Ás veces non lle damos importancia á AUTOESTIMA. E esta AUTOESTIMA é un compoñente da intelixencia emocional.
A autoestima é algo persoal no sentido de
que cadaquén elabora o seu propio concepto de si mesmo con distintos
ingredientes; as nosas experiencias pasadas, os nosos valores, as nosas
expectativas... moldean as nosas opinións.
Unha regra a
ter en conta na escola e no contexto familiar, para a construción saudable do concepto dun mesmo, consiste en non loar ou criticar ao neno-nena
como persoa, senón a través das súas accións.
Relacionado coa Autoestima está a autonomía. Canto máis fago o neno ou nena de forma autónoma máis exitosamente poderá ir construindo a súa autoestima. Ten que vivenciar que pode, que pode facelo só ou soa. Canto máis llee fagamos os adultos menos ingredientes para a autoestima terá. Unha boa autoestima, que se constrúe a partir das valoracións externas de persoas significativas (papá, mamá, irmáns, avós, avoas, amigos-as, mestras-mestres,...) polo que resaltar as cualidades dos fillos e fillas resulta imprescindible, ofrecer expectativas realistas é necsario, evitar a sobrevaloración é importante, correxir as conductas debe ser necesario,.....
COMPOÑENTES DO BENESTAR E DA INTELIXENCIA EMOCIONAL
A intelixencia emocional e o benestar emocional
constrúense a partir de determinados compoñentes entre os que está a autoestima:
A consciencia
emocional: saber que sentimos, que pensamos, ser capaces de recoñecer as nosas
emocións e ser capaces de expresalas. Trátase de que os nenos e nenas sexan
quen de identificar e de nomear diferentes
estados emocionais: triste, alegre, aburrido, enfadado, ilusionado,
preocupado...tanto nel mesmo coma nos demais. Tamén é necesario que recoñezan
as circunstancias e causas que os fan sentir asi.
A regulación-autocontrol
emocional: ser conscientes da emoción vivida e ser capaces de buscar unha reacción adecuada, así como o
control da impulsividade.
A autoestima: saber como
nos sentimos nós mesmos véndonos como individuos
únicos e especiais.
Se precisades máis información podedes visionar o seguinte vídeo: