domingo, 28 de junio de 2015

CALENDARIOS COMPETENCIAIS PARA O VERÁN

Aí van os calendarios competenciais para o verán con propostas para realizar en familia:

https://www.dropbox.com/s/mgmkrpergi04ibx/XULLO%2015.pdf?dl=0

https://www.dropbox.com/s/o6nf79qsshvi6eg/AGOSTO.pdf?dl=0

UN ATA PRONTO !



Benqueridas familias,

Un novo curso remata e parece que foi onte!

Queremos desexarvos unhas vacacións preñadas de vivencias familiares, de ledicia, de xogos compartidos, de andainas polo monte e pola praia, festas,...

Agora queremos deixarvos algunha recomendación:
Durante o verán as nenas e nenos deben descansar das tarefas escolares pero poden realizar moitíiiiiiisimas  tarefas da vida diaria que podan axudar ao desenvolvemento de capacidades e de competencias. No calendario que se vos entregou dende o Dto. De Orientación tedes múltiples propostas que promoven a capacidade de atención, de memoria, as habilidades lectoescritoras,  matemáticas, a ter autonomía, a pensar,...

Algúns exemplos eran:
-realizar a lista da compra con imaxes ou escribindo
-recordar letras, escribir palabras (ainda que non saiban por todas)
-practicar a numeración contando, agrupando,...
-recordar cantigas, adiviñas, cancións, refráns,...
-realizar andainas descubrindo tesouros (fonte, lavadoiro, unha árbore,...)
-recoller e por a mesa a diario
-recoller, agrupar a roupa que se recolle do tendal,...
-axudar a elaborar as merendas, as ceas,...
-ler as imaxes dos contos (se non saben facer unha lectura convencional) e contalos aos demáis
-ler contos entre os diferentes membros da familia (con texto ou con imaxes) xa que favorece a imaxinación, a creatividade e a linguaxe verbal,...
-facer xogos de sopro, de respiración, de discriminar sons,...
-cando se vai en coche ir decindo as cores dos coches e/ou matrículas e/ou marcas,...

Propostas para mellorar a percepción
-localizar nas páxinas dun conto determinados obxectos, pesoas, animais, ….: atopa un personaxe que leva un pantalón azul, localiza as cousas que hai detrás do cabalo do príncipe,…
-busca no folleto de publicidade do supermercado botes de leite semellantes aos que hai na casa, paquetes  de galletas da mesma marca, iogures da mesma cor,…
-identifica  e enumera todo o que aparece detrás das figuras principais do conto na páxina 3 ou 7….
- localiza (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) formas  cadradas ou triangulares,…persoas que leven un pantalón curto ou verde, ou longo; un coche de cor azul; unha nena loira ou un neno moreno,…
-busca (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) cousas, persoas ,árbores,…que estean perto da muller que ten o vestido verde ou lonxe do neno que leva un pantalón branco ou ao redor da casa grande,…
-nomea e di a cor das cousas que están enriba da meseta da cociña,…
-identifica sons que hai no fogar: a batidora, a lavadora, o secador, o microondas, a billa de auga, auga a ferver na pota,…
-localiza arumes e cheiros no fogar: lexivia, fregacháns, loureiro, cebola, allo, colonia, xabón,…
-busca obxectos agochados polo seu son: despertador, secador, a serea dun coche, …

Algunhas estratexias para a mellora da memoria visual e auditiva no contexto familiar poden ser:
-recordar as principais personaxes dun conto
-lembrar as accións que desenvolven na trama dun conto ou película as personaxes
-enumerar os alimentos que se tomaron no almorzo, no xantar, na merenda,...
-nomear as prendas de vestir que levamos o día anterior e as cores
-lembrar a historia dos debuxos animados que se visionaron pola tarde
-recordar o que se fixo o fin de semana
-mostrar unha páxina dun conto ou folleto publicitario durante varios minutos e, a continuación, enumerar obxectos
-colocar enriba da mesa 3-4 pezas con formas xeométricas ou obxectos de uso cotiá (culler, servilleta, prato, calcetín, pano da cociña, prendedor do pelo,...) facer que os observe e, a continuación, retiralos debendo colocar de novo os obxectos ou pezas.
-elexir as prendas de vestir para o día seguinte (mamá ou papá agocha algunha) e localizar pola mañán as que faltan.
-redactar a lista da compra e ir buscando a mercancía no supermercado ou tenda sen mirar (cada vez ir recordando máis artigos)
- papá, mamá, avoa,...comunica cousas a realizar ou productos que hai que mercar e, as nenas ou nenos, deberán ser quen de enumeralos.

Como vedes un verán para xogar e disfrutar das fillas e dos fillos.
As familias son a parte máis importante e relevante no proceso educativo. Sen o voso apoio, compromiso e implicación o ÉXITO EDUCATIVO NUNCA SERÁ POSIBLE.



martes, 2 de junio de 2015

CALENDARIO COMPETENCIAL DE XUÑO

Xa estamos en xuño!
Se queredes acompañar aos vosos fillos a aprender e a ser cada vez máis competentes vos ofrecemos un CALENDARIO COMPETENCIAL.
Se o colledes con ilusión veredes as posibilidades de aprendizaxe que ten.
Son propostas de actividades competenciais en familia tan necesarias nestas etapas da vida para poder "ANDAMIAR" de forma exitosa etapas posteriores onde precisar ter MOI desenvolvidos procesos psicolóxicos como ATENCIÓN, PERCEPCIÓN, MEMORIA, PENSAMENTO, LINGUAXE,...
ENLACE a continuación:
CALENDARIO COMPETENCIAL DE XUÑO