Resulta importante facer visible o emprego de números na vida cotiá:
calendario do tempo atmosférico, listado de nenos e nenas, ingredientes
dunhareceita, data do taboleiro ou dun xornal,...
Tamén resulta imprescindible
localizar intrusos nunha recta numérica, en cadrantes, realizar laberintos,
resolver sudokus, buscar as familias
dos números (por ex. familia do 10, do 20, ...que serían a combinación da
decena e as unidades: 11, 12, 13,...21, 22, 23, 24,..) identificar e localizar
os amigos (por ex. do número 9 serán
o 19, 29, 39,...), identificar e discriminar os veciños(nº anterior e posterior), localizar números que falten
nunha recta numérica ou nun cadrante, completar ata chegar a un número
determinado, ...
O pensamento lóxico-matemático articúlase a
partir da linguaxe manipulativa e visual (manipulamos coas regretas), linguaxe gráfica (pinto e coloreo as
regretas nun folio cadriculado) e a linguaxe
simbólica (represento con garabatos...(2, 5, 7,...) o que aparece nos
debuxos de regretas. Cando o alumno-a xa teña interiorizado o proceso pódese
saltar algún proceso e ao mellor xa non empregan a manipulación. Outra opción
pode ser manipular e pasar álinguaxe simbólica.
PROPOSTAS DE TRABALLO CON REGRETAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA