Páginas

domingo, 16 de septiembre de 2018

DTO. ORIENTACIÓN: FUNCIONAMENTO

Ás veces existen dúbidas sobre o funcionamento e utilidade dos Dtos. de Orientación.
A continuación, un pequeno resumo sobre o Dto. Orientación do centro.

Tríptico Informativo 



Referentes Lexislativos:


DECRETO 120/1998, ORDEN 24 xullo 1998


Compoñentes:
-Orientadora: Teresa Domínguez (Doutora en Psicoloxía e Pedagoxía, Profesora da Universidade de Vigo, Mestra de E. Primaria, Mestra de E. Infantil)
-Mestra de Audición e Linguaxe: Nerea Blanco
-Mestra de Pedagoxía Terapéutica (Dificultades de aprendizaxe): Ana Zamorano
-Coordinadora do ciclo de E. Infantil: Beatriz Carballa

Funcións do D.Orientación:
-Valorar necesidades educativas
-Ofrecer asesoramento e guía ao profesorado e familias
-Participar e dar pautas para o Deseño Curricular/propostas didácticas que dean resposta á atención ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou Necesidades Educativas Especiais.
-Deseñar accións para a atención temperá e a prevención das dificultades de aprendizaxe.
-Participar na Avaliación Psicopedagóxica.
-Deseñar e desenvolver medidas de atención á diversidade.
-Impulsar a cooperación coas familias.
-Impulsar a formación, a innovación e a investigación entre o profesorado.

Funcións da Orientadora:
-Deseñar o Plan de Actividades do DTO. Orientación.
-Facer proposta á Xefatura de Estudios da organización do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou Necesidades Educativas Especiais.
-Emitir Informes para a xestión de Becas de Educación Especial seguindo as directrices da Consellería de Educación.
-Realizar Avaliacións Psicopedagóxicas.
-Deseñar Programas de Intervención individuais e grupais.
-Deseñar Programas de Intervención familiar
-Asesorar ás familias e orientar as aprendizaxes dos fillos e fillas
-Crear recursos didácticos para as familias e o profesorado para dar respostas ás necesidades dos fillos e fillas e/ou alumnado.
-Impulsar Estratexias Metodolóxicas para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou Necesidades Educativas Especiais.
-Deseñar e crear Instrumentos e recursos de comunicación favorecedores de profesorado e familias (BLOG-SESIÓNS FORMATIVAS ESCOLA DE NAIS E PAIS)
-Velar polo cumprimento das propostas didácticas adaptadas ao Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo ou Necesidades Educativas Especiais.


Ámbitos de actuación:
-Diagnóstico e intervención dificultades de aprendizaxe
-Formación, asesoramento, orientación e titoría coas familias
-Formación, asesoramento, orientación ao profesorado
-Desenvolvemento persoal, social, comunicativo, competencial, psicomotriz e afectivo-emocional do alumnado.
-Atención á diversidade
-Problemas de Conducta
-Aprender a pensar
-Razonamento lóxico-matemático
-Mellora Procesos Psicolóxicos Básicos: Memoria, Percepción, Atención

Actuacións que desenvolve:
-Avaliacións Psicopedagóxicas
-Deseño Programas na Radio Municipal relacionados coa formación e orientación das familias.
-Sesións na Escola de Nais e Pais
-Creación de contidos relacionados coa formación e asesoramento das familias e profesorado no blog
-Creación de Recursos para a Intervención nas Dificultades de Aprendizaxe do alumnado: fala, razonamento, pensamento lóxico-matemático, lectoescritura, memoria, atención, percepción, desenvolvemento emocional, metodoloxía,...
-Deseño de Programas de Intervención e Estimulación para o alumnado e familias: autonomía, percepción, atención, memoriaaprender a pensar, competencia lingüística, competencia social, desenvolvemento emocional, dificultades conductuais,…
-Coordinación con Gabinetes Psicoloxía e de Reeducación externos