A proposta que presentamos pretende facer visible que os nenos e nenas poden buscar información, poden motivarse, poden ter interese, poden implicarse nas aprendizaxes dunha forma activa.
Empregando unha paisaxe de aprendizaxe o alumnado foi pasando polas diferentes fases da paisaxe: PREPÁRATE, INVESTIGA, RESOLVE, COMUNICA E VALORA. A temática foi elexida por un alumno para poder "empoderalo" e integralo nas aprendizaxes. Este alumno foi o experto que ía conducindo e motivando ao resto. Se queres aprender con nós clica en cada enlace interactivo.