viernes, 30 de octubre de 2020

APRENDENDO A PENSAR XOGANDO!

 


Aí van propostas de xogos para aprender a pensar xogando e amáis promovendo a atención, a percepción visual, as cores, os números ...


Existen diferentes tipoloxía de cartas que poden ser adaptadas a diferentes idades retirando as cartas que sinalan cambio de sentido na orde de xogo dos participantes. Polo tanto, é un xogo que se adapta a un DUA, poden ser multinivel. 

Existen cartas do 0 ao 9 en cores verdes, azuis, vermellas ou amarelas, cartas que suman +2, +4, cartas para mudar o sentido, para perder turno, cambiar cor, prohibido, comodín ou comodín rouba catro, comodían a barallar, comodín personalizable ...

Favorece o xogo que estean concentrados, que se fixen na numeración ou na cor etc.

Gaña a partida quen remate antes de colocar as cartas que ten na man e chegado este momento acumula os puntos das cartas que os outros xogadores teñan na man nese momento. Deberá acumular 500 puntos pero esto pode variarse. Cando solo queda unha carta débese avisar decindo unha do contrario terá que coller unha nova carta se os contrarios se dan conta do esquecemento.

Outro xogo é:


Ten pequenas variacións con respecto ao anterior:

-non existe o 0 e incorpórase o 10

-existen cartas ás que se lle pode otogar o valor que se desexe e son de catro cores.

-cartas negras cun 2 ás que se lle poden outorgar a cor que se desexe.

Cando solo queda unha carta débese avisar decindo DÚAS do contrario terá que coller unha nova carta se os contrarios se dan conta do esquecemento.

Gaña quen acumule 200 puntos.

Agora a divertirse!

E se hai que estar máis tempo no fogar, sen moitas reunións sociais, é mellor ter estratexias para o lecer en familia. 



lunes, 26 de octubre de 2020

lunes, 19 de octubre de 2020

FAMILIAS LECTORAS EN OUTUBRO

 

As historias escritas por mulleres para este mes de outubro para familias son:



  Disfrutade, compartide, soñade, imaxinade ...

lunes, 12 de octubre de 2020

LENDO, LENDO EN OUTUBRO

 

As propostas lectoras para os nenos e nenas de Educación Infantil son:




En canto as propostas lectoras escritas por mulleres para os nenos e nenas para E. Primaria  son:





Non esquezades de compartir tempos de lectura, de ler para imaxinar, para crear, para coñecer ...as historias más fermosas son as que podemos compartir.

miércoles, 7 de octubre de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL OUTUBRO 2020

 


Neste mes de outubro seguimos tendo propostas para tempos de pandemia, para tempos de menos actividades extraescolares, para tempos nas que mamás e papás teletraballan ... pero, sobre todo,  propostas para aprender a ser autónomos, reflexivos, críticos, responsables ...

Como cada mes a MESTRA DE SEMPRE é MARÍA DOLORES FOLGAR VILA (A Illa de Arousa).

Entre as propostas para alumnado de E.I. teremos que crear axendas de tfno, crear crebracabezas con imaxes de revistas,  escoita activa de cancións, creación e resolución de problemas matemáticos, escritura ou gravación de frases máxicas de agarimo ou cuñas publicitarias de recantos, receitas ou de libros.

En canto ás propostas para E. Primaria temos:

Creación de grellas con tarefas corresponsables, escoita activa de programas de radio, creación de podcast, argumentos sobre as consecuencias do cambio climático, escritura de cartas, búsqueda da cartelera de cine etc.

E non esquezades das propostas de cine ou  literatura para nenos-as ou adultos da familia.

CALENDARIO EDUCACIÓN INFANTIL MES DE OUTBRO 

CALENDARIO EDUCACIÓN PRIMARIA MES DE OUTUBRO