Páginas

jueves, 27 de septiembre de 2018

RESPONDENDO Á DIVERSIDADE, 4º PARTE




A Atención á diversidade nunha escola inclusiva pon en valor a personalización do proceso de ensino- aprendizaxe, que debe adaptarse ás distintas realidades das alumnas e dos alumnos do sistema educativo considerando os diferentes contextos, así coma as súas potencialidades, ao seu desenvolvemento, aos intereses, ás súas destrezas, habilidades (fortalezas), aos seus ritmos, aos seus estilos e ás súas particulares formas de aprender. Neste sentido, coa fin de crear un contexto de aprendizaxe universal (DUA) que considere a variabilidade do alumnado a través de programacións ou planificacións multinivel e que teña en conta as dimensións de diferentes procesos cognitivos que van dende un baixo nivel ata un alto nivel (coñecemento, comprensión, aplicación, análise, síntese, avaliación, creación). Non podemos esquencer a posta en acción de diferentes modelos de pensamento a través de rutas de pensamento  (non empreguedes o termo rutinas pois é unha deficiente traducción do inglés, según os expertos-as )empregando organizadores gráficos:
-CTF, Roda lóxica, círculo intelixente, Análise asociativa, Mapas cognitivos, mapas mentais, liñas do tempo,...(no blog de orientación do centro tedes unha etiqueta con estes recursos)

Propoñemos que se teñan en consideración as seguintes estratexias metodolóxicas (Protocolo S. Down) :

1.Transmitirase a información mediante frases curtas, de forma clara, con boa pronuncia e asegurándonos de que nos está prestando atención. Verificarase sempre que o/a alumno/a entendeu a información que se lle transmitiu promovendo as autoinstruccións.  Completarase a información con audios onde aparezan as explicacións e que poden ser escoitadas polo alumnado con n.e.a.e con auriculares.
2.As tarefas presentaranse secuenciando a información paso a paso, fragmentadas e graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe polo que ter en conta as dimensións dos procesos cognitivos debe ser necesario. Este proceso completarase con PICTOGRAMAS onde aparecen as secuencias. A escoita dun audio coas secuencias complementa e reforza estes pasos.
3.É preciso adaptarse ao seu ritmo de traballo, deixándolle máis tempo, se fose necesario, para acabar a actividade e, pouco a pouco, ir pedíndolle maior velocidade nas súas realizacións.
4.É recomendable proporcionarlle pautas de actuación, estratexias, formas de  actuar, instrucións concretas, en lugar de normas xerais de carácter abstracto.  Empregar rutas de pensamento e organizadores gráficos pode ser unha boa opción. Tamén ter en conta a diversidade de modelos de pensamento.
5.Empregarase máis a axuda directa e demostracións (por medio do modelado e a  imitación) ca longas explicacións.
6.Adaptarase a duración das actividades a súa capacidade de atención. Polo xeral, é mellor planificar moitas actividades curtas que poucas de longa duración.
7. Evitaranse tarefas repetitivas que supoñan a perda de interese e a posible aparición de condutas inapropiadas e que poidan ser interpretadas de forma errónea.
8. Os contidos de aprendizaxe presentaranse mediante distintas modalidades  sensoriais, con imaxes, gráficos, debuxos, pictogramas ou esquemas, cando sexa viable e/ou necesario, e tendo en conta que a información interiorízana mellor empregando varias vías de acceso: a través da vista, do oído, do tacto e mesmo manipulando obxectos reais sempre que se poida.
9.Primarase a valoración do esforzo máis ca o resultado do traballo realizado, para mellorar a autoestima do alumno ou alumna e a súa motivación.
10.É conveniente ter preparado con antelación o material que se vai utilizar e contar  con material en abundancia, por se houbese que modificar as actividades que se  tiñan previstas nun principio.
11. Convén que existan unhas normas claras sobre a utilización do material, e que  sexan intelixibles para todo o alumnado. Cómpre organizar o material na aula de  graduadas segundo a dificultade para unha mellor consolidación da aprendizaxe.
12. Favorecerase o autocontrol e a responsabilidade esixíndolle o cumprimento das  normas acordadas para a aula e o centro.
13.Facilitarase a adaptación ao cambio de actividade establecendo os apoios precisos en función das súas necesidades.
14.É preciso adaptarse máis ao nivel de comprensión que de expresión. En xeral a súa capacidade de comprensión é superior á de expresión.
15.Reforzaranse os bos hábitos (constancia, puntualidade, coidado...) evitando facer xuízos a causa de condutas desaxustadas.
18.facilitaseautonomía ea iniciativa e Non se lles proporcionará axuda naquilo que poidan facer por si mesmos, evitando  a sobreprotección,marcándolles responsabilidades propias e sen permitir condutas ou accións que non se lle permitirían ao resto do alumnado.
19.Fomentarase a responsabilidade e autonomía no desenvolvemento das tarefas,  utilizando estratexias de autoaprendizaxe que permitan que os alumnos e as alumnas traballen por si sós na aula, evitando a dependencia excesiva do persoal  de apoio ou dos compañeiros. O persoal docente pode facer de mediador, para  achegar os coñecementos ao alumno/a, pero sempre buscando que o/a neno/a  sexa protagonista da súa propia aprendizaxe.
20.Ofreceranse situacións educativas de éxito, que posibiliten a mellora do seu autoconcepto e da súa autoestima no ámbito escolar, que fagan que se sinta capaces e valorados como membros activos do seu grupo poñendo en valor a súa contribución a el.
21.Promoveranse as aprendizaxes prácticas, útiles, funcionais, aplicables de maneira inmediata ou próxima na súa vida cotiá, que fomenten a súa motivación e que lles permitan percibir a súa utilidade (aprendizaxes competenciais)
22.Empregaranse actividades de deseño universal sobre situacións da súa vida real,  nas que poida participar activamente e partindo sempre do coñecido onde existan diferentes niveis de logro ou desempeño: Recortar e pegar palabras que leven B con apoio visual, Rescribir palabras que leven o fonema /B/, arrodear palabras que leven /B/ sen apoio visual, escribir palabras que leven /B/, inventar frases onde pararezan palabras de 3 sílabas que leven /B/, buscar no diccionario palabras con B e inventar una historia ou una poesía ...
23.Xeraranse situacións de aprendizaxe motivadoras para manter a atención, procurando buscar actividades próximas aos seus intereses e dentro da súa zona de desenvolvemento próximo.
24.Pode ser conveniente aplicar programas específicos de autonomía persoal, habilidades prosociais e educación emocional, tendo en conta o contexto e  dirixidos a promover a súa independencia.
25. Cómpre coidar a adquisición da lectoescritura, priorizando a funcionalidade, utilizando metodoloxías que apoien a comprensión e a asociación da palabra co seu significado (métodos globais, enfoques contrutivistas, etc.), pois é necesario adaptarse ao seu estilo e ritmo de aprendizaxe.
26.Introduciranse as TIC (teclados ou calquera outro soporte) cando hai especiais dificultades na motricidade fina, de maneira que non se free o avance nos contidos a pesar de non estar adquiridas as habilidades na lectoescritura.
25.Non condicionar o proceso de adquisición da lectura e a escritura ao desenvolvemento de destrezas previas, especialmente motrices, pois non todas son imprescindibles para a adquisición dunha lectoescritura funcional.
26. Para iniciar a adquisición da lectoescritura, non debería ser un impedimento a dificultade no eido da linguaxe e a comunicación, pois en moitas ocasións, iniciarse neste proceso, supón unha mellora considerable.
27.No deseño de actividades contemplaranse os criterios de lectura fácil, ofrecer preguntas con alternativa de resposta, propoñer tarefas de relacionar, sinalar, clasificar.
28. Pensar en contextos de aprendizaxe ou ambientes de aprendizaxe dinámicos onde os recursos se optimicen e servan para unha aprendizaxe universal. Ás veces un espazo sen sillas  é o máis axustado para a diversidade. 29. Traballar por paisaxes de aprendizaxe (blog orientación) favorece a planificación multinivel.
30.Aplicar metodoloxías e estratexias de ensino-aprendizaxe flexibles, participativas, activas, creativas, de equidade e que favorezan as relacións interpersoais e o respecto mutuo.
31.Organizar aulas accesibles que teñan en conta os posibles apoios ou adaptacións necesarias.
32.Buscar a optimización e a organización dos recursos do centro para atender e dar resposta ás necesidades de todo o alumnado integrando ao ANEAE
33.Dispoñer de materiais diversos que atendan a diversidade da aula e faciliten a motivación e a aprendizaxe de todo o alumnado.
34.Aproveitar as múltiples posibilidades das TIC
35.Propiciar situacións de ensino-aprendizaxe centradas nas potencialidades do alumnado, en lugar de partir das súas dificultades.
36.Interactuar co alumnado estimulando a súa iniciativa e promovendo o interese por aprender.
37.Potenciar a aprendizaxe cooperativa, favorecendo a interrelación entre o alumnado e a ensinanza e os apoios naturais entre iguais, entendendo que os compañeiros son o seu referente e que con frecuencia aceptan mellor a súa axuda para comprender e realizar as tarefas.
38. O uso de sinais acústicos-musicais e visuais para a estruturación dos tempos na aula (de traballo, de  descanso, de lecer cando son pequenos ou pequenas, de asemblea, etc.) se fose necesario.



Se existise unha adaptación curricular, coa modificación dos elementos prescritivos do currículo, deberase ter en conta para o deseño das situacións de ensino e aprendizaxe pois deben estar na liña de base do alumno ou alumna con necesidade específica de apoio educativo, nos seus coñecementos, habilidades e destrezas previas. E, ademais de situar o currículo adaptado na súa liña de base, nos seus coñecementos previos, é necesario establecer os recursos materiais e persoais que, no seu caso, sexan necesarios para facilitar o acceso e
En conclusión, desenvolver unha adaptación curricular implica cambios no contexto para adaptar e/ou modificar todos aqueles aspectos que sexan susceptibles de mellora no proceso de inclusión (organización de recursos, de espazos e tempos, metodoloxía, materiais, actividades, avaliación, formación...); é dicir, construír un espazo educativo común onde poidan participar e aprender todas e todos xuntos, en situación de equidade. E o que é sumamente importante é que todas e todos os profesionais que traballen co alumno ou coa alumna o fagan de forma totalmente coordinada