jueves, 13 de septiembre de 2018

RESPONDENDO Á DIVERSIDADE, 1º PARTE



Presupostos iniciais
Os contextos escolares deben ser  suficientemente flexibles, diversos, dinámicos, inclusivos e comprensivos. Deben entender a diversidade como valor e como principio. Para dar resposta a esta diversidade os deseños de aprendizaxe deben ser creativos, diversos, que contemplen ámbitos como: educativo, competencial, social ou afectivo-emocional para facer seres humanos con gran desenvolvemento persoal, comunicativo, cognitivo, psicomotriz e social. Partindo destas premisas, o Diseño Universal de Aprendizaxe (DUA), será a perspectiva de aprendizaxe conformadora da atención á diversidade de capacidades, habilidades, competencias, estilos e ritmos de aprendizaxe,... O DUA abarca non só o desenvolvemento curricular senón tamén os ambientes de aprendizaxe cos seus espazos, tempos e recursos,  os agrupamentos, a avaliación, ... Desde a perspectiva do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) é preciso realizar  unha interpretación flexible do currículo, deseñando unha programación de aula que axuste os elementos curriculares ás características do grupo-clase, recollendo as medidas, recursos e apoios necesarios para que o/a alumno/a poida acceder á participación e á aprendizaxe.
Reflexionemos sobre a necesidade de adaptar os espazos , os tempos, os recursos, a metodoloxía, tipo de actividades das transposicións didácticas...ao A.N.E.A.E. e NUNCA deben ser os cativos ou cativas os que se acoplen á esa norma.
Cando pensamos na planificación didáctica de cada curso, de cada semana ou quincena o referente debe ser o alumnado diverso, o alumnado con N.E.A.E. pois o proceso de e-a debe ser inclusivo, equitativo, coherente, flexivo e integrador. Cada indicador observables específicos deben graduarse por niveis de logro adaptando o grao mínimo de consecución ás necesidades do alumnado.

Nas aulas con ALUMNADO DIVERSO o contexto é unha OPORTUNIDADE DE APRENDIZAXE.
Outros ámbitos a ter en conta, dende un enfoque ecolóxico onde as interaccións (escola, barrio, familia, comunidade) son as promotoras das aprendizaxes, son:
-educativo, aprender a coñecer
-competencial: aprender a facer
-social: aprender a convivir e a estar
-afectivo-emocional: aprender a ser

Os principios de rectores e estratéxicos da atención á diversidade (e polo tanto a resposta educativa) serán:
-individualización
-comprensividade
-tolerancia
-flexibilidade
-coherencia
-carácter integral
-normalización
-inclusión
-equidade
-igualdade de oportunidades e non discriminación;
- accesibilidade;
 interculturalidade e promoción da convivencia;
- autonomía dos centros docentes
- participación de toda a comunidade educativa.
-DUA (opcións personalizables que permiten progresar a todo o alumnado, partindo de onde están, e creando contornas, recursos, dinámicas e ferramentas que poidan ser empregadas polo maior número de persoas posible.  Accesibilidade ao currículo, aos recursos, á metodoloxía, aos agrupamentos, aos espazos, tempos, ambientes de aprendizaxe,...
-Enfoque ecolóxico. A colaboración coas entidades e coas familias
O Enfoque Ecolóxico entende que o desenvolvemento psicolóxico do individuo é un  proceso complexo que responde á influencia dunha grande variedade de factores estreitamente ligados ao ambiente. Así, o postulado básico deste enfoque é que o resultado da interacción entre a persoa e os ambientes que a rodean (sexan máis ou menos inmediatos –familia, escola, traballo, sociedade, ...-), constitúen a principal fonte de influencia sobre a súa conducta e sobre o seu desenvolvemento.
Polo tanto, para poder ofrecer unha resposta educativa inclusiva é preciso crear contextos de aprendizaxe universal, que faciliten o acceso e a participación, libre de  barreiras sociais, físicas, sensoriais, estruturais, cognitivas, comunicativas, curriculares
ou calquera outras como a emocional, e que teñan especial sensibilidade cara ao alumnado máis vulnerable ou susceptible de sufrir situacións de exclusión, de maneira que se sintan, acollidos, apoiados, comprendidos e poidan participar na súa comunidade educativa desde a súa propia realidade.