O catedrático Santos Guerra ten investigado sobre avaliación. Afirma que a avaliación é un proceso de diálogo, de comprensión e de mellora.
Se queredes saber máis non tedes máis que premer no seguinte enlaca:
AVALIACIÓN: UN PROCESO DE DIÁLOGO, COMPRENSIÓN E MELLORA
lunes, 25 de diciembre de 2017
AUTOAVALIACIÓN PARA APRENDER E AVALIAR PARA APRENDER
Estamos en Nadal pero tamén podemos ter tempo para pensar e re-pensar a avaliación.
Neus Sanmartí ofrécenos a súa valiosísima visión da avaliación e da autoavaliación.
NEUS SANMARTÍA avaliación segundo esta autora tamén é un proceso que nos serve para aprender.
AVALIAR PARA APRENDER. 10 IDEAS CLAVE.
lunes, 18 de diciembre de 2017
DEIXATE ATRAPAR POR....CONTOS DE EMOCIÓNS E CON EMOCIÓNS
A alfabetización emocional é necesaria para acadar un desenvolvemento integral persoal e social.
As emocións están vinculadas coas intelixencias intrapersoais e interpersoais das que falaba H. Gardner. Pola contra, Goleman fala de intelixencia emocional.
A intelixencia emocional está relacionada coa resiliencia, co autocontrol emocional, coas actitudes positivas e o optimismo, coa cognición e o comportamento, coa cidadanía cívica, co pensamento crítico, co pensamento deliberativo,...
Existe unha ampla bibliografía para traballar emocións cos fillos e fillas, co alumnado. Algúns exemplos son os que aparecen a continuación:
Seguindo a
C. Loureiro membro do equipo
de Filosofía para nenos de Galicia a finalidade da educación emocional é
desenvolver as competencias emocionais; e resulta ser a competencia emocional a que fai as persoas
emocionalmente intelixentes.
O modelo de competencias emocionais do GROP (Bisquerra e Pérez, 2007) é un dos máis completos e fundamentados. Este modelo propón
o desenvolvemento dos seguintes cinco
bloques competenciais:
1.
Conciencia emocional: a toma de conciencia das propias
emocións; dar nome ás propias emocións;
comprender as emocións dos demais.
2. Regulación emocional: tomar conciencia da interacción entre emoción, cognición e comportamento; expresión
emocional; capacidade para a regulación
emocional; habilidades de afrontamento; competencia para autoxerar emocións positivas.
3. Autonomía emocional: autoestima; automotivación; actitude positiva; responsabilidade; a
autoeficacia emocional; a análise crítica das normas sociais; a resiliencia (a capacidade de
resistir emocionalmente ás dificultades
da vida).
4. A intelixencia interpersoal: dominar as habilidades sociais básicas; o respecto polos demais; a comunicación
receptiva; a comunicación expresiva; compartir emocións; ter un comportamento
prosocial e cooperativo; ser asertivo;
previr e resolver conflitos; ter a capacidade de xestionar as situacións emocionais dos demais.
5.
As competencias para a vida e o
benestar : fixar
obxectivos adaptativos; tomar decisións; saber buscar axuda e recursos;
cidadanía activa, cívica, responsable, crítica e comprometida; estimular o
benestar subxectivo e saber fluír.
d
DEIXATE ATRAPAR POR......PSICOCONTOS
A Editorial PIRÁMIDE ten unha colección de PSICO-CONTOS que son unha ferramenta imprescindible para que as familias poidan educar máis e mellor con pautas de intervención e de acción. Son un recurso para desenvolver a intelixencia emocional (Goleman) e a intelixencia intrapersoal e interpersonal (Gardner. Consta dun libro guía para os adultos da familia e un conto para os fillos.
Ofrecen pautas para reconducir emocións, controlalas, ser conscientes delas.
domingo, 17 de diciembre de 2017
DEIXATE ATRAPAR POR.....LIBROS DE ANNA LLENAS
domingo, 10 de diciembre de 2017
MICROESCENARIOS DE APRENDIZAXE
A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS OS MICROESCENARIOS OU AMBIENTES DE APRENDIZAXE DA AULA:
martes, 5 de diciembre de 2017
DEIXATE ATRAPAR POR LECTURAS PARA ACOMPAÑAR A APRENDER
Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES E DOCENTES.
Estamos no mes de Nadal e, seguramente teremos un pouco máis de tempo para aprender lendo ou tamén queremos que nos agasallen con libros:Aí van propostas:
domingo, 3 de diciembre de 2017
DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE
HOXE 3 DE DECEMBRO É O DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE E TODOS E TODAS DEBEMOS ESTAR BAIXO MESMO PARAUGAS POIS TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES, CON DIFERENTES CAPACIDADERS PERO SEMPRE COA CAPACIDADE DE SENTIR, DE AMAR.
CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE DECEMBRO 2017
O ANO 2107 REMATA E CON EL MOITAS PROPOSTAS PARA DESENVOLVER APRENDIZAXES FUNCIONAIS NO CONTEXTO FAMILIAR: TAREFAS CORRESPONSÁBEIS, COLABORACIÓN NA LIMPEZA DA CASA, ELABORACIÓN DA LISTA DA COMPRA,...
miércoles, 22 de noviembre de 2017
VIOLENCIA MACHISTA, 25 DE NOVEMBRO
A violencia machista contra as mulleres segue e por este motivo debemos seguir loitando. O 25 de novembro, o DÍA DA VIOLENCIA DE
XÉNERO debe ser un día para a reflexión, para cuestionarnos que estamos facendo en educación para ir rachando con esta lacra pero a reflexión debe continuar cada día. Se temos que seguir reflexionando é porque moitas mulleres e
nenas están sendo víctimas da violencia verbal, psíquica ou física.
A historia da violencia adoitase escribir con nomes de MULLERES.
Son as vidas de mulleres que, en moitos casos, descoñecemos.
En 1999 a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS declarou o 25 de novembro como día Internacional contra a violencia cara as mulleres.
Dende aquela moitas mulleres morreron, moitas mulleres foron asasiñadas.
Para modificar esta situación cómpre que EDUQUEMOS na igualdade, no
respecto, na consciencia emocional, no autocontrol das emocións e na
autoestima e autopercepción xa dende EDUCACIÓN INFANTIL.
A continuación, fágovos unhas propostas de lectura para que os valores
de escoitar, respectar, compartir, ser corresponsables,... se vaian
"vivenciando" cada día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)