Páginas

CALENDARIO COMPETENCIAL 2017



Familias:
Xa estamos nun novo ano e o Dto. de Orientación  debe seguir ofecendo unha forma diferente de aprender en familia. O  alumnado non solo aprende nas aulas tamén aprende no espazo familiar. As aprendizaxes que se realizan en familia e dentro da contorna social, cultural e natural son moito máis significativos e competentes. Ademáis motivan máis, interesan máis e, polo tanto, convertiranse en APRENDIZAXES CLAVE para o seu desenvolvemento emocional, intelectual, motriz, social,...  Solo temos que querer aprender xuntos pois os fillos e as fillas comprometeranse  e implicaranse nas aprendizaxes cando intúen, percibe, senten,... que as familias comparten con eles ese esforzo, ese gusto por aprender, por coñecer, por experimentar. Entre as  finalidades do deseño deste CALENDARIO COMPETENCIAL 2017  está ofrecer estratexias para mellorar  a memoria, a iniciativa, a autonomía, a atención sostida, a escoita activa,... e tamén a compartir, a falar mellor, a resolver situacións, a tomar decisións, ...que favorecerán o éxito escolar e persoal. É un deber das persoas educadoras de ofrecer as familias recursos para orientar as aprendizaxes e para educar máis e mellor. É un dereito dos fillos e fillas que os seus proxenitores ou titores legais se impliquen e se comprometan na súa educación. Todos xuntos podemos sempre mellorar.
O deseño pedagóxico e didáctico do calendario é da xefa do Dto. de Orientación.
As propostas de Inglés foron deseñadas por ELVI PEREIRA, as de música por ADELA GONZÁLEZ, as actividades para a mellora da fala son autoría de PATRICIA ALONSO.
A maquetación realizouna Javie Argüelles.
 

Docentes:
 
Debemos acadar un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e alumna desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

Debemos promover a potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha renovación na práctica docente e no proce­so de ensino e aprendizaxe.

En Primaria e en Infantil propóñense novos enfoques na aprendizaxe e na avaliación, que van supoñer un importante cambio nas tarefas que teñen que resolver os alumnos e as alumnas, e propostas metodolóxicas innovadoras. Unha competencia supón a combi­nación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emo­cións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Xa que logo, as competencias considéranse como coñece­mento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, coma nos contextos educativos non formais e informais; conceptualízanse como «un saber facer» que se aplica a unha diversidade de contextos académicos, sociais e profesionais. 

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de ensino e aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas as áreas de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais coma nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquirennun de­terminado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desen­volvemento mediante o cal os individuos van adquirindomaioresniveis de desempeño no seu uso.


Para lograr este proceso de cambio curricular é preciso favorecer unha visión interdis­ciplinaria e, de xeito especial, posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de forma que permita satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O rol do persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á acción.


jueves, 26 de enero de 2017

5º FALADOIRO DE EDUCACIÓN




O  xoves 2 de febreiro de 2017 ás 18:00 horas  teremos a seguinte sesión dos FALADOIROS DE EDUCACIÓN  organizado polo CRA MESTRA CLARA TORRES E S. SOCIAIS do CONCELLO DE TUI.  IMPARTE: CENTRO DE ESTIMULACIÓN E APRENDIZAXE ARROLÁN. Falaremos da importancia de educar establecendo normas, hábitos pero tamén educando as emocións que nos leven a promover un pensamento positivo, a ter capacidade para empatizar, de poñerse no lugar dos outros, o autocoñecemento e a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos,...