jueves, 27 de septiembre de 2018

RESPONDENDO Á DIVERSIDADE, 4º PARTE




A Atención á diversidade nunha escola inclusiva pon en valor a personalización do proceso de ensino- aprendizaxe, que debe adaptarse ás distintas realidades das alumnas e dos alumnos do sistema educativo considerando os diferentes contextos, así coma as súas potencialidades, ao seu desenvolvemento, aos intereses, ás súas destrezas, habilidades (fortalezas), aos seus ritmos, aos seus estilos e ás súas particulares formas de aprender. Neste sentido, coa fin de crear un contexto de aprendizaxe universal (DUA) que considere a variabilidade do alumnado a través de programacións ou planificacións multinivel e que teña en conta as dimensións de diferentes procesos cognitivos que van dende un baixo nivel ata un alto nivel (coñecemento, comprensión, aplicación, análise, síntese, avaliación, creación). Non podemos esquencer a posta en acción de diferentes modelos de pensamento a través de rutas de pensamento  (non empreguedes o termo rutinas pois é unha deficiente traducción do inglés, según os expertos-as )empregando organizadores gráficos:
-CTF, Roda lóxica, círculo intelixente, Análise asociativa, Mapas cognitivos, mapas mentais, liñas do tempo,...(no blog de orientación do centro tedes unha etiqueta con estes recursos)

Propoñemos que se teñan en consideración as seguintes estratexias metodolóxicas (Protocolo S. Down) :

1.Transmitirase a información mediante frases curtas, de forma clara, con boa pronuncia e asegurándonos de que nos está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a entendeu a información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións.  Completarase a información con audios onde aparezan as explicacións e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con auriculares.
2.As tarefas presentaranse secuenciando a información paso a paso, fragmentadas e graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en conta as dimensións dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso completarase con PICTOGRAMAS onde aparecen as secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e reforza estes pasos.
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo de traballo, deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a actividade e, pouco a pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas realizacións.
4.É recomendable proporcionarlle pautas de actuación, estratexias, formas de  actuar, instrucións concretas, en lugar de normas xerais de carácter abstracto.  Empregar rutas de pensamento e organizadores gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en conta a diversidade de modelos de pensamento.
5.Empregarase máis a axuda directa e demostracións (por medio do modelado e a  imitación) ca longas explicacións.
6.Adaptarase a duración das actividades a súa capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar moitas actividades curtas que poucas de longa duración.
7. Evitaranse tarefas repetitivas que supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas inapropiadas e que poidan ser interpretadas de forma errónea.
8. Os contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas modalidades  sensoriais, con imaxes, gráficos, debuxos, pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario, e tendo en conta que a información interiorízana mellor empregando varias vías de acceso: a través da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando obxectos reais sempre que se poida.
9.Primarase a valoración do esforzo máis ca o resultado do traballo realizado, para mellorar a autoestima do alumno ou alumna e a súa motivación.
10.É conveniente ter preparado con antelación o material que se vai utilizar e contar  con material en abundancia, por se houbese que modificar as actividades que se  tiñan previstas nun principio.
11. Convén que existan unhas normas claras sobre a utilización do material, e que  sexan intelixibles para todo o alumnado. Cómpre organizar o material na aula de  graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe.
12. Favorecerase o autocontrol e a responsabilidade esixíndolle o cumprimento das  normas acordadas para a aula e o centro.
13.Facilitarase a adaptación ao cambio de actividade establecendo os apoios precisos en función das súas necesidades.
14.É preciso adaptarse máis ao nivel de comprensión que de expresión. En xeral a súa capacidade de comprensión é superior á de expresión.
15.Reforzaranse os bos hábitos (constancia, puntualidade, coidado...) evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.
18.facilitaseautonomía ea iniciativa e Non se lles proporcionará axuda naquilo que poidan facer por si mesmos, evitando  a sobreprotección,marcándolles responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle permitirían ao resto do alumnado.
19.Fomentarase a responsabilidade e autonomía no desenvolvemento das tarefas,  utilizando estratexias de autoaprendizaxe que permitan que os alumnos e as alumnas traballen por si sós na aula, evitando a dependencia excesiva do persoal  de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente pode facer de mediador, para  achegar os coñecementos ao alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a  sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
20.Ofreceranse situacións educativas de éxito, que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da súa autoestima no ámbito escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados como membros activos do seu grupo poñendo en valor a súa contribución a el.
21.Promoveranse as aprendizaxes prácticas, útiles, funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima na súa vida cotiá, que fomenten a súa motivación e que lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes competenciais)
22.Empregaranse actividades de deseño universal sobre situacións da súa vida real,  nas que poida participar activamente e partindo sempre do coñecido onde existan diferentes niveis de logro ou desempeño: Recortar e pegar palabras que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o fonema /B/, arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras que leven /B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/, buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía ...
23.Xeraranse situacións de aprendizaxe motivadoras para manter a atención, procurando buscar actividades próximas aos seus intereses e dentro da súa zona de desenvolvemento próximo.
24.Pode ser conveniente aplicar programas específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación emocional, tendo en conta o contexto e  dirixidos a promover a súa independencia.
25. Cómpre coidar a adquisición da lectoescritura, priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que apoien a comprensión e a asociación da palabra co seu significado (métodos globais, enfoques contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse ao seu estilo e ritmo de aprendizaxe.
26.Introduciranse as TIC (teclados ou calquera outro soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade fina, de maneira que non se free o avance nos contidos a pesar de non estar adquiridas as habilidades na lectoescritura.
25.Non condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao desenvolvemento de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas son imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura funcional.
26. Para iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un impedimento a dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en moitas ocasións, iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.
27.No deseño de actividades contemplaranse os criterios de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de resposta, propoñer tarefas de relacionar, sinalar, clasificar.
28. Pensar en contextos de aprendizaxe ou ambientes de aprendizaxe dinámicos onde os recursos se optimicen e servan para unha aprendizaxe universal. Ás veces un espazo sen sillas  é o máis axustado para a diversidade. 29. Traballar por paisaxes de aprendizaxe (blog orientación) favorece a planificación multinivel.
30.Aplicar metodoloxías e estratexias de ensino-aprendizaxe flexibles, participativas, activas, creativas, de equidade e que favorezan as relacións interpersoais e o respecto mutuo.
31.Organizar aulas accesibles que teñan en conta os posibles apoios ou adaptacións necesarias.
32.Buscar a optimización e a organización dos recursos do centro para atender e dar resposta ás necesidades de todo o alumnado integrando ao ANEAE
33.Dispoñer de materiais diversos que atendan a diversidade da aula e faciliten a motivación e a aprendizaxe de todo o alumnado.
34.Aproveitar as múltiples posibilidades das TIC
35.Propiciar situacións de ensino-aprendizaxe centradas nas potencialidades do alumnado, en lugar de partir das súas dificultades.
36.Interactuar co alumnado estimulando a súa iniciativa e promovendo o interese por aprender.
37.Potenciar a aprendizaxe cooperativa, favorecendo a interrelación entre o alumnado e a ensinanza e os apoios naturais entre iguais, entendendo que os compañeiros son o seu referente e que con frecuencia aceptan mellor a súa axuda para comprender e realizar as tarefas.
38. O uso de sinais acústicos-musicais e visuais para a estruturación dos tempos na aula (de traballo, de  descanso, de lecer cando son pequenos ou pequenas, de asemblea, etc.) se fose necesario.



Se existise unha adaptación curricular, coa modificación dos elementos prescritivos do currículo, deberase ter en conta para o deseño das situacións de ensino e aprendizaxe pois deben estar na liña de base do alumno ou alumna con necesidade específica de apoio educativo, nos seus coñecementos, habilidades e destrezas previas. E, ademais de situar o currículo adaptado na súa liña de base, nos seus coñecementos previos, é necesario establecer os recursos materiais e persoais que, no seu caso, sexan necesarios para facilitar o acceso e
En conclusión, desenvolver unha adaptación curricular implica cambios no contexto para adaptar e/ou modificar todos aqueles aspectos que sexan susceptibles de mellora no proceso de inclusión (organización de recursos, de espazos e tempos, metodoloxía, materiais, actividades, avaliación, formación...); é dicir, construír un espazo educativo común onde poidan participar e aprender todas e todos xuntos, en situación de equidade. E o que é sumamente importante é que todas e todos os profesionais que traballen co alumno ou coa alumna o fagan de forma totalmente coordinada



miércoles, 26 de septiembre de 2018

RESPONDENDO Á DIVERSIDADE, 3º PARTE




A organización de centro na atención educativa

Algunhas cuestións a ter en conta cando se fala de atención educativa deberían ser:
1.    Buscarase ao profesorado do centro en base a criterios pedagóxicos e competenciais.
2.    Potenciarase a figura do/a titor/a como profesional de referencia
3.    Promoverase o establecemento de colaboracións con outros profesionais e entidades
4.    Informarase ao profesorado, por parte da xefatura do Departamento de  Orientación, das conclusións da avaliación psicopedagóxica, sobre as necesidades do alumnado nos diferentes ámbitos e das propostas de intervención educativa.
5.    Facilitarase a incorporación de estratexias de investigación e innovación nas prácticas educativas, motivando o profesorado a participar en procesos de análise e recollida de información para a toma de decisións, estratexias metodolóxicas de investigación para a avaliación do progreso e impacto de iniciativas e prácticas escolares, difusión de boas prácticas a través de xornadas, grupos de traballo, boletíns...
6.    Contribuirase a potenciar a súa autoestima, valorando a capacidade de progreso e as metas acadadas.
7.    Visibilizaranse boas prácticas en relación á inclusión.
8.    Promoverase a participación do alumno/a no grupo nas actividades que se realicen fóra da aula, contribuíndo a evitar posibles situacións de illamento
9.    Potenciarase a aprendizaxe por proxectos de aprendizaxe e servizo).
10.  Visibilizaranse situacións de éxito de persoas con diversidade funcional.

martes, 25 de septiembre de 2018

PROPOSTAS DE FORMACIÓN


As familias e os docentes sempre deben formarse. O camiño da formación debe ser permanente. Compartir experiencias educativas abre as portas á innovación. Sabendo que innovar non é reproducir o aprendido senón adaptar o aprendido á realidade da aula, á realidade da familia. A innovación debe producir cambios para mellor pero logo de análise, de comprensión da realidade. Innovar é transformar o cotiá, é buscar novas posibilidades de acción, é crear e recrear permanentemente. Reproducir sen máis o que fan outros non é innovar. Innovar debe levar os filtros da creatividade, da imaxinación, da realidade escolar na que vives, na que se desenvolve a labor docente. Debemos lembrar que que debemos transformar, crear e recrear un modo novo de facer educación pero co cobertor do realizado anteriormente cun sentido crítico.

No II FORO DE EDUCACIÓN de FARO DE VIGO apóstase por unha Educación do século XXI. Pero? Non estamos no século XXI? Logo ¿que educación queremos ofrecer?
Falar da Educación do século XXI estaría ben no século XX. Agora o reto sería mirar cara o século XXII. 
Apostemos por seguir avanzando. Por seguir medrando. 

Aí van as propostas deste II FORO DE EDUCACIÓN:

"Bajo la premisa de que la Educación del siglo XXI no debe estar limitada al rendimiento académico tradicional sino que debe adaptarse a la nueva realidad social, FARO celebra el próximo 19 y 20 de octubre el II Foro de Educación "Faro Impulsa", que traerá al Auditorio Mar de Vigo a los mejores expertos nacionales e internacionales en la materia que expondrán sus conocimientos y propuestas a través de conferencias y talleres.
Tras el éxito de la primera convocatoria, que congregó en el mismo auditorio en mayo del año pasado a más de 750 personas en las conferencias y más de un millar en los talleres, el diario decano redobla su apuesta por el fomento de las metodologías de vanguardia educativa, tanto de España como a nivel internacional y lo hace aumentando a dos las jornadas dirigidas a educadores, padres, profesores, estudiantes y ciudadanos en general que quieran conocer los últimos avances en un sector determinante para trazar el futuro de las nuevas generaciones.
Habrá cinco conferencias en las que se tratarán distintas temáticas como la adopción de una actitud mental positiva o la superación de los miedos (Emilio Duró), las escuelas del mañana (Richard Gerver), cómo despertar y fomentar la motivación de los alumnos (Catherine L'Ecuyer), la educación a través de la inteligencia emocional (Mar Romera) o la prevención del maltrato psicológico en las relaciones de pareja (Ianire Estébanez).
Por su parte, los cuatro talleres, que se celebrarán en la jornada del viernes y de nuevo en la del sábado, serán eminentemente prácticos y tratarán sobre la gamificación en el aula (Aitor Barbosa), la creación de experiencias educativas con medios audiovisuales (Manel Rives), la inteligencia emocional para padres y educadores (Belén Piñeiro) y un coaching para padres (Claudia Bruna)."

viernes, 21 de septiembre de 2018

ADICCIÓNS E REDES SOCIAIS


Nunha sociedade do s. XXI o uso das redes Sociais como ferramenta creativa, o uso creativo das Tic para transformala sen TAC, TEP ou TRIC son recursos didácticos poderosos para o desenvolvemento da competencia dixital ou aprender a aprender.
Ao mesmo tempo, o seu mal uso ou o seu abuso poden xerar adiccións.

Para saber máis recomendo ler o artigo  de FARO DE VIGO (18 setembro 2018) onde a psicóloga MARÍA FERREIRO explica cando podemos falar da problemática e como actuar.

lunes, 17 de septiembre de 2018

RESPONDENDO Á DIVERSIDADE, 2º PARTE



Un proxecto educativo comprometido coa inclusión, debe identificar todas  aquelas posibles barreiras que impiden e ou dificultan a accesibilidade e participación de todo o alumnado no proceso educativo. A continuación, citamos algunhas desas barreiras que poden dificultar a dita participación e ás que deberemos prestar especial  atención para poder abordalas:

Barreiras sociais: refírense aos obstáculos mentais e actitudinais: baixas expectativas, sobreprotección, medo, rexeitamento, indiferenza, falta de apoios, etc. son barreiras que condicionan a vida dunha persoa facendo que se sinta máis ou menos capaz e máis ou menos incluída.

Barreiras físicas: fan referencia a obstáculos da contorna que impiden ou bloquean a mobilidade ou o acceso. Na resolución de actividades e exercicios, suporían unha execución motora que non pode ser salvada por alumnado con dificultades psicomotoras. Podemos eliminalas se deseñamos actividades e tarefas con diferentes alternativas para a súa execución. Deberemos propoñer diferentes formas de presentación de actividades e diferentes vías de execución e expresión: gravación de audios, vídeos, elección de ilustracións, escritura ao ditado, actividades manipulativas, etc., que permitan adquirir e valorar as aprendizaxes, considerando a diversidade do alumnado.

Barreiras sensoriais: son as relativas á percepción sensorial, é dicir, á maneira en que percibimos a información a través dos sentidos. Para atender a diversidade da aula, deberemos considerar a presentación da información a través de diferentes modalidades sensoriais (auditiva, visual, táctil...).

Barreiras cognitivas: están relacionadas cos procesos mentais que interveñen na resolución de tarefas e actividades cognitivas. Podemos facilitar o acceso aos contidos empregando certos apoios que activan os procesos cognitivos. As axudas conceptuais, como organizadores gráficos, mapas mentais, rutinas de pensamento ou autoinstrucións son instrumentos que se poden empregar na aula e que resultan de utilidade para o grupo-clase, ademais do deseño universal para a aprendizaxe (DUA), que inclúe criterios de lectura fácil.

Barreiras estruturais: son as derivadas de situacións de aprendizaxe nunha contorna desordenada, pouco predecible, inestable, sen organización do traballo... Poderían superarse empregando un sistema de traballo organizado e predicible, con apoios visuais que lle permitan ao alumnado orientarse sobre o que hai que facer; con apoios espaciais, e distribución de espazos de aula que axuden a coñecer onde hai que facelo; e con estruturas e rutinas que acheguen seguridade para saber cando hai que facelo.

Barreiras comunicativas: empregar unicamente a ruta auditiva e o uso da linguaxe oral, pode supoñer unha barreira para atender a diversidade da aula. É preciso proporcionar diversas canles comunicativas como a visual, táctil, pictográfica, signada... facilitando ao alumnado que poida expresarse e compartir as súas aprendizaxes empregando estes soportes.

Barreiras curriculares: a falta de flexibilidade e a homoxeneidade nas propostas educativas, nos materiais, nas metodoloxías, etc. condicionan a adquisición das aprendizaxes e o tipo de interaccións e relacións que se dan na aula. Unha programación axustada á diversidade, a implementación e diversificación de estratexias, o deseño multinivel con actividades e materiais didácticos con diferentes niveis de complexidade para a resolución de tarefas, metodoloxías cooperativas que faciliten a participación equitativa e o apoio mutuo, unha avaliación por competencias con criterios de equidade, a coordinación e colaboración entre o profesorado, a docencia compartida... son aspectos que poden salvar certas barreiras curriculares

BARREIRAS EMOCIONAIS: o alumnado debe ser respectado, debe ser coñecedor de que se confía en él, que temos altas expectativas sobre eles, debe coñecer e expresar as súas emocións, que coñecemos e visibilizamos as súas fortalezas, que temos un bó autoconcepto del/dela,…