Páginas

miércoles, 22 de mayo de 2019

REGRETEANDO II


Resulta importante facer visible o emprego de números na vida cotiá: calendario do tempo atmosférico, listado de nenos e nenas, ingredientes dunhareceita, data do taboleiro ou dun xornal,...
Tamén resulta imprescindible localizar intrusos nunha recta numérica, en cadrantes, realizar laberintos, resolver sudokus, buscar as familias dos números (por ex. familia do 10, do 20, ...que serían a combinación da decena e as unidades: 11, 12, 13,...21, 22, 23, 24,..) identificar e localizar os amigos (por ex. do número 9 serán o 19, 29, 39,...), identificar e discriminar os veciños(nº anterior e posterior), localizar números que falten nunha recta numérica ou nun cadrante, completar ata chegar a un número determinado, ...
O pensamento lóxico-matemático articúlase a partir da linguaxe manipulativa e visual (manipulamos coas regretas), linguaxe gráfica (pinto e coloreo as regretas nun folio cadriculado) e a linguaxe simbólica (represento con garabatos...(2, 5, 7,...) o que aparece nos debuxos de regretas. Cando o alumno-a xa teña interiorizado o proceso pódese saltar algún proceso e ao mellor xa non empregan a manipulación. Outra opción pode ser manipular e pasar álinguaxe simbólica.


PROPOSTAS DE TRABALLO CON REGRETAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA