jueves, 25 de abril de 2019

TÉCNICAS DE APRENDIZAXE COOPERATIVO

Non fai falta establecer a importancia das aprendizaxes en grupos cooperativos.
As diferentes técnicas serven para activar coñecementos previos, presentar contidos, planificar un traballo, organizar debates, organizar e crear información, sintetizar ou xerar ideas, etc.
Non poden existir secuencias didácticas onde o profesorado non tome en consideración as técnicas de aprendizaxe cooperativo pois integran de forma natural o desenvolvemento das Competencias en CL, CSIEE ou CSC.
Pero tamén desenvolve as capacidades cognitivas, sociais e emocionais.
Se queredes  saber máis clicade no seguinte enlace:


lunes, 22 de abril de 2019

PAISAXE DE APRENDIZAXE INCLUSIVO

A proposta que presentamos pretende facer visible que os nenos e nenas poden buscar información, poden motivarse, poden ter interese, poden implicarse nas aprendizaxes dunha forma activa.
Empregando unha paisaxe de aprendizaxe o alumnado foi pasando polas diferentes fases da paisaxe: PREPÁRATE, INVESTIGA, RESOLVE, COMUNICA E VALORA. A temática foi elexida por un alumno para poder "empoderalo" e integralo nas aprendizaxes. Este alumno foi o experto que ía conducindo  e motivando ao resto. Se queres aprender con nós clica en cada enlace interactivo.


domingo, 21 de abril de 2019

sábado, 20 de abril de 2019

ATENCIÓN E PERCEPCIÓN CON FIGURAS

 
 Seguimos ofertando propostas para a mellora da atención como requisito imprescindible para mellorar o proceso de desenvolvemento da lectoescritura e do razonamento lóxico.
 


jueves, 18 de abril de 2019

LECTURAS COMPRENSIVAS


Seguimos ofrecéndovos lecturas que desenvolvan procesos como atención, memoria, motivación e percepción.
Estas propostas lecturas favorecen a comprensión escrita e tamén a expresión escrita.
Promoven o traballo autónomo de nenos e nenas tan necesario en E. I. e E.P.
LECTURAS COMPRENSIVAS

PAUTAS INCLUSIVAS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA

Sempre é necesario ter presente que a diversidade é unha realidade nas aulas e nas familias. Por este motivo, ofrecemos unha pautas  inclusivas de intervención que teñen en conta aspectos metodolóxicos, curriculares, didácticos,...
PAUTAS INCLUSIVAS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA

ESCOLA DE NAIS E PAIS: GAMIFICACIÓN



Xa estamos chegando ao remate do mes de abril e, polo tanto, teremos unha nova sección da ESCOLA DE NAIS E PAIS en colaboración coa RADIO MUNICIPAL de TUI. Día 24 de abril ás 12,30 horas.
Nesta ocasión abordaremos a importancia dunha das APRENDIZAXES A TRAVÉS DE RETOS (GAMIFICACIÓN) que promoverá o interese, a motivación, a implicación activa do alumnado como actores da súa propia aprendizaxe. A persoa experta que entrará en antena de forma altruísta e gratuíta será AITOR BARBOSA, experto investigador nesta temática.
Non desaproveitemos a oportunidade de facerlle preguntas deixándoas por escrito no número de tfno. 664061200 e el respostará o día da emisión.

LECTURAS CON FRASES COMPRENSIVAS

Seguimos ofrecéndovos lecturas que desenvolvan procesos como atención, memoria, motivación e percepción.
Estas propostas lecturas favorecen a comprensión escrita e tamén a expresión escrita.
Promoven o traballo autónomo de nenos e nenas tan necesario en E. I. e E.P.
LECTURAS COMPRENSIVAS CON FRASES

LECTOESCRITURA CON RETOS

A lectura en educación infantil é un proceso que integra percepción, memoria, motivación.
Facemos unha proposta a partir de retos ben con maiúsculas ou con minúsculas. Cando rematen o coñecemento das vogais ou de cada fonema terán a posibilidade de acadar 4 puntos para que os vaian acumulando e canxeando por algo que lles guste (un paseo con mamá e papá, minutos coa tablet, unha sesión de cine,...). Ao final hai unha táboa para ir rexistrando os puntos acadados. 
Lembrade que as familias sodes copartícipes e as primeiras responsables da educación e dos procesos de aprendizaxe dos fillos e fillas.


LENDO ADULTOS PARA IMAXINAR EN ABRIL 19

En abril as familias disfrutan de lecturas. Lecturas para soñar, para imaxinar, para emocionarse,...


miércoles, 17 de abril de 2019

LECTOESCRITURA CON SINFÓNS





Para aqueles nenos e nenas que xa estean nun proceso avanzado da lectura e da escritura propoño un traballo a través dos sinfóns. Tamén servirá para realizar un traballo de fluidez lectora, comprensión lectora, expresión oral e escrita, percepción, memoria, ...
PROPOSTAS LECTORAS CON SINFÓNS

MEMORIA, MEMORIA

A memoria é un dos procesos psicolóxicos básicos imprescindibles para o desenvolvemento das aprendizaxes.
A continuación deixo unhas propostas para traballar a atención a través de números, de letras, de oficios,...
MEMORIA A TRAVÉS DOS ALIMENTOS

MEMORIA A TRAVÉS DAS LETRAS

MEMORIA A TRAVÉS DOS NÚMEROS E LETRAS

MEMORIA A TRAVÉS DOS OFICIOS

martes, 16 de abril de 2019

INNOVACIÓN EDUCATIVA: HOXE E SEMPRE

¿Qué es innovación?

Si tomamos como referencia el DRALE Innovación es un cambio que introduce novedades y que modifica elementos ya existentes con el fin de mejorarlos o renovarlos. Proviene del latín "innovatio" que significa crear algo nuevo. Sin embargo, innovar es también partir de lo que ya existe para ir reformulando y recreando.
Se queredes coñecer máis sobre esta temática premede no seguinte enlace.
Autora: T. Domínguez (abril 2019)


ENLACE

O CINE QUE NOS MIRA, ABRIL 19 ADULTOS


Os adultos tamén teñen as súas propostas no mes de abril.



domingo, 14 de abril de 2019

O CINE QUE NOS MIRA, ABRIL

No mes de abril tamén no calendario competencial facemos propostas cinéfilas. Ese cine que nos mira lévanos a vivir ou revivir as historias de:
CINE E. INFANTIL

 
CINE PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
 






LENDO PARA IMAXINAR EN ABRIL

En abril libros mil! En abril lecturas mil!
As propostas lectoras de EDUCACIÓN INFANTIL para este mes son:






As propostas lectoras de EDUCACIÓN PRIMARIA son:










viernes, 12 de abril de 2019

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE ABRIL


Xa estamos en abril e as familias teñen mil e unha posibilidades de aprender cos seus fillos e fillas, de pensar, de imaxinar, de ler, de ter sesións de cine en familia,  de resolver enigmas en contos, de conversar en familia, gravar titoriais sobre a importancia de non consumer exceso de azucre, crear un guión e gravar unha película empregando o móbil, de escoitar música ou de practicar inglés, de planificar menús saudables, indagar sobre mulleres, facer carreira sen familia, realizar algunha visita a recantos con encanto da provincia (Cotobade, Combarro, As Neves, Cerdedo, Catoira, Meis, Poio), crear un mapa da zona e identificar percorridos,...
As nosas heroinas deste mes: JULIA CARO (violonchelista), NOELIA GONZÁLEZ (acordionista), CHUS LAGO (alpinista) A educación compartida é máis sensata, máis coherente, máis motivadora, máis ilusionante,...A través das propostas do calendario educamos na realidade, no asombro e para a vida dende a propia vida e o que é moi importante unha EDUCACIÓN INCLUSIVA que compensa desigualdade.




martes, 9 de abril de 2019

PLANIFICACIÓN MULTINIVEL

A Planificación Multinivel amáis de ter en conta o acceso á información, os diferentes soportes para recibir e expresar información, as diferentes estratexias metodolóxicas ou os diferentes instrumentos, tempos de avaliación precisa ter claros cales son os contidos nucleares-subiacentes-prioritarios, aqueles contidos complementarios, os enriquecidos ou os personalizados.
A modo de exemplo o seguinte: 

EXEMPLIFICACIÓN SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS MULTINIVEL, 3º E.P.

Escollemos un área ou varias. Reflexionamos sobre os elementos curriculares relacionados cun E.A. ou Contido. Determinamos cal é o concepto subyacente (Collicot) ou contido nuclear ou prioritario que é necesario aprender.
  d
  h
  o
  B4.6.O noso patrimonio natural, histórico e cultural. Os espazos protexidos.
  B4.4.Desenvolver a curiosidade por coñecer as formas da vida humana no pasado, valorando a importancia que teñen os restos para o coñecemento e estudo da historia e como patrimonio cultural que hai que coidar e legar.
  CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico do contorno próximo e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
  CSC
  CCEC

Partimos analizando o seguinte E.A.:
  CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico do contorno próximo e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

Ten varios procesos cognitivos como identifica, valora, respecta. Aparece tamén que o patrimonio que precisan identificar, valorar e respectar é o natural, histórico, cultural e artístico:
  CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico do contorno próximo e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

Para o alumnado de 3º de E.P. podemos priorizar en aspectos de valoración e respecto polo patrimonio natural: ríos, regatos, fontes,… xa que é o patrimonio menos coñecido ou ben porque é o patrimonio que disfrutan no tempo de lecer e constituirían, polo tanto, os conceptos subyacentes ou contidos nucleares-prioritarios que terían un carácter obrigatorio para todo o alumnado.  Como contidos complementarios poderíanse integrar os restos de patrimonio relacionados coa auga: muiños, fontes ou lavadoiros.
Os restos de patrimonio histórico, cultural e artístico nos servirían para ofrecer contidos enriquecidos motivadores para activar os coñecementos previos ou  para que certo nº de alumnos-as logren motivarse porque aparece a igrexa do seu barrio ou parroquia, o cruceiro do torreiro da festa ou unha escultura que está na súa rúa ou praza.
Ademáis poderiase propoñer un reto: sobre que quererías indagar? Que che apetecería facer para concierciarnos da importancia do patrimonio da zona? cales serán os restos de patrimonio artístico da zona que máis che gustaría presentar a outros alumnos-as das aulas/ persoas? Atréveste a indagar? Estes contidos serían personalizados permitindo empoderar ao alumnado outorgando máis autonomía nas súas aprendizaxes, para que se "autoaxusten" sendo capaces de definir  ás súas propias preferencias e contextos e promovendo o uso das Tic.

TAREFA INTEGRADA
Para a elaboración dunha tarefa integrada concebida como un RETO ou MISIÓN: Deseño e creación dun folleto descritivo dos mellores recantos de auga da zona e decálogo de argumentos para a súa conservación.
ACTIVIDADES CON CONTIDOS NUCLEARES-PRIORITARIOS E OBRIGATORIOS
1.    Presentación das actividades de anticipación e de motivación  empregando diferentes  soportes, textos, … (Acceso á información) por exemplo: presentación dun vídeo con patrimonio natural de auga da zona, vídeo con subtítulos y audios de patrimonio cultural e artístico da zona,  folletos turísticos,  imaxes cos nomes  dos lugares e ubicación, mapas da zona con códigos QR que expliquen o patrimonio da zona,... O alumnado nesta fase prepárase para a indagación e tamén para aportar ideas para aprendizaxes relacionados, coñecementos previos sobre a temática
1.    Rexistro do que saben, do que teñen que aprender, onde poden aprender ou buscar información,…
O alumnado terá unha grella-rexistro que poderá completarse con imaxes, títulos de libros, capturas de pantallas, fotocopias, emoticonos, pictogramas,…
REXISTRO
Que sei sobre a temática
Que teño que aprender/facer
Quen me axudou
Dificultades
Aprendizaxes pendentes
Reflexión global







2.    Investigación sobre a importancia da auga e recursos naturais e patrimoniais de auga na zona: listado de zonas de auga con debuxos, videolistados, audiolistados, …
3.    Establece solucións á misión/reto encomendado: audios, mapas mentais, recheo de folleto xa deseñado e aportado polos compañeiros-as, docente, listado dos recantos con complemento de audios,…
4.    Explica o producto creado: con apoios visuais, gravando a exposición previamente e insertándoa no P. Point ou empregando Genial.ly, ou fotografiando o producto e realizando unha montaxe con Kizoa,...
5.    Reflexiona sobre o realizado con texto escrito, con audios ou   mesmamente con debuxos , emoticonos, fotografías,...
ACTIVIDADES CON CONTIDOS COMPLEMENTARIOS
1.    Creación e ubicación dos recursos patrimoniais nun mapa da zona
ACTIVIDADES CON CONTIDOS ENRIQUECIDOS (de carácter alternativo)
1.    Búsqueda, análise de recursos patrimoniais relacionados coa escultura ou pintura  e dos creadores-as dos mesmos creando un poster en soporte papel ou dixital coa información.
ACTIVIDADES CON CONTIDOS PERSONALIZADOS (de carácter optativo)
1.    Realización dun maratón fotográfico na zona fotografiando aqueles exemplos de patrimonio cultural, artístico, etc que máis gusten ao alumnado argumentando a elección.
2.    Realización dun producto socialmente relevante elexido libremente e relacionado coa temática empregando soportes diferentes,...



viernes, 5 de abril de 2019

PAUTAS EDUCATIVAS BÁSICAS

Chega o momento da incorporación de nenas e nenos á etapa de E. Infantil e tamén é o momento no que as conductas disruptivas traspasan as portas da contorna familiar e se fan visibles.
Para que isto non sexa un problema debedes saber que os nenos e as nenas, os fillos e as fillas non chegan con manual de instruccións. Amáis cada ser humano é diferente e diversos e, por este motivo, é necesario ter como referentes unhas normas básicas para a convivencia familiar, para as relacións sociais no fogar, para as relacións afewctivas e emocionais,... Fillos e fillas precisan de estabilidade emociuonal, de coherencia e continuidade nas demandas, ... Por este motivo, as pautas seguintes poderán paliar certos momentos de desacougo coas conductas dos máis pequenos.