Páginas

domingo, 27 de enero de 2019

SECUENCIA DIDÁCTICA ESTABLE DE LECTOESCRITURA OU ESCRILECTURA


As veces, as familias precisan dunha guía para orientar o inicio das aprendizaxes da escritura e da lecturas. A proposta de lectura e de escritura que  aparece nesta páxina NUNCA poderán substituir o traballo da lectura e da escritura  dende enfoques creativos e constructivistas  e tampouco substitúe o descubrimento e a identificación de diferentes tipos de textos (enumerativos, literarios, informativos,...) e as habilidades metafonolóxicas. De igual maneira, as propiedades cualitativas e cuantitativas, a direccionalidade,...

As actividades seguintes están pensadas para axudar e orientar  ás familias e ofrecer ao profesorado un recurso para unhas secuencias didácticas estables relacionadas coa lectura e a escritura e tamén para un traballo autónomo do alumnado ou dos fillos e fillas.
As  "fichas seguintes"  poderedes completalas tamén buscando palabras longas e curtas, identificar esas palabras en diferentes frases, identificar que palabras están diante ou detrás, que fonemas están diante ou detrás, identificar as oracións  e colorear o punto e final, separar as palabras de cada frase, localizar o número de palabras de cada oración,.....
Podedes clicar no seguinte enlace ou escanear o código QR