As ALTAS CAPACIDADES deben ser vistas dende un prisma de potencial a desenvolver, dende parametros de riqueza .
Referencia normativa: ORDEN de 28 de octubre de 1996 por la
que se regulan las condiciones y el procedimiento para flexibilizar la
duración del período de escolarización obligatoria de los alumnos con
necesidades educativas especiales asociadas a condiciones personales de
sobredotación intelectual.
O alumnado con altas capacidades ten un cociente intelectual por riba de 120.
Algunha das características máis relevantes son:
-perseverancia, motivación, creatividade, curiosidade, alto grao para recibir información, proceso madurativo rápido,...
A presenza dun alumno ou alumna na aula con altas capacidades é unha oportunidade para aprender, para pescudar,...
É UN DESAFÍO
Debemos desbotar da aula métodos repetitivos, homoxéneos, igual para todos,...
A oferta debe ser rica, variada, favorecedora das aprendizaxes competenciais.
Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando nela se dan as seguintes características: unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza.
Cando se fala da habilidade intelectual hai que ter en conta que esta non debería ser só considerada como o resultado dunha serie de puntuacións nunha proba.
No que se refire á creatividade, considérase que é a capacidade de producir contidos mentais (ideas, realizacións persoais) novos ou sorprendentes. Resulta da interrelación de moitos factores, entre
eles a personalidade, os procesos intelectuais, o contexto e, incluso, a motivación. Os últimos estudos inciden en que a creatividade non é produto dun momento de inspiración, senón que máis ben
é froito do esforzo e do traballo.
Por último, a perseveranza é un dos trazos inherentes á maioría das definicións de sobredotación, entendida como afán de logro, persistencia e entusiasmo en tarefas específicas. Esta é a característica
sobre a que hai menos controversia á hora de identificar unha sobredotación. É común que este alumnado dedique unha gran cantidade de enerxía a resolver un problema concreto ou unha actividade
específica sen abandonar, ata conseguir os seus fins cando estes son do seu interese.
Estas tres características relaciónanse entre si e co ambiente sociocultural no que se desenvolven: tamén teñen un peso específico importante os factores ambientais como a familia e a escola, que son elementos fundamentais para o desenvolvemento das súas capacidades.
Unha definición de consenso sería a que considera as persoas superdotadas como aquelas con capacidade cognitiva superior á da media da poboación da súa mesma idade, así como unha serie
de características ou trazos determinados. Deste xeito, admitimos que a persoa intelixente “nace e faise”, así que podemos dicir que a intelixencia ten dous compoñentes: o innato (as distintas aptitudes) e o adquirido (adquisición de coñecementos e adestramento).
INDICADORES:
Indicadores da capacidade intelectual xeral
- Adquiren aprendizaxes temperás e sen axuda.
- Teñen unha gran facilidade para adquirir novas aprendizaxes.
- Son rápidos na comprensión de información e conceptos novos.
- Establecen facilmente conexións entre conceptos diferentes.
- Posúen un elevado nivel de indagación.
- Elaboran conceptos verbais con facilidade.
- Utilizan con axilidade novos coñecementos na resolución de problemas teóricos e prácticos.
- Formulan principios e establecen x eneralizaciónspor transferencia de aprendizaxes
- Destacan na habili dade para argumentar,preguntar e razoar.
- Denotan unha enorme curiosidade intelectual.
- Manifestan interese e gran preocupaciónpolos problemas do mundo.
- Con frecuencia manifestan capacidade de liderado e unha alta capacidade social.
Indicadores da capacidade intelectual específica
- Logros importantes en determinadas áreas.
- Vocabulario amplo e rico, cunha excelente capacidade para utilizalo con propiedade.
- Gusto pola lectura.
- Memoria, retención fácil e evocación rápida e precisa.
- Profundidade no coñecemento de temas do seu interese.
- Manifestacións do talento matemático: gusto polos números; rapidez na comprensión e solución de problemas;solucións simples, directas, abreviadas, elegantes; precisión e axilidade no razoamento matemático; uso de criterios sofisticados para clasificar, seriar e agrupar.
- Manifestacións específicas de talento musical.
- Rendemento excepcional nalgunha rama deportiva.
Indicadores da capacidade creativa
- Orixinalidade.
- Imaxinación e fantasía na utilización de recursos.
- Invención e construción de aparatos con materiais sinxelos.
- Creación de ideas e procesos novos.
- Solución creativa a problemas mediante a utilización de recursos e materiais comúns.
- Composición e adaptación de xogos, de música, etc.
- Especial sentido do humor, ás veces desconcertante.
- Tendencia natural a explorar ideas, con formulacións pouco correntes.
- Independencia de pensamento.
- Capacidade de iniciativa.
- Facilidade para aplicar coñecementos dunha materia ou situación a outra.
- Manifestación de opinións contrarias ás habituais.
Indicadores da capacidade de automotivación e perseveranza
- Capacidade de aprendizaxe autodirixida.
- Concentración nas tarefas, perseveranza e motivación en relación a áreas do seu interese.
- Escasa fatiga, sempre que a tarefa non sexa repetitiva ou rutineira.
- Tendencia a traballar de xeito independente. Aínda que a súa autonomía os leva a ser creativos, hai que estimulalos para que aprendan a traballar en equipo e compartan os seus coñecementos.
- Motívanse especialmente cando as tarefas son complicadas e diferentes.
- Proban cousas novas, gustan dos cambios e aceptan os desafíos que supoñen as novidades.
- Teñen grandes expectativas tanto con respecto a si mesmos como con respecto aos demais, o que fai que teñan metas elevadas. A parte negativa é que poden sentirse apremados e ansiosos debido ás esixencias do contorno (familiares, escolares, sociais).
Axustar a resposta educativa para este alumnado supón ter claro cales son as necesidades educativas que presenta:
- Precisa dunha ensinanza adaptada, cun enfoque multidisciplinar nun contexto educativo enriquecido e dinámico, estimulante para o seu desenvolvemento.
- Require do acceso a recursos e materiais adicionais, que deben ser planifi cados especificamente.
- Cómprelle flexibilidade no seu horario e nas súas actividades, polo que é conveniente que, cando sexa posible, deixemos que continúe co traballo ata que estea seguro e satisfeito coa tarefa realizada.
- Precisa participar moi activamente no proceso de ensinanza e aprendizaxe e ter a oportunidade de poder poñer en práctica as súas habilidades.
- Élle imprescindible un contorno no que se valoren as ideas creativas e orixinais, máis cá repetición dos contidos.
- Cómprelle un clima social no que se sinta aceptado, e precisa de orientación no manexo das relacións interpersoais e sociais.
En consecuencia, a sobredotación precisa, por un lado, unha resposta diferenciada e diversificada, con estratexias de ensinanza e aprendizaxe consontes cos recursos intelectuais que manexan as persoas que a manifestan. Pero por outro lado, tamén precisa que esa resposta diferenciada sexa consecuencia dun continuo de medidas graduais que teñen o seu inicio nas medidas de atención á diversidade recollidas nos documentos institucionais do centro. As estratexias empregadas con maior frecuencia son as seguintes:
Medidas de enriquecemento
axustes no programa ordinario, é dicir, por adaptacións do currículo
A ampliación curricular de enriquecemento horizontal
Traballo por proxectos, tarefas integradas, resolución de situacións problema,...
Medidas de aceleración (flexibilización periodo de escolarización): Por un lado, anticipar o inicio das etapas educativas, Por outro, reducir a duración da escolaridade obrigatoria.
O papel da familia:Fundamentalmente apoiar o desenvolvemento das capacidades do noso fillo ou filla:
- Sen transmitirlle presión ou un excesivo nivel de esixencia, e sen expectativas previas sobre as súas consecucións.
- Favorecendo a súa crianza nun ambiente variado en estímulos, consonte coa súas capacidades e cos intereses que amosa. Nese ambiente inclúense tamén eles mesmos, xa que as súas actitudes e os seus intereses (pola lectura, tamén un estímulo e un referente para os fillos e fillas.
- Propiciando un ambiente estimular rico, o que non supón descoidar outros aspectos do desenvolvemento persoal e social: hai que evitar o seu illamento, fomentando as relacións e as actividades lúdicas cos iguais.
- Vixiando as actitudes prepotentes ou de superioridade que manifeste cara a outras persoas como consecuencia de comparacións indebidas referidas ás súas capacidades. Debe aprender a aceptar e valorar os demais do mesmo xeito que os demais deben aceptalo a el sen considerar que os seus niveis de logro o converten nun ser estraño.
- Mitigando o seu excesivo perfeccionismo e a autocrítica.