A organización de centro na atención educativa 
Algunhas
cuestións a ter en conta cando se fala de atención educativa deberían ser:
1.    Buscarase ao profesorado do centro en base a
criterios pedagóxicos e competenciais.
2.   
Potenciarase
a figura do/a titor/a como profesional de referencia 
3.   
Promoverase
o establecemento de colaboracións con outros profesionais e entidades 
4.   
Informarase
ao profesorado, por parte da xefatura do Departamento de  Orientación, das conclusións da avaliación
psicopedagóxica, sobre as necesidades do alumnado nos diferentes ámbitos e das
propostas de intervención educativa. 
5.   
Facilitarase
a incorporación de estratexias de investigación e innovación nas prácticas
educativas, motivando o profesorado a participar en procesos de análise e
recollida de información para a toma de decisións, estratexias metodolóxicas de
investigación para a avaliación do progreso e impacto de iniciativas e
prácticas escolares, difusión de boas prácticas a través de xornadas, grupos de
traballo, boletíns... 
6.   
Contribuirase
a potenciar a súa autoestima, valorando a capacidade de progreso e as metas
acadadas. 
7.   
Visibilizaranse
boas prácticas en relación á inclusión. 
8.   
Promoverase
a participación do alumno/a no grupo nas actividades que se realicen fóra da
aula, contribuíndo a evitar posibles situacións de illamento 
9.   
Potenciarase
a aprendizaxe por proxectos de aprendizaxe e servizo). 
10.  Visibilizaranse situacións de éxito de persoas con diversidade funcional. 
 

