Páginas

viernes, 14 de septiembre de 2018

PAUTAS PARA O INICIO DE CURSO


Neste inicio de curso é necesario ter en conta algunhas pautas para educar máis e mellor.
Esta etapa na vida dos vosos fillos e fillas resulta de vital importancia para un desenvolvemento cognitivo, comunicativo, psicomotrios, social e afectivo.
Hai aspectos que deben ser asumidos, vividos, sentidos e integrados nesta etapa de 3-6 anos. Ás veces non hai tempo para desandar o "mal aprendido" e "desaprender" é difícil e leva moito tempo.

As orientacións que aparecen nas seguintes liñas son un instrumento para mellorar a educación dos fillos e das fillas.

Pautas básicas de actuación:

  •    Os membros da familia deben ter unas normas claras e precisas.
  •    Non se pode desautorizar a outros membros da familia que conviven no fogar diante da nena ou neno.
  •    As normas deben ser acordadas e mantidas no tempo e sempre ser discutidas sen a presencia dos fillos e fillas.
  •    Nunca empregar frases como “que non se entere mamá” “que non se entere papá”
  •    Cando cheguedes a deixalos na aula NUNCA digades que vides xa pois 5 horas son 5 horas.
  •   Lembrade que a puntualidade nos horarios escolares de entrada e de saída tamén fai que os fillos e fillas aprendan a ter autonomía, a ter responsabilidade. Non podemos pedirle o que de forma cotián no vivencian.
  •   Nunca faledes mal do profesordao na presenza dos fillos pois aprenden a criticar e non a buscar solución.
  •   Os vosos fillos e fillas xa NON teñen idade para chupetes, papilllas e biberóns.
  • A educación dos fillos e fillas debe implicar a mamá e a papá. Nunca  pode existir desentendimento entre os proxenitores.
  • A non asunción das función de ser pais e nais conleva un caos emocional na vida do fillo ou filla.
  • A pautas, normas e decisións tomadas deben ser negociadas, consensuadas por ambos proxenitores.
  • Os fillos e fillas aprenden das vosas actitudes, dos vosos comportamentos, das vosas resolución de os fillos e fillas. Deste xeito debedes ser UN EXEMPLO POSITIVO.
  • Debedes establecer normas e límites claros, concretos, precisos, consistentes, duradeiros no tempo e adaptados á idade, capacidade dos fillos e fillas.
  • Establecer horarios axeitados e coherentes á idade, e crear “rutinas” para o baño, xantar, cea, ir durmir,… estables.
  • As normas establecidas son para cumprir e, polo tanto, o incumprimento terá consecuencias.
  • Buscar poucas normas e límites pero efectivas e que sexan para cumprir pois o exceso satura e fai que unhas veces o incumprimento teña consecuencias e outras non.
  • As consecuencias do incumprimento non deben estar en relación co mal humor, cansancio ou euforia dos proxenitores.
  • Procurade non premiar que sexan desobedientes.
  • Se non hai consecuencias as normas e límites carecen de efectividade.
  • Tratade de non ter que chegar a realizar 3 chamadas de atención. Se esto acontece a terceira chamada levará consigo un recordatorio das consecuencias.
  • Procurade que as ordes non sexan moitas ou dadas moi seguidas e que sexan comprendidas.
  • As ordes non deben ser abstractas ou pouco claras.
  • Nunca dedes  as ordes preguntando
  • Creade cos vosos fillos e fillas un panel coas normas a través de debuxos  para que sempre teñan o reforzo visual.
  • Débense dar reforzos positivos ás conductas adecuadas: eloxios, determinadas concesións, disfrutar de obxectos ou xogos preferidos,...
  • Tratade de non prestar atención ás conductas negativas pois do contrario afiánzanse no tempo.
  • Explicarlles cada norma ou límite e comunicarlle de forma clara o que esperamos deles.
  • Manifestar paciencia xa que os tempos dos adultos non son os tempos dos nenos e nenas.
  • Procurade repetir as cousas 1 vez soa e sempre promovendo a escoita activa polo que demandaremos co neno-a diante e non noutra estancia da casa.
  • Os tempos para falar, para escoitar son necesarios.
  • É importante que manifestemos afectos pero tamén saber dicir NON. Os fillos e fillas que nunca reciben un non son emocionalmente máis débiles.
  • A falar e a escoitar apréndese se existen situacións no contexto familiar nas que se fala e se escoita.
  • Os fillos e fillas deben colaborar recollendo os xoguetes, en ter limpo e ordeado o seu cuarto.
  • Os fillos e fillas deben ir adquirindo autonomía na súa hixiene ainda que os adultos deben supervisar.
  • O control de esfínteres debe estar xa adquirido nestas idades.
  • Os cueiros deben eliminarse de día e de noite.
  • Os alimentos deben ser sólidos e non deben alimentarse con papillas e biberóns. As froitas e legumes deben formar parte da dieta diaria.
  • As lambonadas non son axeitadas para a infancia.
  • Debedes favorecer que se relacionen con adultos e outros nenos e nenas.
  • Planificade tempos  para ler contos xuntos.
  • Promovede que "lean", que "miren" contos e que imaxinen ou creen posibles historias coas imaxes.
  • Tratade problemas respiratorios (asma, bronquite, alerxias) coa doutora ou doutor de referencia.
  • Favorecede un ambiente familiar estable, tranquilo, sen presa e sen excesivos cambios para lograr maior serenidade e concentración.
  • Procurade  que non vexa en exceso a TV e non xogue con videoxogos  ou tablets e, sobre todo, antes de ir á escola, pois dificulta a concentración.
  • Os xogos e xoguetes deben favorecer a concentración, imaxinación, creatividade.