Hoxe presento un álbum moi especial: ROSALÍA PEQUENIÑA onde UXÍA pon voz a poemas da autora galega. Co contido deste álbum traballaremos a poesía de Rosalía. E que mellor para o día da poesía que pescudar na obra rosaliana.
Amáis UXÍA ofrece unha composición (letra e música de Magín Blanco) única que fala de ROSALÍA como fada ou coma meiga.
Tamén aparecen no álbum, A Rosalía, No bico un cantar, de Curros Enríquez e música de Luis Emilio Batallán ou A grasia non era moita: poema de Rosalía e música de Uxía e Magín Blanco.
As ilustracións, delicadas e fermosas, son de Marina Seoane.
Estamos perante un libro axeitado para conxugar creación literaria, poesía de autora, música e cancións que debería ser imprescindible para empregar nas aulas e nas casas.
ROSALÍA PEQUENIÑA
A continuación, presentamos a letra da canción que da título ao álbum.
Qué podemos facer con esta poesía?
En primeiro lugar, disfrutar coa letra e coa música, deixarse levar pola candencia de cada verso, pola propia melodía da métrica.
En segundo lugar, poderemos buscar, atopar e reflexionar sobre:
-verbas longas
-separar en palabras
-contar as estrofas
-contar os versos e o número de palabras de cada verso
-inventario de palabras fermosas para cada neno e nena argumentando a súa elección
-buscar e escribir as verbas finais de cada verso.
-buscar palabras que rematen en -da
-elexir palabras e cambialas por outras
-buscar no dicionario o significado das verbas que se descoñecen
-realizar ilustracións de cada estrofa,...
ROSALÍA PEQUENIÑA
Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
Ilustración de Marina Seoane |
escribía na nosa fala.
A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
Poema de Rosalía sobre ilustración de Marina Seoane |
Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.
Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.
A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.
Rosalía, Rosalía...
Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa.