Páginas

miércoles, 1 de mayo de 2019

CALENDARIO COMPETENCIAL MAIO 2019






Xa chegamos ao mes de maio e seguimos ofertando estratexias para desenvolver as competencia sna contorna social e familiar.
As familias son as primeiras educadoras, as promotoras do saber, as sustentadoras do pensar ou do sentir, as dinamizadoras do facer e do convivir e, por ese motivo, debemos ofrecer múltiples accións para que iso sexa posible.
Neste mes de maio teremos propostas de cine dirixido por mulleres ou con historias de mulleres, de literatura infantli, xuvenil ou de adultos escritas por mulleres, de roteiros para descubrir a praia fluvial de Covelo, O mirador do alto de Guillade no concello de Crecente ou ir ás termas de Cuntis ou visitar un domingo o Concello de Dozón ou disfrutar na festa da troita de Ponte Caldelas.
Tamén mulleres poetisas, mulleres científicas ou atletas: YOLANDA CASTAÑO, VANESSA VALDEIGLESIAS ou UXÍA PÉREZ. 
Non tedes máis que premer nos seguintes enlace para entrar nun mundo de posibilidades.




MES DE MAIO EDUCACIÓN INFANTIL
MES DE MAIO EDUCACIÓN INFANTIL 1




MES DE MAIO EDUCACIÓN PRIMARIA
MES DE MAIO EDUCACIÓN PRIMARIA 1