O ANO 2107 REMATA E CON EL MOITAS PROPOSTAS PARA DESENVOLVER APRENDIZAXES FUNCIONAIS NO CONTEXTO FAMILIAR: TAREFAS CORRESPONSÁBEIS, COLABORACIÓN NA LIMPEZA DA CASA, ELABORACIÓN DA LISTA DA COMPRA,...
Mostrando entradas con la etiqueta calendario2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta calendario2017. Mostrar todas las entradas
domingo, 3 de diciembre de 2017
miércoles, 8 de noviembre de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE NOVEMBRO
XA ESTAMOS REMATANDO O ANO 2017.
PERO AINDA QUEDAN MOITAS APRENDIZAXES FUNCIONAIS QUE REALIZAR.
AI VAN:
PROPOSTAS MES DE NOVEMBRO, 1
PROPOSTAS MES DE NOVEMBRO, 2
PERO AINDA QUEDAN MOITAS APRENDIZAXES FUNCIONAIS QUE REALIZAR.
AI VAN:
PROPOSTAS MES DE NOVEMBRO, 1
PROPOSTAS MES DE NOVEMBRO, 2
miércoles, 11 de octubre de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE OUTUBRO 2017
Queredes axudar aos vosos fillos e fillas a que desenvolvan aprendizaxes funcionais para a vida?
Pois a continuación tedes diversas posibilidades de acción:
-escoitar en familia pezas musicais
-facer pompas de xabón en familia
-identificar e nomear obxectos do fogar expresando a súa utilidade
-campeonato de memoria,...
Non desaproveitedes esta ocasión de acompañalos a aprender!
PROPOSTAS 1
PROPOSTAS 2

viernes, 15 de septiembre de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL SETEMBRO 17
Aparecen propostas para realizar en familia, propostas que promoven a iniciativa e a autonomía, que dinamizan o coñecemento da contorna natural e patrimonial, que estimular a linguaxe verbal en canto tedes que falar, conversar, escoitar. Ao mesmo tempo favorece o incremento da atención, da percepción, da agudeza auditiva e visual,...
A educación dos fillos e das fillas debe ter o contexto referencial ou o escenario de referencia no fogar.
ENLACE
miércoles, 5 de julio de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL XULLO E AGOSTO
No verán os vosos fillos e fillas deberán igualmente desenvolver aprendizaxes funcionais, aprendizaxes integrados na contorna social, cultural, natural e familiar.
As nenas e nenos experimentarán con materiais como area, cunchas, paus,...e tamén contarán, medirán, compararán,...
Colaborarán en tarefas do fogar: poñer a mesa, limpar e ordear o seu cuarto, ordear o baño,...
Deste xeito, aprenderán de forma vivenciada o valor da axuda, da corresponsabilidade, da colaboración,..
ENLACE AOS CALENDARIOS COMPETENCIAIS XULLO E AGOSTO

jueves, 1 de junio de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE XUÑO
O CALENDARIO DO MES DE XUÑO SEGUE TENDO PROPOSTAS DE APRENDIZAXES FUNCIONAIS EN FAMILIA
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE XUÑO 2017
martes, 2 de mayo de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE MAIO 2017
lunes, 3 de abril de 2017
CALENDARIO DE APRENDIZAXES FUNCIONAIS MES DE ABRIL
Xa estamos en abril de 2017.
Proposta de actividades para desenvolver en familia que promoven aprendizaxes funcionais: ler en familia, escribir ou debuxar a lista da compra, recoller o cuarto, axudar a elaborar un prato de comida,...

jueves, 2 de marzo de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL PARA APRENDIZAXES FUNCIONAIS
XA ESTAMOS EN MARZO!
E, DE NOVO, TEMOS O CALENDARIO COMPETENCIAL CON PROPOSTAS DE APRENDIZAXES FUNCIONAIS PARA AS FAMILIAS
domingo, 29 de enero de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL 2017
Familias:
Xa
estamos nun novo ano e o Dto. de Orientación
debe seguir ofecendo unha forma diferente de aprender en familia. O alumnado non solo aprende nas aulas tamén
aprende no espazo familiar. As aprendizaxes
que se realizan en familia e dentro
da contorna social, cultural e natural son moito
máis significativos e competentes. Ademáis motivan máis, interesan máis e,
polo tanto, convertiranse en APRENDIZAXES CLAVE para o seu desenvolvemento
emocional, intelectual, motriz, social,...
Solo temos que querer aprender
xuntos pois os fillos e as fillas comprometeranse e implicaranse nas aprendizaxes cando intúen,
percibe, senten,... que as familias comparten con eles ese esforzo, ese gusto
por aprender, por coñecer, por experimentar. Entre as finalidades do deseño deste CALENDARIO
COMPETENCIAL 2017 está ofrecer estratexias para mellorar a memoria,
a iniciativa, a autonomía, a atención
sostida, a escoita activa,... e
tamén a compartir, a falar mellor, a resolver situacións, a tomar
decisións, ...que favorecerán o éxito
escolar e persoal. É un deber das
persoas educadoras de ofrecer as familias recursos para orientar
as aprendizaxes e para educar máis e mellor. É un dereito dos fillos e fillas que os seus proxenitores ou titores legais se impliquen e se comprometan na súa
educación. Todos xuntos podemos sempre mellorar.
O deseño pedagóxico e didáctico do calendario é da xefa do Dto. de Orientación.
As propostas de Inglés foron deseñadas por ELVI PEREIRA, as de música por ADELA GONZÁLEZ, as actividades para a mellora da fala son autoría de PATRICIA ALONSO.
A maquetación realizouna Javie Argüelles.

Docentes:
Debemos acadar un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a
igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e
alumna desenvolva ao máximo as súas potencialidades.
Debemos promover a potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha
renovación na práctica docente e no proceso de ensino e aprendizaxe.
En Primaria e en Infantil propóñense novos enfoques na
aprendizaxe e na avaliación, que van supoñer un importante cambio nas tarefas
que teñen que resolver os alumnos e as alumnas, e propostas metodolóxicas
innovadoras. Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas,
coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros
compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para
lograr unha acción eficaz. Xa que logo, as competencias considéranse como
coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación
activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no
contexto educativo formal, a través do currículo, coma nos contextos educativos
non formais e informais; conceptualízanse como «un saber facer» que se aplica a
unha diversidade de contextos académicos, sociais e profesionais.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa
transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de
ensino e aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas as áreas de
coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade
educativa, tanto nos ámbitos formais coma nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquirennun determinado
momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento
mediante o cal os individuos van adquirindomaioresniveis de desempeño no seu
uso.
Para lograr este proceso de cambio curricular é
preciso favorecer unha visión interdisciplinaria e, de xeito especial,
posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de forma que permita
satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O rol do
persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou
situacións de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a
aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están subordinados á
acción.
sábado, 14 de enero de 2017
CALENDARIO COMPETENCIAL 2017
Onte presentouse na DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA o noso calendario competencial para 2017, deseñado no Dto. Orientación e publicado pola Diputación de Pontevedra.
Este ano ten un espazo para todos e cada un dos concellos da provincia a través dos RECANTOS CON ENCANTO onde se promociona o coñecemento de espazos de cada concello que teñen un encanto especial. Por este motivo o calendario non solo promove o desenvolvemento de procesos cognitivos como valorar, tomar decisións, comparar,... ou Competencias como aprender a aprender, sentido da iniciativa e espíritu emprendedor, competencia lingÜística, matemática,...
É un instrumento que axude ás familias a educar, a educar en positivo, a educar en valores, a educar na igualdade, na corresponsabilidade, a disfrutrar xuntos do lecer e, ao mesmo tempo, permita mellorar a atención, a percepción auditiva e visual ou a mellorar memoria..
Debemos facer da educación unha tarefa compartida por todos e tamén reivindicar a importancia de APRENDER XUNTOS.
Existen propostas deseñadas por docentes do CRA MESTRA CLARA TORRES:
Actividades competenciais: TERESA DOMÍNGUEZ
Música: ADELA GONZÁLEZ
Inglés:ELVI PEREIRA
Mellora da fala: PATRICIA ALONSO
A maquetación foi realizada por JAVIER ARGüELLES (+ que ideas)
Nos vindeiros días será presentado ás familias.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)