A Atención á
diversidade nunha escola inclusiva pon en valor a personalización do proceso de ensino- aprendizaxe, que debe
adaptarse ás distintas realidades das alumnas e dos alumnos do sistema
educativo considerando os diferentes
contextos, así coma as súas potencialidades,
ao seu desenvolvemento, aos intereses,
ás súas destrezas, habilidades (fortalezas), aos seus ritmos, aos seus estilos e ás súas particulares formas de aprender. Neste sentido,
coa fin de crear un contexto de
aprendizaxe universal (DUA) que
considere a variabilidade do alumnado a través de programacións ou planificacións multinivel e que teña en conta as
dimensións de diferentes procesos
cognitivos que van dende un baixo nivel ata un alto nivel (coñecemento,
comprensión, aplicación, análise, síntese, avaliación, creación). Non podemos
esquencer a posta en acción de diferentes modelos
de pensamento a través de rutas de
pensamento (non empreguedes o termo
rutinas pois é unha deficiente traducción do inglés, según os expertos-as )empregando
organizadores gráficos:
-CTF, Roda
lóxica, círculo intelixente, Análise asociativa, Mapas cognitivos, mapas
mentais, liñas do tempo,...(no blog de orientación do centro tedes unha
etiqueta con estes recursos)
Propoñemos
que se teñan en consideración as seguintes estratexias
metodolóxicas (Protocolo S. Down) :
1.Transmitirase
a información mediante frases curtas, de forma clara, con boa
pronuncia e asegurándonos de que nos
está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a entendeu a
información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións. Completarase
a información con audios onde aparezan as
explicacións e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con
auriculares.
2.As tarefas
presentaranse secuenciando a información
paso a paso, fragmentadas e graduadas segundo a dificultade para
unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en conta as dimensións
dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso completarase con PICTOGRAMAS onde aparecen as
secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e reforza estes
pasos.
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo de traballo,
deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a actividade e, pouco a
pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas realizacións.
4.É
recomendable proporcionarlle pautas de
actuación, estratexias, formas de actuar,
instrucións concretas, en lugar de normas xerais de carácter abstracto. Empregar rutas de pensamento e organizadores
gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en conta a diversidade de modelos
de pensamento.
5.Empregarase
máis a axuda directa e demostracións
(por medio do modelado e a imitación) ca
longas explicacións.
6.Adaptarase a duración das actividades a súa
capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar moitas actividades curtas que poucas de
longa duración.
7. Evitaranse tarefas repetitivas que
supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas inapropiadas e
que poidan ser interpretadas de forma errónea.
8. Os
contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas modalidades sensoriais, con imaxes, gráficos, debuxos,
pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario, e tendo en conta que
a información interiorízana mellor empregando varias vías de acceso: a través
da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando obxectos reais sempre que se
poida.
9.Primarase
a valoración do esforzo máis ca o
resultado do traballo realizado, para mellorar a autoestima do alumno ou alumna
e a súa motivación.
10.É
conveniente ter preparado con antelación o material que se vai utilizar e
contar con material en abundancia, por
se houbese que modificar as actividades que se tiñan previstas nun principio.
11. Convén
que existan unhas normas claras sobre a
utilización do material, e que sexan
intelixibles para todo o alumnado. Cómpre organizar o material na aula de graduadas segundo a dificultade para unha
mellor consolidación da aprendizaxe.
12. Favorecerase
o autocontrol e a responsabilidade
esixíndolle o cumprimento das normas
acordadas para a aula e o centro.
13.Facilitarase
a adaptación ao cambio de actividade
establecendo os apoios precisos en función das súas necesidades.
14.É preciso
adaptarse máis ao nivel de comprensión
que de expresión. En xeral a súa capacidade de comprensión é superior á de
expresión.
15.Reforzaranse os bos hábitos (constancia, puntualidade, coidado...)
evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.
18.facilitaseautonomía
ea iniciativa e Non se lles proporcionará axuda naquilo que poidan facer por si
mesmos, evitando a sobreprotección,marcándolles
responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle
permitirían ao resto do alumnado.
19.Fomentarase
a responsabilidade e autonomía no
desenvolvemento das tarefas, utilizando
estratexias de autoaprendizaxe que permitan que os alumnos e as alumnas
traballen por si sós na aula, evitando a dependencia excesiva do persoal de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente
pode facer de mediador, para achegar os
coñecementos ao alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
20.Ofreceranse situacións educativas de éxito,
que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da súa autoestima no ámbito
escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados como membros activos do seu
grupo poñendo en valor a súa contribución a el.
21.Promoveranse
as aprendizaxes prácticas, útiles,
funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima na súa vida cotiá,
que fomenten a súa motivación e que
lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes
competenciais)
22.Empregaranse
actividades de deseño universal sobre
situacións da súa vida real, nas que
poida participar activamente e partindo sempre do coñecido onde existan
diferentes niveis de logro ou desempeño: Recortar
e pegar palabras que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o
fonema /B/, arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras
que leven /B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/,
buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía ...
23.Xeraranse
situacións de aprendizaxe motivadoras
para manter a atención, procurando buscar actividades próximas aos seus
intereses e dentro da súa zona de desenvolvemento próximo.
24.Pode ser
conveniente aplicar programas
específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación emocional,
tendo en conta o contexto e dirixidos a
promover a súa independencia.
25. Cómpre
coidar a adquisición da lectoescritura,
priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que apoien a comprensión
e a asociación da palabra co seu significado (métodos globais, enfoques
contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse ao seu estilo e ritmo de
aprendizaxe.
26.Introduciranse
as TIC (teclados ou calquera outro
soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade fina, de maneira que
non se free o avance nos contidos a pesar de non estar adquiridas as
habilidades na lectoescritura.
25.Non
condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao desenvolvemento
de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas son
imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura
funcional.
26. Para
iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un impedimento a
dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en moitas ocasións,
iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.
27.No deseño
de actividades contemplaranse os criterios
de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de resposta, propoñer
tarefas de relacionar, sinalar, clasificar.
28. Pensar en contextos de aprendizaxe ou ambientes de
aprendizaxe dinámicos onde os recursos se optimicen e servan para unha aprendizaxe universal. Ás veces
un espazo sen sillas é o máis axustado
para a diversidade. 29. Traballar por paisaxes
de aprendizaxe (blog orientación) favorece a planificación multinivel.
30.Aplicar metodoloxías e estratexias de
ensino-aprendizaxe flexibles, participativas, activas, creativas, de equidade e
que favorezan as relacións interpersoais e o respecto mutuo.
31.Organizar
aulas accesibles que teñan en conta
os posibles apoios ou adaptacións necesarias.
32.Buscar a
optimización e a organización dos recursos do centro para atender e dar
resposta ás necesidades de todo o alumnado integrando ao ANEAE
33.Dispoñer
de materiais diversos que atendan a diversidade da aula e faciliten a
motivación e a aprendizaxe de todo o alumnado.
34.Aproveitar
as múltiples posibilidades das TIC
35.Propiciar
situacións de ensino-aprendizaxe
centradas nas potencialidades do alumnado, en lugar de partir das súas
dificultades.
36.Interactuar
co alumnado estimulando a súa iniciativa
e promovendo o interese por
aprender.
37.Potenciar
a aprendizaxe cooperativa,
favorecendo a interrelación entre o alumnado e a ensinanza e os apoios naturais entre iguais,
entendendo que os compañeiros son o seu referente e que con frecuencia aceptan
mellor a súa axuda para comprender e realizar as tarefas.
38. O uso de sinais acústicos-musicais e visuais
para a estruturación dos tempos na
aula (de traballo, de descanso, de lecer
cando son pequenos ou pequenas, de asemblea, etc.) se fose necesario.
Se existise
unha adaptación curricular, coa modificación dos elementos prescritivos do
currículo, deberase ter en conta para o deseño das situacións de ensino e
aprendizaxe pois deben estar na liña de base do alumno ou alumna con necesidade
específica de apoio educativo, nos seus coñecementos, habilidades e destrezas
previas. E, ademais de situar o currículo adaptado na súa liña de base, nos seus
coñecementos previos, é necesario establecer os recursos materiais e persoais
que, no seu caso, sexan necesarios para facilitar o acceso e
En
conclusión, desenvolver unha adaptación curricular implica cambios no contexto
para adaptar e/ou modificar todos aqueles aspectos que sexan susceptibles de
mellora no proceso de inclusión (organización de recursos, de espazos e tempos,
metodoloxía, materiais, actividades, avaliación, formación...); é dicir,
construír un espazo educativo común onde poidan participar e aprender todas e
todos xuntos, en situación de equidade. E o que é sumamente importante é que
todas e todos os profesionais que traballen co alumno ou coa alumna o fagan de
forma totalmente coordinada