivo e creativo:








lunes, 19 de enero de 2015

APLICACIÓNS CREAR CONTIDOS PARA TABLETS E MOBILES

Se precisades información para crear recursos educativos dinámicos e creativos non tedes máis que premer no seguinte enlace:
http://proyectoguappis.blogspot.com.es/p/que-es-proyecto-guappis.html

Agora a crear!

viernes, 16 de enero de 2015

OUTRA SESIÓN NO FALADOIRO DE FAMILIAS


As familias, na aula de Ponte Internacional, terán unha sesión de formación DIXITAL.
Aprender xuntos é a mellor das opcións e aprender o emprego creativo das Tic é ofrecer aprendizaxes básicas para  a vida dentroo da formación permanente que preconiza a LOMCE/2013.
Animádevos a participar!

DATAS: 6 DE FEBREIRO E 6 DE MARZO

miércoles, 14 de enero de 2015

E agora que facemos .....SEN CINE?

A continuación, aportamos un texto xornalístico que reflexiona sobre a importancia da educación audiovisual e, que coa prohibición de proxectar films nas aulas ou fóra delas, estamos un pouco orfos.
Canto máis esteamos en contacto co cine e máis mergullemos ao alumnado e as familias coas historias que aparecen nunha película máis público potencial estaremos a promover.