As veces, as familias precisan dunha guía para orientar o inicio das aprendizaxes da escritura e da lecturas. A proposta de lectura e de
escritura que  aparece nesta páxina NUNCA poderán substituir o traballo da lectura e da escritura  dende enfoques creativos e
constructivistas  e tampouco substitúe o descubrimento e a identificación de diferentes tipos de textos (enumerativos, literarios, informativos,...)
e as habilidades metafonolóxicas. De
igual maneira, as propiedades cualitativas e cuantitativas, a
direccionalidade,... 
As actividades seguintes están
pensadas para axudar e orientar  ás
familias e ofrecer ao profesorado un recurso para unhas secuencias didácticas
estables relacionadas coa lectura e a escritura e tamén para un traballo
autónomo do alumnado ou dos fillos e fillas.
As  "fichas seguintes"  poderedes completalas tamén buscando palabras
longas e curtas, identificar esas palabras en diferentes frases, identificar
que palabras están diante ou detrás, que fonemas están diante ou detrás, identificar
as oracións  e colorear o punto e final,
separar as palabras de cada frase, localizar o número de palabras de cada
oración,.....
Podedes clicar no seguinte enlace ou escanear o código QR 
 


