miércoles, 4 de octubre de 2017

ESCENARIOS-AMBIENTES DE APRENDIZAXE

O alumnado aprende en moitos ambientes ou escenarios xa que sempre debemos buscar as aprendizaxes situadas e contextualizadas:
No contexto familiar, no contexto social e cultural, a través da robótica,... 
O profesorado e as familias deben diversificar eses escenarios e darlles protagonismo pois desta maneira damos respostas á diversidade de intereses, motivacións, competencias, habilidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, realidades sociais e familiares,.... En definitiva estamos promovendo queque as secuencias didácticas e de aprendizaxe respondan á DIVERSIDADE.
Algúns dos ambientes de aprendizaxe que existen no centro son: ROBOTICREANDO, NUMERADOIRO, ALIMENTA-T BEN, BIBLIOTECA, CONTORNA FAMILIAR, CONTORNO CULTURAL, PROXECTAMOS, MUSICRA, TICREANDO, FALADOIRO CREATIVO, INGLÉS, VERBADEIRO.
Nestes escenario aprendemos a programar, resolver e crear códigos para o ESCORNABOT, resolvemos cos números problemas da vida cotiá, comparamos números e cantidades, asociamos cantidades e non só resolver sumas ou contar de forma mecánica, indagarase sobre diferentes tipos de alimentos como fonte de saúde, pescudaremos na biblioteca para resolver interrogantes, no fogar realizaremos operacións rastrexo ou indagacións sobre prendas de vestir, alimentos perecedoiros, consumo de auga ou luz,...
No contexto cultural aprenderán que hai fontes, muíños, árbores, animais, cores, arumes,...No escenario de Musicra descubrirán os sons do corpo, os sons do ambiente e da contorna e os ritmos, melodías, cancións e coplas. Co emprego das TIC faranse máis creativos, críticos, responsables. No Faladoiro e no Verbadeiro aprenderán a falar, escoitar, conversar, ler, escribir,...No espazo INGLÉS descubrirán unha nova forma de falar e de expresarse.
Sexamos creativos buscando actividades e secuencias didácticas onde se empreguen os difere4ntes ambientes ou escenarios.