Cando se pretende que un neno ou nena aprenda de forma existosa debemos tamén saber que aprende en función das secuencias didácticas propostas. Unha das finalidades da educación é que nenas e nenos aprendan a pensar, a reflexionar, a cuestionar, a crear, a deliberar, etc.
Pero para poñer en acción estes modelos de pensamento será necesario que traballemos a través de destrezas e rutinas de pensamento.
Na escola débense deseñar situacións de aprendizaxe en diferentes ambientes-escenarios-contextos para que o alumnado APRENDA A PENSAR. El
Aprendizaje Basado no Pensamento -TBL- incide no desenvolvemento de destrezas e
rutinas de pensamento que se infusionan no curriculo (Swartz, Perkins,
Escamilla)
Non esquezamos que as aprendizaxes competenciais levan enxeridas saber pensar.
Na aprendizaxe baseada
no pensamento, podemos destacar as destrezas
e as rutinas de pensamento.
As destrezas de pensamento son segundo Robert Swartz, patróns sinxelos de pensamento axudan a estruturar e
analizar a información. En E.I. son interesantes as destrezas que se
desenvolven a través de organizadores visuis-mapas visuais.
Exemplos:
- burbullas de coñecemento,
- análise asociativa, roda lóxica,
- CTF (considerar todos os factores),
- CeR (consecuencias e resultados),
- círculo intelixente,
- RPPCS (razoas, pos problemas, contestas, sintetizas)
As rutas de pensamento segundo Perkins
(1998) son procedementos, procesos ou patróns sinxelos de razoamento que
axudan aos alumnos a aprender a pensar.
Algunhas das rutinas que se levan a cabo son:
Vexo, penso
e pregúntome,
Antes
pensaba… Agora penso… e o titular,
Penso-interésame-investigo,
10 veces dúas,
principio-medio-final,
3,2,1 ponte (3 pensamentos, 2 preguntas, 1 comparación)
Outras estratexias para
ensinar e aprender a pensar son:
- Remuíño de ideas
- Entrevistas,
- diálogos,
- taboleiros das historias,
- VET (Viaxes no espazo e no tempo)
- como o fago, como o farei,
- como son eu como son os demáis,
- rastrexador de problemas.
PARA SABER MÁIS