Familias:
Xa
estamos nun novo ano e o Dto. de Orientación
debe seguir ofecendo unha forma diferente de aprender en familia. O alumnado non solo aprende nas aulas tamén
aprende no espazo familiar. As aprendizaxes
que se realizan en familia e dentro
da contorna social, cultural e natural son moito
máis significativos e competentes. Ademáis motivan máis, interesan máis e,
polo tanto, convertiranse en APRENDIZAXES CLAVE para o seu desenvolvemento
emocional, intelectual, motriz, social,...
Solo temos que querer aprender
xuntos pois os fillos e as fillas comprometeranse e implicaranse nas aprendizaxes cando intúen,
percibe, senten,... que as familias comparten con eles ese esforzo, ese gusto
por aprender, por coñecer, por experimentar. Entre as finalidades do deseño deste CALENDARIO
COMPETENCIAL 2017 está ofrecer estratexias para mellorar a memoria,
a iniciativa, a autonomía, a atención
sostida, a escoita activa,... e
tamén a compartir, a falar mellor, a resolver situacións, a tomar
decisións, ...que favorecerán o éxito
escolar e persoal. É un deber das
persoas educadoras de ofrecer as familias recursos para orientar
as aprendizaxes e para educar máis e mellor. É un dereito dos fillos e fillas que os seus proxenitores ou titores legais se impliquen e se comprometan na súa
educación. Todos xuntos podemos sempre mellorar.
O deseño pedagóxico e didáctico do calendario é da xefa do Dto. de Orientación.
As propostas de Inglés foron deseñadas por ELVI PEREIRA, as de música por ADELA GONZÁLEZ, as actividades para a mellora da fala son autoría de PATRICIA ALONSO.
A maquetación realizouna Javie Argüelles.
Docentes:
Debemos acadar un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a
igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e
alumna desenvolva ao máximo as súas potencialidades.
Debemos promover a potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha
renovación na práctica docente e no proceso de ensino e aprendizaxe.
En Primaria e en Infantil propóñense novos enfoques na
aprendizaxe e na avaliación, que van supoñer un importante cambio nas tarefas
que teñen que resolver os alumnos e as alumnas, e propostas metodolóxicas
innovadoras. Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,
coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros
compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para
lograr unha acción eficaz. Xa que logo, as competencias considéranse como
coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación
activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no
contexto educativo formal, a través do currículo, coma nos contextos educativos
non formais e informais; conceptualízanse como «un saber facer» que se aplica a
unha diversidade de contextos académicos, sociais e profesionais.
Para lograr este proceso de cambio curricular é
preciso favorecer unha visión interdisciplinaria e, de xeito especial,
posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de forma que permita
satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O rol do
persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou
situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a
aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á
acción.