Neste inicio de curso é necesario ter en conta algunhas pautas para educar máis e mellor.
Esta etapa na vida dos vosos fillos e fillas resulta de vital importancia para un desenvolvemento cognitivo, comunicativo, psicomotrios, social e afectivo.
Hai aspectos que deben ser asumidos, vividos, sentidos e integrados nesta etapa de 3-6 anos. Ás veces non hai tempo para desandar o "mal aprendido" e "desaprender" é difícil e leva moito tempo.
As
orientacións que aparecen nas seguintes liñas son un instrumento para
mellorar a educación dos fillos e das fillas.
Pautas básicas de actuación:
- Os membros da familia deben ter unas normas claras e precisas.
- Non se pode desautorizar a outros membros da familia que conviven no fogar diante da nena ou neno.
- As normas deben ser acordadas e mantidas no tempo e sempre ser discutidas sen a presencia dos fillos e fillas.
- Nunca empregar frases como “que non se entere mamá” “que non se entere papá”
- Cando cheguedes a deixalos na aula NUNCA digades que vides xa pois 5 horas son 5 horas.
- Lembrade que a puntualidade nos horarios escolares de entrada e de saída tamén fai que os fillos e fillas aprendan a ter autonomía, a ter responsabilidade. Non podemos pedirle o que de forma cotián no vivencian.
- Nunca faledes mal do profesordao na presenza dos fillos pois aprenden a criticar e non a buscar solución.
- Os vosos fillos e fillas xa NON teñen idade para chupetes, papilllas e biberóns.
- A educación dos fillos e fillas debe implicar a mamá e a papá. Nunca pode existir desentendimento entre os proxenitores.
- A non asunción das función de ser pais e nais conleva un caos emocional na vida do fillo ou filla.
- A pautas, normas e decisións tomadas deben ser negociadas, consensuadas por ambos proxenitores.
- Os fillos e fillas aprenden das vosas actitudes, dos vosos comportamentos, das vosas resolución de os fillos e fillas. Deste xeito debedes ser UN EXEMPLO POSITIVO.
- Debedes establecer normas e límites claros, concretos, precisos, consistentes, duradeiros no tempo e adaptados á idade, capacidade dos fillos e fillas.
- Establecer horarios axeitados e coherentes á idade, e crear “rutinas” para o baño, xantar, cea, ir durmir,… estables.
- As normas establecidas son para cumprir e, polo tanto, o incumprimento terá consecuencias.
- Buscar poucas normas e límites pero efectivas e que sexan para cumprir pois o exceso satura e fai que unhas veces o incumprimento teña consecuencias e outras non.
- As consecuencias do incumprimento non deben estar en relación co mal humor, cansancio ou euforia dos proxenitores.
- Procurade non premiar que sexan desobedientes.
- Se non hai consecuencias as normas e límites carecen de efectividade.
- Tratade de non ter que chegar a realizar 3 chamadas de atención. Se esto acontece a terceira chamada levará consigo un recordatorio das consecuencias.
- Procurade que as ordes non sexan moitas ou dadas moi seguidas e que sexan comprendidas.
- As ordes non deben ser abstractas ou pouco claras.
- Nunca dedes as ordes preguntando
- Creade cos vosos fillos e fillas un panel coas normas a través de debuxos para que sempre teñan o reforzo visual.
- Débense dar reforzos positivos ás conductas adecuadas: eloxios, determinadas concesións, disfrutar de obxectos ou xogos preferidos,...
- Tratade de non prestar atención ás conductas negativas pois do contrario afiánzanse no tempo.
- Explicarlles cada norma ou límite e comunicarlle de forma clara o que esperamos deles.
- Manifestar paciencia xa que os tempos dos adultos non son os tempos dos nenos e nenas.
- Procurade repetir as cousas 1 vez soa e sempre promovendo a escoita activa polo que demandaremos co neno-a diante e non noutra estancia da casa.
- Os tempos para falar, para escoitar son necesarios.
- É importante que manifestemos afectos pero tamén saber dicir NON. Os fillos e fillas que nunca reciben un non son emocionalmente máis débiles.
- A falar e a escoitar apréndese se existen situacións no contexto familiar nas que se fala e se escoita.
- Os fillos e fillas deben colaborar recollendo os xoguetes, en ter limpo e ordeado o seu cuarto.
- Os fillos e fillas deben ir adquirindo autonomía na súa hixiene ainda que os adultos deben supervisar.
- O control de esfínteres debe estar xa adquirido nestas idades.
- Os cueiros deben eliminarse de día e de noite.
- Os alimentos deben ser sólidos e non deben alimentarse con papillas e biberóns. As froitas e legumes deben formar parte da dieta diaria.
- As lambonadas non son axeitadas para a infancia.
- Debedes favorecer que se relacionen con adultos e outros nenos e nenas.
- Planificade tempos para ler contos xuntos.
- Promovede que "lean", que "miren" contos e que imaxinen ou creen posibles historias coas imaxes.
- Tratade problemas respiratorios (asma, bronquite, alerxias) coa doutora ou doutor de referencia.
- Favorecede un ambiente familiar estable, tranquilo, sen presa e sen excesivos cambios para lograr maior serenidade e concentración.
- Procurade que non vexa en exceso a TV e non xogue con videoxogos ou tablets e, sobre todo, antes de ir á escola, pois dificulta a concentración.
- Os xogos e xoguetes deben favorecer a concentración, imaxinación, creatividade.