|
Lei 4/2011
|
Decreto 8/2015
|
PLAN DE CONVIVENCIA
FINS E PRINCIPIOS
|
TÍTULO III, CAP. I, art. 10: Elaborado pola
comisión de convivencia ou polo E.Direcivo e aprobado polo C. Escolar
Documento que articula a convivencia dun centro e
garante os dereitos da liberdade, previr conflictos, resolución pacífica de
conflictos.
os O
devandito plan integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e
establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os
obxectivos, as directrices básicas de convivencia e as actuacións, incluíndo
a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas,
reeducadoras e correctoras.
|
CAP. II, ART. 11 SECCIÓN 1ª Artigo 11.
Obxecto, fins e principios do plan de convivencia
1. O plan de convivencia do centro é o
documento no cal se articula a convivencia escolar, que garante unha
educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios
democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e na súa
resolución pacífica.
2. O proxecto educativo de cada centro
docente incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e
principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis
orgánicas sobre a materia. O dito plan de convivencia integrará o principio
de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun
diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas de
convivencia e actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e
conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.
NECESARIO
VALORAR: PE, P.A. DIVERSIDADE, PXA, NOF, PAT, C. CURRICULAR, CCCC,
METODOLOXÍA
|
OBXECTIVOS PLAN DE CONVIVENCIA
|
|
CAP. II, ART. 11 SECCIÓN 1ª Artigo 12. Obxectivos xerais do
plan de convivencia
O plan de convivencia deberá contribuír á
consecución dos seguintes obxectivos xerais:
a) Facilitarlles aos órganos de goberno e
ao profesorado instrumentos e recursos en relación coa prevención da
violencia e a mellora da convivencia no centro.
b) Concienciar e sensibilizar a comunidade
educativa sobre a importancia dunha adecuada convivencia escolar e sobre os
procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o
óptimo aproveitamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do
alumnado.
c) Fomentar nos centros educativos os
valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de
aceptación e cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no
fomento da igualdade entre homes e mulleres.
d) Facilitar a prevención, a detección, o
tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos que se
poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e
aprendizaxe.
e) Facilitar a prevención, detección e
eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso
escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófobos e
racistas.
f) Facilitar a conciliación ou a mediación
para a resolución pacífica dos conflitos.
g) Contribuír desde o ámbito da convivencia
á adquisición das competencias básicas, particularmente das competencias
social e cidadá e para a autonomía e iniciativa persoal.
h) Fomentar e facilitar a participación, a
comunicación e a cooperación das familias no mantemento da convivencia nos
centros docentes.
i) Establecer, incrementar e consolidar as
relacións con entidades e institucións do contorno que contribúan á
construción de comunidades educadoras e a unha convivencia de calidade que
potencie os dereitos e as liberdades fundamentais.
|
ESTRUCTURA DO PLAN DE CONVIVENCIA
|
|
TÍTULO II, CAP. II, Artigo 13. Estrutura do
plan de convivencia
O plan de convivencia presentará, como
mínimo, a seguinte estrutura:
a) A análise da situación, partindo dun
diagnóstico previo da convivencia no centro.
b) Os obxectivos específicos do plan de
convivencia derivados da análise previa.
c) Descrición das actuacións, das medidas
ou dos programas que se van desenvolver para favorecer a convivencia,
incluíndo medidas preventivas e de sensibilización e actuacións
organizativas, curriculares e de coordinación, entre outras.
d) O protocolo para a prevención, detección
e tratamento das situacións de acoso escolar, de conformidade co establecido
no artigo 30.2 da Lei 4/2011, do 30 de xuño.
e) Concreción, en cada unha das actuacións,
das medidas ou dos programas, das persoas ou dos órganos responsables, das
persoas destinatarias e dos procedementos que se van seguir para o seu
desenvolvemento e execución.
f) Normas de convivencia do centro, coa
concreción dos dereitos e deberes dos diferentes membros da comunidade
educativa, así como un protocolo que contribúa á detección ou ao
incumprimento destas.
g) Establecemento das condutas contrarias á
convivencia e das correccións que correspondan ao seu incumprimento que, de
ser o caso, se aplicarán, de conformidade co establecido neste decreto en desenvolvemento
da Lei 4/2011 e demais normativa que sexa de aplicación.
h) As normas específicas para o
funcionamento da comisión de convivencia do centro, a súa composición, a
periodicidade das reunións e o plan de actuación e, de ser o caso, da aula de
convivencia inclusiva ou da escola de nais e pais.
i) Mecanismos de coordinación e
colaboración interna no centro, coas familias e con outros centros educativos
ou organismos do contorno.
j) Estratexias para realizar a difusión do
plan de convivencia.
m) Procesos de seguimento, avaliación e
mellora do plan de convivencia.
|
ANÁLISE OU DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN DA
CONVIVENCIA NO CENTRO
|
|
TÍTULO II, CAP. II Artigo 14. Análise ou
diagnóstico da situación da convivencia no centro
|
AXENTES DA CONVIVENCIA
|
|
TÍTULO II, CAP. II, ART.4, 5, 6, 7, 8, 9, 10:
COMUNIDADE EDUCATIVA, C. ESCOLAR, COMISIÓN DE CONVIVENCIA, CLAUSTRO, E.
DIRECTIVO, ÓRGANOS COORDINACIÓN DOCENTE, CONSELLO DE CONVIVENCIA DA C.A.G.
|
ACTUACIÓNS,
MEDIDAS E PROGRAMAS FAVORECEDORES DUNHA CONVIVENCIA DE CALIDADE
|
|
TÍTULO II, CAP. II SECCIÓN
1ª, Artigo 15. Actuacións, medidas e programas favorecedores dunha
convivencia de calidade
1. Actuacións
organizativas, curriculares e de coordinación. Debe considerarse,
especialmente, a organización do centro e da aula; a coordinación das
actuacións docentes; a programación e desenvolvemento do currículo; as
estratexias metodolóxicas; a avaliación do progreso do alumnado e da práctica
docente; e as actividades complementarias e extraescolares.
2. Actuacións
dirixidas a garantir a participación da comunidade educativa, incluída a
formación co obxectivo de mellorar a convivencia escolar e a resolución
pacífica de conflitos.
3. Actuacións
dirixidas á prevención de condutas contrarias ás normas de convivencia,
incluíndo a difusión de normas e accións de sensibilización e protocolos de
detección temperá.
4. Protocolo
para a prevención, a detección e o tratamento das situacións de acoso
escolar, que incorporará, como mínimo, as seguintes previsións:
a) Realización
de campañas de sensibilización contra o acoso escolar, dirixidas a toda a
comunidade educativa, que axuden a previlo e a preparar para detectalo e
reaccionar e intervir fronte a este.
b)
Establecemento de canles específicas que faciliten ás vítimas a
exteriorización das situacións de acoso escolar.
c) Determinación
das medidas que deben adoptarse en caso de detección dunha situación de acoso
escolar para pórlle fin, sen prexuízo das correccións disciplinarias que
correspondan. En todo caso, preverase a designación, pola persoa titular da
dirección do centro ou titular do centro concertado, dunha persoa responsable
da atención á vítima de entre o persoal do propio centro docente. Esta
designación procurarase que, cando sexa posible, recaia sobre unha persoa con
que a vítima garde unha relación de confianza ou proximidade.
4. Medidas que
se poden aplicar no centro para previr, detectar, mediar e resolver os
conflitos que poidan xurdir, entre as cales se incluirán os compromisos de
convivencia, as actuacións preventivas e que contribúan á detección da
conflitividade e a conciliación ou mediación na resolución dos conflitos que
puidesen xurdir, de conformidade co establecido neste decreto.
5. Medidas ou
programas específicos para promover a convivencia no centro, que fomenten o
diálogo, a corresponsabilidade e a cultura de paz.
|
SEGUIMENTO,
AVALIACIÓN E MELLORA P. CONVIVENCIA
|
|
TÍTULO II, CAP. II, SECCIÓN 1º ART 16
|
DIFUSIÓN
PLAN DE CONVIVENCIA
|
|
TÍTULO II, CAP. II, SECCIÓN 1º ART 17
1. O equipo
directivo dos centros docentes levará a cabo as actuacións necesarias para
que o plan de convivencia sexa coñecido, aplicado e valorado por todos os
sectores da súa comunidade educativa. Así mesmo, levará a cabo as actuacións
necesarias para difundir as normas de convivencia na comunidade educativa.
|
jueves, 15 de marzo de 2018
PLAN DE CONVIVENCIA DIRECTRICES
O PLAN DE CONVIVENCIA: DIRECTRICES E REFERENCIAS