Mostrando entradas con la etiqueta aprender a pensar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aprender a pensar. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de octubre de 2020

APRENDENDO A PENSAR XOGANDO!

 


Aí van propostas de xogos para aprender a pensar xogando e amáis promovendo a atención, a percepción visual, as cores, os números ...


Existen diferentes tipoloxía de cartas que poden ser adaptadas a diferentes idades retirando as cartas que sinalan cambio de sentido na orde de xogo dos participantes. Polo tanto, é un xogo que se adapta a un DUA, poden ser multinivel. 

Existen cartas do 0 ao 9 en cores verdes, azuis, vermellas ou amarelas, cartas que suman +2, +4, cartas para mudar o sentido, para perder turno, cambiar cor, prohibido, comodín ou comodín rouba catro, comodían a barallar, comodín personalizable ...

Favorece o xogo que estean concentrados, que se fixen na numeración ou na cor etc.

Gaña a partida quen remate antes de colocar as cartas que ten na man e chegado este momento acumula os puntos das cartas que os outros xogadores teñan na man nese momento. Deberá acumular 500 puntos pero esto pode variarse. Cando solo queda unha carta débese avisar decindo unha do contrario terá que coller unha nova carta se os contrarios se dan conta do esquecemento.

Outro xogo é:


Ten pequenas variacións con respecto ao anterior:

-non existe o 0 e incorpórase o 10

-existen cartas ás que se lle pode otogar o valor que se desexe e son de catro cores.

-cartas negras cun 2 ás que se lle poden outorgar a cor que se desexe.

Cando solo queda unha carta débese avisar decindo DÚAS do contrario terá que coller unha nova carta se os contrarios se dan conta do esquecemento.

Gaña quen acumule 200 puntos.

Agora a divertirse!

E se hai que estar máis tempo no fogar, sen moitas reunións sociais, é mellor ter estratexias para o lecer en familia. 



martes, 16 de octubre de 2018

PENSANDO, PENSANDO!



Aprender a pensar resulta importante se queremos que os nosos nenos e nenas sexan críticos, teñan iniciativa, saiban resolver problemas da vida cotiá, tomen decisións,...
Durante o curso pasado neste blog demos moita importancia a este feito e, por ese motivo, temos un apartado destinado a APRENDER A PENSAR.
Abordamos múltiples estratexias, escribimos sobre modelos de pensamento, dinamizamos estratexias a través de rutas de pensamento (Análise asociativo, círculo intelixente, CTF,...)
Hoxe deixo as palabras de RICHARD GERVER:

Richard Gerver: "Necesitamos que los niños sean pensadores críticos"

Se queredes saber máis, deixo o seguinte enlace.
ENLACE

miércoles, 25 de abril de 2018

PENSANDO COAS FROITAS

Nesta proposta debemos facer pensar ao alumnado sobre a tipoloxía de froitas e as súas características. Temos unhas burbullas de pensamento onde se rexistrarán as semellanzas e outras burbullas onde se rexistran as diferenzas.
Amáis o alumnado terá que realizar unha gravación describindo os pasos realizados.








lunes, 9 de abril de 2018

PAISAXE DE APRENDIZAXE CUNHA CATEDRAL


Hoxe a través desta sección a proposta estará relacionada con desenvolver unha paisaxe de aprendizaxe para coñecer a CATEDRAL DE TUI.
Gardner establece que existen diferentes intelixencias e, este feito fai necesario que se deseñen situacións de aprendizaxe para que esas intelixencias medren e tamén as Competencias Clave, os procesos cognitivos e diferentes modelos de pensamento.
Unha das ferramentas que temos son as PAISAXES DE APRENDIZAXE pois poñen en acción  a posibilidade de que o alumnado fale, converse, comprenda, identifique, estime, avalíe, etc con diferentes niveis de complexidade o que posibilita dar resposta ás diferenzas do alumnado. Traballar deste xeito tamén favorece un DESEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXES (DUA)

Para ter unha guía deixamos un audio:


sábado, 31 de marzo de 2018

APRENDENDO A PENSAR CO TABOLEIRO DE HISTORIAS


Se queremos desenvolver o pensamento creativo ou o pensamento lóxico podemos partir de varias imaxes, figuriñas, ...para crear unha historia con diferentes personaxes. Esta técnica para aprender a pensar chámase TABOLEIRO DE HISTORIAS. As personaxes poden ser creados polo alumnado e estar relacionados coa temática traballada na UDI. 
Esta técnica serve para aprender a construír historias empregando contidos espaciais, numéricos, espaciais, corporais, musicais,...
A historia debe conter: presentación, nó e desenlace. 
Algunhas das preguntas que a historia debe dar resposta son:
-onde acontece a historia?, cando pasou?. que ou quenes son?
-que acontece na historia? quenes están implicados?
-como se resolveu a historia?, que pasou realmente?
Debemos promover o emprego de fórmulas iniciais: érase unha vez, en tempos de María Castaña, Había unha vez,...
Polo que se refire a fórmulas finais temos: Colorín, colorado,...esta historia polo momento está rematada,...
A continuación, fágovos unha proposta para crear unha historia coa sseguintes imaxes:



Animádesvos a crear unha historia onde as personaxes son froitas ou hortalizas? E se a historia acontece nunha cociña? que pasará? que farán?

lunes, 26 de marzo de 2018

TÉCNICAS DE PENSAMENTO


Hoxe toca falar de técnicas de pensamento:
-mapas de feitos
-mapas de fluxo
-liñas do tempo
-o espello
-as partes suman
-intuio e deduzo
-as 6 W: hwo? what? where? when? why? how? (quen?, que?, donde? cando? por que? como?

Se queredes saber máis:



lunes, 19 de marzo de 2018

PENSANDO, PENSANDO: CÍRCULO INTELIXENTE


Hoxe toca pensar co CÍRCULO INTELIXENTE (Escamilla 2017).
Esta técnica promove tamén o aprender a pensar empregando o pensamento sistémico empregando as fortalezas das 8 INTELIXENCIAS MÚLTIPLES:
-Lingüística-Verbal
-Lóxico-Matemática
-Viso-Espacial
-Musical
-Corporal-Cinestésica
-Naturalista
-Intrapersonal
-Interpersonal
Partindo dunha imaxe, dunha ilustración, dun cadro, dunha portada dun conto,... e a través de preguntas o alumnado vai organizando o seu pensamento e poñendo en acción as súas intelixencias.
Un exemplo coa portada de TAM. TIM, TOM (Edit. OQO)


domingo, 11 de marzo de 2018

PENSANDO, PENSANDO!


Queredes seguir descubrindo técnicas para aprender a pensar?
 Escamilla (2017) fala de RPPCS (razoas, pos problemas, contestas, sintetizas), ENTREVISTAS ou DIÁLOGOS como técnicas que desenvolven o pensamento lóxico, analóxico, creativo, crítico ou deliberativo.
RPPCS: cando empregamos esta técnica deben buscar razóns, argumentos ou motivos sobre determinadas situacións: 
-RAZONANDO: a onde imos de excursión?, por que?
-POÑENDO PROBLEMAS: e se chove? e se non hai autobús? e se fai calor?...
-CONTESTANDO: podemos levar un paraugas, podemos ir no coche de mamá,  imos pola sombra,...
-SINTETIZANDO: iremos de excursión porque é moi divertido e se chove non pasa nada porque temos todos paraugas e chuvasqueiro e é moi divertido cahapotear coas botas pola auga. Se o autobús non chega imos no coche de mamá. Se vai calor levamos auga e gorras para tapar o sol. Podemos mollar os pés.

E que vos parece se ensinamos aos nenos e nenas a facer ENTREVISTAS?
Empregaremos interrogantes como:
-quen é?
-que é?
-como é?
-onde está?
-quen?
-con que?
-que pensa?
-que desexa?
-que lle gustaría?,...

Sabedes facer DIÁLOGOS?
-presentación

jueves, 8 de marzo de 2018

PENSANDO CONSECUENCIAS E RESULTADOS


De Bono nos anos 2004 fixo a proposta que traballar a técnica de pensamento CONSECUENCIAS E RESULTADOS (CT).
Foi adaptado por ESCAMILLA (2017) e explica que potencia a flexibilidade de pensamento, o pensamento lóxico, o creativo e o deliberativo. 
Con esta ruta de pensamento, na que podemos empregar organizadores gráfico-visuais, indágase sobre as consecuencias que pode ter un suceso ou un feito: comer froita, pasear, facer actividade física,...para que serviría? Tamén estimula a análise das consecuencias para un mesmo e para os demáis: se pego, se non comparto, ...que pasaría?


 

miércoles, 7 de marzo de 2018

PENSAMOS? UNHA RUTA COA TÉCNICA CTF



Hoxe presentamos unha nova ruta de pensamento: CONSIDERO TODOS OS FACTORES (CTF). Tal como nos explica Escamilla (2017) ten as súas orixes nas propostas de De Bono (2004) e resulta axeitada cando queremos deseñar situacións de aprendizaxe baseada en problemas (ABP). De igual maneira, podemos empregala en debates, asembleas, traballo en grupos cooperativos,, en titorización entre iguais,...
Se empregamos esta técnica estamos favorecendo un pensamento lóxico, e o pensamento creativo
Desenvólvense a imaxinación, os argumentos creativos, búscanse razóns e motivos tantos reais coma fantásticos ou imaxinarios. 
Como vemos a flexibilidade de pensamento vese enriquecida.
Os interrogantes que se plantexan son causais:
  1. por que?, que razóns?, por que debemos facer algo? cales son os motivos?
Atrévemonos a realizar un reto?
Realiza unha ruta de pensamento empregando a técnica Considero Todos os Factores (CTF):
POR QUE IMOS AO COLEXIO?,POR QUE HAI QUE COMER VERDURAS?, POR QUE SE DEBEN COMER FROITAS? POR QUE HAY QUE XOGAR AO AIRE LIBRE?, POR QUE IMOS AO PARQUE?  COMO MOITA FROITA PORQUE..., FAGO DEPORTE PORQUE...,





viernes, 2 de marzo de 2018

AS ESTRUCTURAS COOPERATIVAS


Tal como aparece reflectido na ORDEN ECD 65/2015 no seu Anexo II  o proceso de ensino-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa tendo claro cales son os obxectivos ou metas, cales son os recursos materiais precisos, que tipo de metodoloxía é a máis axeitada ou como pretendemos avaliar  para que sexa un proceso para mellorar e aprender como elemnto retroalimentador do proceso.
A metodoloxía elexida debe partir, necesariamente, do papel que os docentes temos no proceso de e-a, é dicir debemos ser PROMOTORES, FACILITADORES, MEDIADORES das CCCC e, por este motivo debemos, empregar ofrecer estratexias para a tender á diversidade de intereses, motivacións, destrezas, habilidades, ritmos e estilos de aprendizaxe (art. 3 D. 229/2011).  
Un dos recursos metodolóxicos que podemos empregar  son as prácticas de traballo cooperativo xa que favorecen a motivación por aprender nos alumnos e alumnas xerando neles a curiosidade e a necesidade por adquirir os coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias. Amáis para potenciar a motivación pola aprendizaxe de competencias requírense, ademais,metodoloxías activa se contextualizadas. A través das aprendizaxes cooperativa, os membros do grupo coñecen as estratexias utilizadas polos seus compañeiros e asi as podan aplicar a situacións similares.Para un proceso de ensino-aprendizaxe competencial as estratexias interactivas son as máis adecuadas, ao permitir compartir e construír o coñecemento. 
As prácticas de aprendizaxe cooperativo, son segundo Pujolás o uso didáctico de equipos reducidos de alumnos se pode aproveitar ao máximo a interacción entre eles co fin de maximizar a aprendizaxe de todos. Os principais elementos desta aprendizaxe son: a responsabilidade individual, a participación equitativa, a interacción simultánea, a axuda mutua e a autoavaliación grupal. As estruturas máis empregadas son: 1 – 2 – 4, lapis ao centro, números iguais xuntos, folio xiratorio, lectura compartida,... 

EXEMPLOS DE ESTRUCTURAS COOPERATIVAS.
 
·      1 – 2 – 4, no cal dentro dun equipo base, cada un (1) pensa cal é a resposta correcta a unha pregunta exposta polo mestre. Despois póñense de dous en dous (2), intercambian respostas e coméntanas. Finalmente, todo o equipo (4) decide cal é a resposta máis axeitada á pregunta exposta. Intentan construír unha nova resposta que inclúa os elementos das anteriores.
·     Lapis ao centro, na cal o mestre reparte a cada equipo unha folla co mesmo número de preguntas ou exercicios que membros do equipo. Cada alumno faise cargo dunha das preguntas, lea en voz alta, asegúrase de que tódolos membros aportan información ou opinan, e comproban que todos saben e entenden a resposta consensuada. Cando un expón a súa pregunta e todos falan sobre ela, poñen os lapis ao centro da mesa para indicar que é momento de falar e escoitar, cando todos teñen clara a resposta, cada un colle o seu lapis e a escribe no seu caderno. É momento de escribir.
·    Números iguais xuntos, na cal resólvese a tarefa coa anterior estrutura e o terminar, o mestre escolle un número do 1 ao 4 ao azar (cada un dos membros do grupo ten un número asignado). Quen teñen ese número en cada equipo deben saír dun en un ante os demais e expor a solución.
·      Folio xiratorio, na cal o mestre asígnalles unha tarefa aos equipos e un dos membros de cada equipo comeza a escribir a súa parte ou a súa aportación nun folio xiratorio. Mentres tanto os seus compañeiros fíxanse no que fai, axúdano, corríxeno,… A continuación pásallo o compañeiro do lado seguindo as agullas do reloxo, para que tamén escriba a súa parte e así sucesivamente.
·    Lectura compartida, na cal realizase a lectura dun texto de forma compartida nun equipo. O número 1 le un parágrafo, o seguinte resúmeo, o terceiro explícao e o cuarto indica unha palabra clave que o sintetice.
·    Parada de 3 minutos: cando os docentes fan unha explicación a todo un grupo deben facer unha parada de 3 minutos para que o alumando en grupos cooperativos pensen e reflexionen sobre o explicado e plantexen 1 pregunta ao rematar os 3 minutos. Se hai algunha pregunta repetida xa non se realizará.

jueves, 1 de marzo de 2018

PENSAMOS?


Seguimos facendo propostas para ensinar e aprender a pensar. Hoxe facemos a proposta de realizar un remuíño de ideas pero comparando obxectos, froitas, persoas, profesións, medios de transporte,... 
Na columna de círculos-burbullas centrais imos rexistrando as similitudes e nas burbullas de fóra rexistramos as diferenzas.
A ruta de pensamento podemos iniciala da seguinte maneira:
  1. En que se parecen?
  2. En que se diferencian?
  3. Utilidade
  4. Traballos relacionados
  5. Obxectos relacionados

Queredes ver un resultado?



miércoles, 28 de febrero de 2018

PENSAMOS? UN RETO COA ANÁLISE ASOCIATIVA


Seguimos facendo visibles estratexias para ensinar e aprender a pensar.
Hoxe toca revisar a ANÁLISE ASOCIATIVA (Fonte: Ensinar e aprender a pensar. Escamilla, 2017): A ROUPA,
Esta análise asociativa trata de levarnos a facer unha ruta global ou radial do pensamento.  Serve para identificar os coñecementos previos, debate e deliberación en grupos cooperativos.
Poden empregarse organizador visual para que sexa máis doado seguir os pasos da análise.
A análise asociativa parte de facernos preguntas que nos leven a reflexionar sobre unha temática:
  1. Onde?, como? (situaciación espacial, forma, cores, tamaño, ...)
  2. Cando?, canto? (duración, sucesión, simultaniedade,...)
  3. De que?, con que?, dende cando? (orixe ou procedencia) 
  4. Por que, que? (razóns, causas, factores,...)
  5. Para que?, quen? con que? (funcionalidade, utilidade, ferramentas,  traballos,...
  6. Como?por que? (coidados, normas, valores, principios,...)
RETOS:
-Realiza unha análise asociativa para saber moito sobre OS COCHES.
-Realiza unha análise asociativa para saber moito sobre UN CADRO.
-Realiza unha análise asociativa para saber moito sobre A PELÍCULA BALLERINA.

Un modelo de organizador gráfico:

 




martes, 27 de febrero de 2018

PENSAMOS? UN RETO COA RODA LÓXICA


Para aprender a pensar debemos poñer ao alumnado e aos fillos e fillas en situacións para facelo.
Existen moitas situacións da vida cotiá que poden servir para aprender a pensar.
Hoxe imos facer a proposta coa técnica RODA LÓXICA (Escamilla 2017). Esta técnica axuda a estructurar o pensamento e a seguir unha ruta para a construcción gradual de contidos traballando diferentes destrezas e habilidades cognitivas.
Serve para que se identifiquen coñecemento previos, para determinar que se aprendeu, permiten que os cativos aprendan de forma autónoma seguindo as 4 fases.
Desenvólvense diferentes procesos cognitivos (Bloom revisado por Anderson et al. 2001) como son: identificar, comparar, establecer relacións de causa-efecto, argumentar, valorar.

domingo, 25 de febrero de 2018

PENSAMOS? UN RETO



Podemos ensinar ou aprender a pensar partindo dun REMUÍÑO DE IDEAS (BRAINSTORM, Osborn). Esta técnica para aprender a pensar é, nas palabras de Escamilla (2017) moi divertida pero sempre leva detrás unha folla de ruta pois os pensamentos precisan de rutas como:
-que é?
-cómo é?
-onde está?
-para que?,...
Os remuíño de ideas serven para favorecer os sentimentos, a imaxinación, para que primeiro pensen  para que deliberen, ...

Hoxe o reto para aprender a pensar propoño un reto:

Temos que pensar en profesións relacionadas cun LIBRO.
Empregaremos un organizador gráfico-visual....

Deixovos unha mostra:








miércoles, 21 de febrero de 2018

APRENDENDO A PENSAR CON ORGANIZADORES GRÁFICOS


Aos nenos e ás nenas debemos ofrecerlles estratexias para que poidan aprender a pensar. As rutas e destrezas de pensamento son primordiais para que poñan en acción diferentes modelos de pensamento: deliberativo, analóxico, analítico, créativo,... 
Amais as técnicas para ensinar e aprender a pensar (Escamilla 2017) como poden ser :
Análise asociativa, roda lóxica, CTF (considero todos os factores), CeR  (consecuencias e resultados), Círculo Intelixente, remuiños de ideasentrevistas, VET (Viaxes no espazo e no tempo), etc. favorecen o razonamento verbal, a atención, a concentración, o razonamento analítico,...
Dende o Dto. de Orientación estamos a promover a integración de ensinar e aprender a pensar como unha ferramenta para unha metodoloxía máis activa, máis creativa, máis integral, máis inclusiva,... Debemos focalizar a nosa atención na mediación das aprendizaxes para que os nenos e as nenas poidan ter un papel activo na construccións desas aprendizaxes e non só na presentación de contidos. Deben construír aprendizaxes para que poidan transferilos á súa vida cotiá. debemos promover secuencia sdidácticas nas que o alumnado aprenda de forma eficaz, ordenada, autónoma, ... Lembremos que facer nenos e nenas competentes supón que as aprendizaxes sean un camiño de ida e volta: da escola á familia e á sociedade e da familia á escola.
Aprender a  pensar supón tamén incrementar a nosa autoestima, a nosa intelixencia, o esforzo e perseverancia,...
Iniciamos este camiño a través dos contos. En grupos cooperativos pensamos sobre cal será o título e porqué o saben, que significa e para que serve unha editorial, como distinguir a persoa escritora da ilustradora, cal é a formula inicial ou palabras iniciais do libro, que personaxes aparecen, onde acontece a historia, cal é o problema ou a trama, cando acontece, como foi o desenlace, cales son as fórmulas finais ou verbas finais, cales son ás palabras que máis gustaron,  como podería ser outro final,...

Co alumnado de E. Infantil estamos a desenvolver rutas de pensamento cos contos. Aí van unhas mostras:





 

miércoles, 4 de octubre de 2017

APRENDEMOS A PENSAR?


Cando se pretende que un neno ou nena aprenda de forma existosa debemos tamén saber que aprende en función das secuencias didácticas propostas. Unha das finalidades da educación é que nenas e nenos aprendan a pensar, a reflexionar, a cuestionar, a crear, a deliberar, etc. 
Pero para poñer en acción estes modelos de pensamento será necesario que traballemos a través de destrezas e rutinas de pensamento.

Na escola débense deseñar situacións de aprendizaxe en diferentes  ambientes-escenarios-contextos  para que o alumnado APRENDA A PENSAR.  El Aprendizaje Basado no Pensamento -TBL- incide no desenvolvemento de destrezas e rutinas de pensamento que se infusionan no curriculo (Swartz, Perkins, Escamilla)

Non esquezamos que as aprendizaxes competenciais  levan enxeridas saber pensar.

Na aprendizaxe baseada no pensamento, podemos destacar as destrezas e as rutinas de pensamento.

As destrezas de pensamento son segundo Robert Swartz, patróns sinxelos de pensamento axudan a estruturar e analizar a información. En E.I. son interesantes as destrezas que se desenvolven a través de organizadores visuis-mapas visuais.

Exemplos:

  • burbullas de coñecemento,
  • análise asociativa, roda lóxica,
  • CTF (considerar todos os factores),
  • CeR (consecuencias e resultados),
  • círculo intelixente,
  • RPPCS (razoas, pos problemas, contestas, sintetizas)


As rutas de pensamento segundo Perkins (1998) son procedementos, procesos ou patróns sinxelos de razoamento que axudan aos alumnos a aprender a pensar. Algunhas das rutinas que se levan a cabo son:

Vexo, penso e pregúntome,
Antes pensaba… Agora penso… e o titular,
Penso-interésame-investigo,
10 veces dúas,
principio-medio-final,
3,2,1 ponte (3 pensamentos, 2 preguntas, 1 comparación)




  
Outras estratexias para ensinar e aprender a pensar son:

  •  Remuíño de ideas
  • Entrevistas,
  • diálogos,
  • taboleiros das historias,
  • VET (Viaxes no espazo e no tempo)
  • como o fago, como o farei,
  • como son eu como son os demáis,
  • rastrexador de problemas.


PARA SABER MÁIS