Páginas

miércoles, 12 de septiembre de 2018

AUTOESTIMA E INTELIXENCIA


Ás veces non lle damos importancia á AUTOESTIMA. E esta AUTOESTIMA é un compoñente da intelixencia emocional.

A autoestima é algo persoal no sentido de que cadaquén elabora o seu propio concepto de si mesmo con distintos ingredientes; as nosas experiencias pasadas, os nosos valores, as nosas expectativas... moldean as nosas opinións.

Unha regra a ter en conta na escola e no contexto familiar, para a construción saudable do concepto dun  mesmo, consiste en non loar ou criticar ao neno-nena como persoa, senón a través das súas accións.

Relacionado coa Autoestima está a autonomía. Canto máis fago o neno ou nena de forma autónoma máis exitosamente poderá ir construindo a súa autoestima. Ten que vivenciar que pode, que pode facelo só ou soa. Canto máis llee fagamos os adultos menos ingredientes para a autoestima terá. Unha boa autoestima, que se constrúe  a partir das valoracións externas de persoas significativas  (papá, mamá, irmáns, avós, avoas, amigos-as, mestras-mestres,...) polo que resaltar as cualidades dos fillos e  fillas resulta imprescindible, ofrecer expectativas realistas é necsario, evitar a sobrevaloración é importante, correxir as conductas debe ser necesario,.....
COMPOÑENTES DO BENESTAR E DA INTELIXENCIA EMOCIONAL


A intelixencia emocional e o benestar emocional constrúense a partir de determinados compoñentes entre os que está a autoestima:

*      A consciencia emocional: saber que sentimos, que pensamos, ser capaces de recoñecer as nosas emocións e ser capaces de expresalas. Trátase de que os nenos e nenas sexan quen de identificar e de nomear  diferentes estados emocionais: triste, alegre, aburrido, enfadado, ilusionado, preocupado...tanto nel mesmo coma nos demais. Tamén é necesario que recoñezan as circunstancias e causas que os fan sentir asi.
*      A regulación-autocontrol emocional: ser conscientes da emoción vivida e ser capaces de  buscar unha reacción adecuada, así como o control da impulsividade.
*      A autoestima: saber como nos sentimos nós mesmos véndonos como  individuos únicos e especiais.
Se precisades máis información  podedes visionar o seguinte vídeo:



“La autoestima es clave para la inteligencia de tu hijo”