martes, 28 de mayo de 2019

TAREFA INTEGRADA MULTINIVEL

Hoxe a proposta que deixamos está relacionada co deseño dunha TAREFA INTEGRADA multinivel.
Xa sabemos que os procesos de ensinanza deben partir da realidade de nenos e nenas, das súas capacidades, destrezas, competencias, motivacións, intereses, estilos e ritmos de aprendizaxe,...

miércoles, 22 de mayo de 2019

ESCOLA DE NAIS E PAIS: SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS E EN INTERNET

Xa estamos no mes de maio e na sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS contaremos co SARXENTO da GARDA CIVIL experto en DELITOS TELEMÁTICOS. Na súa sesión na RADIO MUNICIPAL explicará como garantizar a seguridade nas RRSS e o uso de INTERNET.







Podedes deixar as vosas preguntas no tfno. da RADIO MUNICIPAL 664061200.
Atoparedes respostas a cuestións como:
-deben os fillos ter tfno. móbil en E. Primaria?
-como poderemos controlar o uso de internet?
-que mecanismos teñen as familias para ter seguridade nas RRSS?
-existe acoso a través das RRSS?
....

REGRETEANDO II


Resulta importante facer visible o emprego de números na vida cotiá: calendario do tempo atmosférico, listado de nenos e nenas, ingredientes dunhareceita, data do taboleiro ou dun xornal,...
Tamén resulta imprescindible localizar intrusos nunha recta numérica, en cadrantes, realizar laberintos, resolver sudokus, buscar as familias dos números (por ex. familia do 10, do 20, ...que serían a combinación da decena e as unidades: 11, 12, 13,...21, 22, 23, 24,..) identificar e localizar os amigos (por ex. do número 9 serán o 19, 29, 39,...), identificar e discriminar os veciños(nº anterior e posterior), localizar números que falten nunha recta numérica ou nun cadrante, completar ata chegar a un número determinado, ...
O pensamento lóxico-matemático articúlase a partir da linguaxe manipulativa e visual (manipulamos coas regretas), linguaxe gráfica (pinto e coloreo as regretas nun folio cadriculado) e a linguaxe simbólica (represento con garabatos...(2, 5, 7,...) o que aparece nos debuxos de regretas. Cando o alumno-a xa teña interiorizado o proceso pódese saltar algún proceso e ao mellor xa non empregan a manipulación. Outra opción pode ser manipular e pasar álinguaxe simbólica.


PROPOSTAS DE TRABALLO CON REGRETAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

lunes, 6 de mayo de 2019

GAMIFICACIÓN: AITOR BARBOSA




En abril o experto en GAMIFICACIÓN AITOR BARBOSA estivo na nosa sesión de Escola de Nais e Pais. Traballar a partir de retos favorece a implicación do alumnado na tarefa, a motivación e o interese para a prender, desperta o asombro. Este enfoque metodolóxico tamén serve para aplicalo a outros ámbitos (organizacións, institucións). Se queredes escoitar de novo a sesión emitida pola Radio Municipal de Tui non tedes máis que clicar no seguinte enlace:
GAMIFICACIÓN, AITOR BARBOSA
SESIÓN ESCOLA DE NAIS E PAIS AITOR BARBOSA

IMOS DE CINE EN MAIO!

En maio tamén temos propostas de cine! Ese cine que nos mira en maio levaranos a:
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA



viernes, 3 de mayo de 2019

LEMOS EN MAIO?

Familias!
Queredes disfrutas de lecturas ?
Aí van as propostas! Lecturas para pensar, para soñar, para imaxinar,...




jueves, 2 de mayo de 2019

miércoles, 1 de mayo de 2019

CALENDARIO COMPETENCIAL MAIO 2019






Xa chegamos ao mes de maio e seguimos ofertando estratexias para desenvolver as competencia sna contorna social e familiar.
As familias son as primeiras educadoras, as promotoras do saber, as sustentadoras do pensar ou do sentir, as dinamizadoras do facer e do convivir e, por ese motivo, debemos ofrecer múltiples accións para que iso sexa posible.
Neste mes de maio teremos propostas de cine dirixido por mulleres ou con historias de mulleres, de literatura infantli, xuvenil ou de adultos escritas por mulleres, de roteiros para descubrir a praia fluvial de Covelo, O mirador do alto de Guillade no concello de Crecente ou ir ás termas de Cuntis ou visitar un domingo o Concello de Dozón ou disfrutar na festa da troita de Ponte Caldelas.
Tamén mulleres poetisas, mulleres científicas ou atletas: YOLANDA CASTAÑO, VANESSA VALDEIGLESIAS ou UXÍA PÉREZ. 
Non tedes máis que premer nos seguintes enlace para entrar nun mundo de posibilidades.




MES DE MAIO EDUCACIÓN INFANTIL
MES DE MAIO EDUCACIÓN INFANTIL 1




MES DE MAIO EDUCACIÓN PRIMARIA
MES DE MAIO EDUCACIÓN PRIMARIA 1