INDICADORES
PARA A DETECCIÓN
| 
FAMILIA
  ATA OS 6 ANOS | 
FAMILIA
  6-12 | 
| 
Antecedentes
  familiares de dislexia. 
•
  Descoñecemento das distintas partes do corpo humano e a súa localización. 
•
  Dificultade e/ou torpeza motriz en actividades lúdicas sinxelas. 
•
  Alternancia no uso das mans e pés. 
•
  Falta de habilidade para lembrar o nome de series de cousas. Atraso para
  memorizar os números, o alfabeto, os días da semana, as cores e as formas. 
•
  Dificultade para aprender as cancións, trabalinguas, rimas, etc. típicas desta
  idade. 
•
  Dificultade para seguir consignas e aprender rutinas. Falta de atención. 
• Atraso no desenvolvemento da fala e da
  linguaxe. 
Problemas
  para expresarse (relatar feitos cotiás, contar un conto, expresar un desexo,
  etc.). | 
Dos seis aos oito anos 
•
  Antecedentes familiares de dislexia. 
•
  Confusión na distinción entre dereita e esquerda. 
•
  Dificultade para aprender o alfabeto e as táboas de multiplicar, e, en xeral,
  para reter secuencias, como os días da semana, os meses do ano, etc. 
•
  Falta de atención e concentración. 
•
  Frustracións, rabietas, etc. 
•
  Problemas para aprender a ler e escribir. 
•
  Tendencia a escribir os números en dirección ou orientación non axeitada. 
c. Dos nove aos doce anos 
•
  Antecedentes familiares de dislexia. 
•
  Complicacións para seguir instrucións orais. 
•
  Dificultades co manexo de números e estimacións temporais en situacións da
  vida cotiá (exemplos: xestionar o diñeiro; entender o reloxo; xestionar o seu
  tempo; saber as horas, días, meses e anos; 
etc.). 
•
  Desatención, falta de madureza, falta de planificación, etc. 
•
  Dificultades na expresión oral, non atopando, facilmente, a palabra adecuada. 
•
  Desorganización na casa. 
•
  Aumento da falta de auto-confianza e da frustración. 
•
  Continuos erros en lectura. Esta pode estar caracterizada por unha lectura
  con erros e con moito esforzo, lectura correcta pero lenta e 
mala
  comprensión lectora. 
•
  A escritura pode presentar unha caligrafía mala e desordenada (non é capaz de
  seguir as liñas rectas nin de respectar as marxes dos cadernos, tampouco de
  organizar operacións matemáticas en columna, etc.). A súa gramática e a
  ortografía son deficientes, así como a súa capacidade para organizar e
  escribir os seus pensamentos.  
.Dificultade
  para copiar. 
• Problemas de comprensión da linguaxe
  escrita. | 
| 
Profesorado E. Infantil | 
Profesorado | 
| 
•
  Descoñecemento do esquema corporal. 
•
  Inmadureza a nivel da motricidade, tanto grosa como fina. Tamén 
pode
  haber dificultade de equilibrio estático e dinámico. 
•
  Problemas na coordinación. 
•
  Non clara dominancia lateral. 
•
  Certa alteración das nocións espaciais. 
•
  Complicacións na execución de secuencias manipulativas e/ou rítmicas. 
Dificultades
  para identificar semellanzas e diferenzas en obxectos parecidos e para
  completar obxectos aos que lles falta unha parte significativa. 
•
  Dificultade para manter unha atención focalizada, en breves períodos 
de
  tempo. 
•
  Problemas para recordar os números, os días da semana, as cores e as formas. 
•
  Desenvolvemento lento do vocabulario e atraso no desenvolvemento da fala e da
  linguaxe, con dificultades para articular ou pronunciar palabras. 
•
  Confusións na pronuncia de palabras que se asemellan foneticamente. 
•
  Dificultades co vocabulario relacionado coa orientación espacial. 
•
  Dificultades na expresión. 
•
  Dificultade para seguir instrucións e aprender rutinas. 
•
  Alternancia de días bos e malos, sen causa aparente. | 
En
  canto á coordinación e nocións temporais: 
Aínda
  que non en todos os casos ocorre, si é significativo que moito deste alumnado
  adoita presentar: 
◦
  Problemas na mobilidade, con dificultades para realizar determinados
  movementos (ir en bicicleta, saltar á corda, saltar altura, xutar unha
  pelota, etc.). 
◦
  Dificultades na lateralidade, con confusións entre dereita e 
esquerda. 
◦
  Complicacións na coordinación motora, que é pobre, equivocándose con
  facilidade, o que pode ocasionar mala grafía e interliñado. 
◦
  Dificultades na prensión, ou no modo de coller o lapis. 
◦
  Dificultades para aprender a manexar o reloxo, controlar o seu 
tempo
  e entender a secuencia das tarefas. 
◦
  Problemas coas nocións temporais, con 
 dificultades para saber a hora, día, mes e
  ano. 
•
  En canto á fala, á linguaxe e á lectoescritura: 
De
  maneira oral exprésanse mellor ca por escrito, pero, aínda así, a moitos dos
  alumnos e alumnas ocórrenlles algunhas das seguintes 
situacións: 
◦
  Dificultades de acceso ao uso dun vocabulario correcto e adecuado, podendo
  darse erros nos conceptos vinculados coa orientación espacial e temporal. 
◦
  Problemas para seguir unha serie de instrucións. 
◦
  Estrutura morfosintáctica pobre. 
◦
  Confusión na utilización de sinónimos e antónimos e de termos con significados
  funcionais e espaciais (confusión polo uso e por algunha característica
  común). 
◦
  Continuos erros en lectura. Esta pode estar caracterizada por unha lectura
  con erros e con moito esforzo, lectura correcta pero lenta, 
dificultade
  para conectar letras e sons e descifrar as palabras aprendidas, dificultade
  de decodificación de palabras illadas –con pobres resultados nas probas
  fonolóxicas-, dificultades máis importantes para ler pseudopalabras,
  transposición de letras, cambio de orde e inversión de números, mala
  comprensión lectora, etc. 
◦
  A escritura presenta erros como: omisións, substitucións, adicións de letras
  ou alteracións da orde das mesmas; inversión de letras, números e palabras;
  confusión da dereita e a esquerda e escritura en espello; dificultades na
  ortografía natural e arbitraria; dificultade para escribir pensamentos e
  organizalos; gramática e ortografía 
deficientes;
  gran diferenza entre a súa organización e a estruturación dos seus
  pensamentos, tanto de xeito oral como por escrito; caligrafía mala e
  desordenada (non é capaz de seguir as liñas rectas nin de respectar as marxes
  dos cadernos, tampouco de organizar operacións matemáticas en columna, etc.). 
◦
  Aínda que se expresan mellor oralmente, poden ter dificultades para pronunciar
  palabras; poden investir, substituír ou cambiar sílabas. 
Tamén
  poden ter dificultade para nomear figuras xeométricas. Ás veces non atopan a
  palabra correcta e buscan sinónimos, non sempre con éxito. 
•
  En canto aos aspectos cognitivos de percepción, atención e memoria; e
  secuenciación e planificación: Limitacións na capacidade para integrar
  información que entenden por separado,
  sen globalizar. 
◦
  Condutas de inatención, debido ás dificultades para procesar a información. 
◦
  Dificultades de concentración cando len ou escriben. 
◦
  Problemas para automatizar o abecedario, o uso do dicionario, índices, etc. 
◦
  Escasa memoria operativa e a longo prazo para manexar datos, fórmulas, táboas
  de multiplicar, definicións, instrucións, recados, mensaxes, etc. Sen
  embargo, poden presentar boa capacidade para lembrar feitos, situacións ou
  datos pasados, incluso obxectivamente irrelevantes. 
◦
  Dificultades para lembrar o aprendido. 
◦
  Problemas para relacionar os coñecementos novos cos xa adquiridos, polo que
  se produce un enlentecemento da resposta, mesmo bloqueo. 
◦
  Complicacións para manexar series, a nivel manipulativo, gráfico e simbólico. 
◦
  Dificultades para extraer conclusións. 
•
  En canto aos aspectos persoais e sociais: 
◦
  Poden manifestar desorganización, mostrando, ás veces, escasa autonomía no
  seu traballo persoal. 
◦
  Presentan dificultades na realización de tarefas que requiren un esforzo
  mental sostido. 
◦
  Cústalles acabar as tarefas e/ou deberes no tempo esperado. 
◦
  Mostran condutas inatentas en actividades de lectura e escritura, chegando a
  dar a impresión de distracción. 
◦
  Chegan a ser emocionalmente sensibles, podendo xerar frustración e déficits
  no autoconcepto, na autoestima e na auto-eficacia. 
◦
  Presentan baixa motivación cara ás aprendizaxes nas que predominan o uso da
  lectura e da escritura. Sen embargo, aumenta a motivación cando os contidos
  da lectura e/ou da escritura lles 
resultan
  atractivos. 
◦
  Xeralmente, teñen escasas habilidades sociais, con baixa asertividade. | 
| 
RESPONSABLES
  DA DETECCIÓN E VALORACIÓN | 
| 
Titoras-es 
D.O. (D.
  229/2011) 
EOE | 
| 
CANDO
  TEMOS QUE PREOCUPARNOS | 
| 
1.    Dificultades
  persistentes alomenos 6 meses 
2.    Lectura
  de palabras imprecisa ou lenta e con esforzo. 
3.    Dificultade
  para comprender o significado do que le. 
4.    Dificultades
  ortográficas. 
5.    Dificultades
  coa expresión escrita. 
6.    Dificultades
  para dominar o sentido numérico, os datos numéricos ou  cálculo. 
7.   
  Dificultades co razoamento matemático. | 
 

