Para dar axuda ás familias e aos centros educativos con alumnado e familias afectadas pola explosión de Paramos (Tui) deixamos recursos da páxina web do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia e do seu GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS (GIPCE).
Guía de autoaxuda
Protocolo de actuación en centros educativos
domingo, 27 de mayo de 2018
domingo, 20 de mayo de 2018
A PLANIFICACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA E APRENDIZAXE: PAPELEO OU NECESIDADE
A escola de nais e pais titulada PENSANDO NUNHA NOVA EDUCACIÓN chega á súa penúltima etapa por este curso.
A temática é: A PLANIFICACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA E APRENDIZAXE: PAPELEO OU NECESIDADE.
A persoa encargada de abordar esta temática será MARTA ÁLVARO GARCÍA Inspectora de Educación da Comunidade de Madrid.
No programa de radio que estará en antena ás 12,30 horas afondará nesta temática cunha visión multicontextual polo que dará información relevante para as familias e para os docentes.
lunes, 14 de mayo de 2018
A CAIXA MÁXICA DA INTERVENCIÓN
Hoxe presentamos unha caixa máxica para a intervención educativa no contexto familiar.
Cada caixa é personalizada para cada neno-nena según a diversidade do alumnado en canto a intereses, motivacións, estilos de aprendizaxes, habilidades, competencias, ...
A caixa contén uns pequenos agasallos: 4 coches de cores, 1 caixa de rotuladores, 1 lápiz e unha goma.
As familias serán formadas para o uso e finalidade das propostas.
-AUDIOS gravados nun USB con propostas de actividades para mellora a percepción auditiva.
-ABECEDARIO
-CAIXA DE REGRETAS
-1 SOBRE CON BLOQUES
-PROPOSTAS DE ATENCIÓN E DE PERCEPCIÓN VISUAL
-ATENCIÓN E MEMORIA VISUAL
-PERCEPCIÓN ESPACIAL CON POMPÓNS
-1 CONTO
-PROPOSTAS CON MINIARCO
-MEMORY
-BANCO DE IMAXES
-TANGRAM
-TANGRAM
sábado, 12 de mayo de 2018
DUA E PLANIFICACIÓN CURRICULAR MULTINIVEL
Se planificamos dende enfoques inclusivos, equitativos, diversos debemos facelo a través dunha PLANIFICACIÓN CURRICULAR MULTINIVEL que promova o derrube de barreiras sociais, estructurais, emocionais, curriculares, organizativas,...
É necesario ter en conta aspectos relacionados coa neurociencia, coa educación e a cognición ou o que é o mesmo PSICOLOXÍA COGNITIVA, CIENCIAS DAS APRENDIZAXES, NEUROCIENCIA E PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO (Arathoon Giron, 2016).
debemos pensar que para que se produzan as aprendizaxes deben entrar en acción redes afectivas (porque da aprendizaxe), redes de recoñecemento (que de aprendizaxes) e redes estratéxicas (como das aprendizaxes).
Polo anterior, a planificación do proceso de ensinanza e de aprendizaxe debe dinamizar posibilidades diversas para que o alumnado teña perseverancia, esforzo ou interese e que saiba autorregularse. De igual maneira debe ofrecer diversas opcións para a comprensión, para a expresión,para a representación, para a percepción, para as funcións executivas, para a comunicación, para a transferencia, ...
Se facemos este plantexamento estaremos dando resposta á diversidade.
Ex. A uns alumnos ou alumnas deberemos ofrecerlles a información a través de imaxes, textos impresos e dixitais, a outros a través de audios, convertores de voz, de organizadores gráficos, etc.
Outro aspecto a ter en conta é que os recursos empregados e a metodoloxía conformann a andamiaxe para acceder ao currículo pois este non pode ser a barreira que separa ao alumnado da aprendizaxe.
Un dos mellores recursos son osTIC que non leven cara ás TIC e as TEP.
debemos pensar que para que se produzan as aprendizaxes deben entrar en acción redes afectivas (porque da aprendizaxe), redes de recoñecemento (que de aprendizaxes) e redes estratéxicas (como das aprendizaxes).
Polo anterior, a planificación do proceso de ensinanza e de aprendizaxe debe dinamizar posibilidades diversas para que o alumnado teña perseverancia, esforzo ou interese e que saiba autorregularse. De igual maneira debe ofrecer diversas opcións para a comprensión, para a expresión,para a representación, para a percepción, para as funcións executivas, para a comunicación, para a transferencia, ...
Se facemos este plantexamento estaremos dando resposta á diversidade.
Ex. A uns alumnos ou alumnas deberemos ofrecerlles a información a través de imaxes, textos impresos e dixitais, a outros a través de audios, convertores de voz, de organizadores gráficos, etc.
Outro aspecto a ter en conta é que os recursos empregados e a metodoloxía conformann a andamiaxe para acceder ao currículo pois este non pode ser a barreira que separa ao alumnado da aprendizaxe.
Un dos mellores recursos son osTIC que non leven cara ás TIC e as TEP.
viernes, 11 de mayo de 2018
PENSAMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO: OAOA
Continuamos amosando outras propostas para ensinar e aprender matemáticas.
Hoxe presentamos OAOA, OUTROS ALGORITMOS PARA AS OPERACIÓNS ARITMÉTICAS. O movimento OAOA, pretende renovar os algoritmos tradicionais das operacións
aritméticas, e tamén englobar todos os aspectos que teñen que ver con esta
disciplina; numéración, cálculo, medida, geometría, estadística, azar y
probabilidad, resolución de problemas,...
Se queredes saber máis debedes abrir o seguinte enlace:
OAOA
jueves, 10 de mayo de 2018
DEIXATE ATRAPAR POLA MÚSICA DE MALIKIAN
Sempre é necesario por en contacto coas melodías musicais ao alumnado pero tamén na contorna familiar.
A través do disfrute dunha peza musical desenvólvense procesos psicolóxicos como a percepción ou a atención pero tamén a motivación.
Deixo un enlace a unha composición de MALIKIAN:
PISANDO FLORES
sábado, 5 de mayo de 2018
TIC, TAC, TEP
As TIC, as TAC e as TEP son as ferramentas para unha educación do s. XXI, para unha educación inclusiva, para unha educación que ten como referente un DISEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXES.
Para saber máis debedes entrar na seguinte WEB
viernes, 4 de mayo de 2018
DEIXATE ATRAPAR POLO CINE
O cine que nos mira deste mes detense nas seguintes películas:
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
ADULTOS
MEMORIA, ATENCIÓN E ORIENTACIÓN ESPACIAL
As pautas metodolóxicas
aportadas pretender acadar 3 obxectivos:
· -
prevención
· -
recuperación
·
-enriquecemento
A continuación, referenciaremos algunhas cuestións teóricas que fan
referencia a procesos psicolóxicos ou funcións cognitivas:
A ATENCIÓN
A atención é un proceso de certa
complexidade par definir. é unha función cerebral superior, responsable de
preparar o sistema cognitivo para percibir, dirixir a intención e actuar. en
todo este proceso, a atención cumpre funcións diversas:
·
manter un
estado de alerta
·
atender a
estímulos relevantes e ignorar os que non cumpren con esa regla
·
concentrarse
nas tarefas
·
ter en conta
as instruccións recibidas para exercutar tarefas
·
preparar
respostas axeitadas
·
manter a
concentración por un periodo de tempo axustado
No contexto escolar, a ATENCIÓN é un requisito necesario para que
o proceso de aprendizaxe sexa exitoso.
Algunha das CARACTERÍSTICAS MÁIS
RELEVANTES do alumnado con dificultades para unha atención sostida son:
·
Non atenden
en situacións de escoita e/ou asembleas
·
Non reciben a
información relevante
·
Non reteñen
as instruccións das tarefas ainda secuenciadas
·
cometen erros
na realización das tarefas ainda que as comprendan
·
situacións de
non escoita e distraccións continuas
·
centran a súa
atención en estímulos non relevantes e ignoran os que sí son
·
cústalles
atender a varios estímulos á vez
·
teñen
dificultades para manter a atención durante un tempo prolongado
Pero o máis importante é que a atención pode desenvolverse e estimularse e
as súas dificultades non son permanentes.
Para a estimulación da atención podemos desenvolver actividades, tarefas e
exercicios, ...que que teñan en conta o spam
atencional (amplitude de estímulos aos que se poden atender), atención selectiva ou focal (atendese a
un estímulo e ignórase outro) e atención
serial (buscar estímulos repetidos entre outros que fan de distractores) e
se traballarían a partir de estímulos visuais.
Algúnha exemplificación de tipos de exerciciós serían:
·
Emparellar
imaxes iguais
·
Sinalar as
imaxes iguais á primeira
·
Identificar
parellas iguais
·
Discriminar
as imaxes que son iguais ao modelo
·
Sinalar
imaxes diferentes nunha fila ou columna
·
Discriminar sons
de instrumentos ou da vida cotiá
·
Identificar determinado
son entre moitos
A MEMORIA
A memoria é a función cognitiva responsable de almacenar e recuperar a
información. Estase dando moita importancia á memoria de traballo que non é
máis que unha función executiva e dun tipo de memoria a corto plazo
encargada de manter e manipular temporalmente a información necesaria para
realizar unha determinada tarefa, similar á MEMORIA RAM dos equipos
informáticos.
A MEMORIA ten unha especial implicación nas aprendizaxes condicionando o
proceso de ensinanza. A memoria promove e favorece as seguintes cuestiópns:
·
Reter as instruccións
orais ou as pautas en audios
·
Recordar
información obtida dos contos ou das historias
·
Realizar
operacións mentais
·
Realizar
actividades de forma autónoma
·
Explicar o
proceso desenvuelto para a realización dunha tarefa (pode empregarse
pictogramas, imaxes, debuxos,…)
·
Observar a
posición de obxectos-letras-formas xeométricas,..e ser quen de colocalas nunha
táboa na mesma posición ou lugar
A maioría das veces, o alumnado ten dificultades de MEMORIA cando manipulan
estímulos auditivos, visuais ou rítmicos polo que teremos en conta estes
ámbitos á hora de deseñar exemplos de tarefas:
·
Memoria
visual a través de debuxos: presentamos lámina con imaxes durante un tempo
determinado 30-35” e traballamos o vocabulario. A continuación, retiramos a
lámina e deben recordar a s imaxes
·
Memoria
auditiva de palabras: nomeamos palabras (2-3-4,…) unha por segundo maís ou
menos e o alumnado debe repetila na mesma orde.
·
Memoria
auditiva de números: o alumno-a repetirá os números escoitados previamente
·
Memoria
auditiva de ritmos
·
Memoria de
estímulos táctis: o adulto cun lápiz toca diferentes partes do corpo (2-3-4,…)
e o alumno-a deberá recordar a secuencia.
·
Memoria
motriz a través de xestos: o adulto executa unha serie de xestos e o alumno-a
debe repetilos na mesma orde
· Memoria
espacial: o adulto sinala unas imaxes nunha determinada orde e o alumno-a
deberá sinalalos na mesma orde.
ORIENTACIÓN ESPACIAL
A orientación espacial é unha capacidade intelectual implicada na
percepción e o procesamento de estímulos relacionados coa súa posición e
distribución no espacio. É unha capacidade que ten valor por sí mesma e que é
necesaria para saber adaptarse ao medio e poder sobrevivir.
Por outra parte, a orientación espacial está implicada na adquisición e
dominio de procesos de aprendizaxe básicos como lectura, escritura, numeración,
cálculo,…
O alumnado con dificultades na orientación espacial presentan alguna das
seguintes síntomas:
· -
Confunden dereita e esquerda, arriba-abaixo,
diante-detrás,…
·
-Cústalles
imitar os xestos que fai unha persoa diante deles
· -
Dificultade
para realizar debuxos formados por figuras xeométricas
·
-Dificultade
para a realización de puzles ou construccións
· -
Dificultade
para organizarse no folio ou ficha
· -
Inversión de
números, letras, confusión de letras similares (p-b, m-n, d-p,…)
Os ámbitos que deben ser traballados son:
·
-Integración do
esquema corporal
· -
Posición no
espazo
·
-Estructuración
e organización espacial
· -Habilidades
visomotoras
· -
Análise
visual
·
-Praxias
constructivas
-escoitar audios e expresar oralmente o que acaba de escoitar
-realizar autoinstruccións
-observar imaxes aparentemente iguais e localizar diferenzas
-escoitar audios e executar as instruccións
-observar páxinas e, sen mirar, expresar oralmente o que acaba de observar
-reproducir a colocación de bloques lóxicos seguindo instruccións,...
-repetición de números ou letras,...
jueves, 3 de mayo de 2018
DEIXATE ATRAPAR POR HISTORIAS CON MOITO CONTO
No mes de maio temos propostas de libros para imaxinar.
As propostas para nenos e nenas de E. Infantil son:
As propostas para nenos e nenas de 6 a 12 anos son:
As propostas para as familias son:
miércoles, 2 de mayo de 2018
APRENDENDO COS LIBROS
As propostas de libros para aprender centraranse nas Comunidades de Aprendizaxe, no DUA, no desenvolvemento de escolas inclusivas ou en propostas para ensinar a pensar.
Tamén é importante que os nenos e nenas aprendan en diferentes escenarios, en diferentes ambientes.
As familias deben saber que se educa nun xantar familiar, nun teatro, cando se vai ao cine, cando se ordena a habitación, cando se fai deporte, cando se fan actividades complementarias, cando se vai facer a compara o supermercado,...
Tamén é importante que os nenos e nenas aprendan en diferentes escenarios, en diferentes ambientes.
As familias deben saber que se educa nun xantar familiar, nun teatro, cando se vai ao cine, cando se ordena a habitación, cando se fai deporte, cando se fan actividades complementarias, cando se vai facer a compara o supermercado,...
martes, 1 de mayo de 2018
AMBIENTES OU CONTEXTOS DE APRENDIZAXE
En múltiples entradas deste blog falamos
da necesidade de adecuar e dar resposta á diversidade de motivacións,
intereses, capacidades, habilidades, ritmos e estilos de aprendizaxe do
alumnado (art. 3 D. 229/2011). Tamén que era necesario deseñar
secuencias tendo como referente unha planificación multinivel para que exista un DUA, un CONTEXTO de APRENDIZAXE UNIVERSAL.
Un DUA integra planificación curricular pero tamén metodoloxías dinámicas, inclusivas, cooperativas, participativas, flexibles, ... e un AMBIENTE DE APRENDIZAXE que integre espazos e recursos como oportunidade de aprender, de vivir, de convivir,...
Este tipo de espazos favorecen e promoven a indagación, a pescuda, a experimentación, o descubrimento, a autonomía, a iniciativa, a toma de decisións, o aprender a aprender,...pero tamén o desenvolvemento de modos de pensamento diversos (creativo, analóxico, analítico, sistémico, deliberativo,...) e, por suposto, as IIMM.
Para que teñades máis información deixo un enlace dunha experiencia na Comunidade Valenciá:
CUANDO EL ESPACIO SE CONVIERTE EN EL TERCER MAESTRO
Tamén resulta importante ter en conta que os contidos a traballar son un dos elementos curriculares que poden favorecer a resposta á diversidade pois poden ser secuenciados a través dun plantexamento multinivel.
O profesor JOSÉ BLAS GARCÍA así o establecé no seguinte artigo:
LOS CONTENIDOS COMO CONTINENTE?
Tamén resulta importante ter en conta que os contidos a traballar son un dos elementos curriculares que poden favorecer a resposta á diversidade pois poden ser secuenciados a través dun plantexamento multinivel.
O profesor JOSÉ BLAS GARCÍA así o establecé no seguinte artigo:
LOS CONTENIDOS COMO CONTINENTE?
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE MAIO 2018
Xa estamos no mes de MAIO e facemos propostas de actividades competenciais e funcionais para desenvolver no contexto familiar.
O CALENDARIO COMPETENCIAL DE MAIO 2018
pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a
intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia
en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,
dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter
iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes
ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de
aprendizaxe.Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.
CALENDARIO DE E. INFANTIL MES DE MAIO
CALENDARIO E. INFANTIL 2 MES DE MAIO
CALENDARIO MES DE MAIO E. PRIMARIA
CALENDARIO MES DE MAIO 2 E. PRIMARIA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)