Páginas

miércoles, 28 de marzo de 2018

ALTAS CAPACIDADES

As ALTAS CAPACIDADES deben ser vistas dende un prisma de potencial a desenvolver, dende parametros de riqueza . 
Referencia normativa: ORDEN de 28 de octubre de 1996 por la que se regulan las condiciones y el procedimiento para flexibilizar la duración del período de escolarización obligatoria de los alumnos con necesidades educativas especiales asociadas a condiciones personales de sobredotación intelectual.
O alumnado con altas capacidades ten un cociente intelectual  por riba de 120.
Algunha das características máis relevantes son:
-perseverancia, motivación, creatividade, curiosidade, alto grao para recibir información, proceso madurativo rápido,...
A presenza dun alumno ou alumna na aula con altas capacidades é unha oportunidade para aprender, para pescudar,...
É UN DESAFÍO
Debemos desbotar da aula métodos repetitivos, homoxéneos, igual para todos,...
A oferta debe ser rica, variada, favorecedora das aprendizaxes competenciais.

Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando nela se dan as seguintes características: unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza.
Cando se fala da habilidade intelectual hai que ter en conta que esta non debería ser só considerada como o resultado dunha serie de puntuacións nunha proba.
No que se refire á creatividade, considérase que é a capacidade de producir contidos mentais (ideas, realizacións persoais) novos ou sorprendentes. Resulta da interrelación de moitos factores, entre
eles a personalidade, os procesos intelectuais, o contexto e, incluso, a motivación. Os últimos estudos inciden en que a creatividade non é produto dun momento de inspiración, senón que máis ben
é froito do esforzo e do traballo.
Por último, a perseveranza é un dos trazos inherentes á maioría das definicións de sobredotación, entendida como afán de logro, persistencia e entusiasmo en tarefas específicas. Esta é a característica
sobre a que hai menos controversia á hora de identificar unha sobredotación. É común que este alumnado dedique unha gran cantidade de enerxía a resolver un problema concreto ou unha actividade
específica sen abandonar, ata conseguir os seus fins cando estes son do seu interese.
Estas tres características relaciónanse entre si e co ambiente sociocultural no que se desenvolven: tamén teñen un peso específico importante os factores ambientais como a familia e a escola, que son elementos fundamentais para o desenvolvemento das súas capacidades.
Unha definición de consenso sería a que considera as persoas superdotadas como aquelas con capacidade cognitiva superior á da media da poboación da súa mesma idade, así como unha serie
de características ou trazos determinados. Deste xeito, admitimos que a persoa intelixente “nace e faise”, así que podemos dicir que a intelixencia ten dous compoñentes: o innato (as distintas aptitudes) e o adquirido (adquisición de coñecementos e adestramento).
INDICADORES:
Indicadores da capacidade intelectual xeral
  • Adquiren aprendizaxes temperás e sen axuda.
  • Teñen unha gran facilidade para adquirir novas aprendizaxes.
  • Son rápidos na comprensión de información e conceptos novos.
  • Establecen  facilmente conexións entre conceptos diferentes.
  • Posúen un elevado nivel de indagación.
  • Elaboran conceptos verbais con facilidade.
  • Utilizan con axilidade novos coñecementos na resolución de problemas teóricos e prácticos.
  • Formulan principios e establecen x eneralizaciónspor transferencia de aprendizaxes
  •  Destacan na habili dade para argumentar,preguntar e razoar.
  • Denotan unha enorme curiosidade intelectual.
  • Manifestan interese e gran preocupaciónpolos problemas do mundo.
  • Con frecuencia manifestan capacidade de liderado e unha alta capacidade social.
 Indicadores da capacidade intelectual específica
  • Logros importantes en determinadas áreas.
  • Vocabulario amplo e rico, cunha excelente capacidade para utilizalo con propiedade.
  • Gusto pola lectura.
  • Memoria, retención fácil e evocación rápida e precisa.
  •  Profundidade no coñecemento de temas do seu interese.
  • Manifestacións do talento matemático: gusto polos números; rapidez na comprensión e solución de problemas;solucións simples, directas, abreviadas, elegantes; precisión e axilidade no razoamento matemático; uso de criterios sofisticados para clasificar, seriar e agrupar.
  • Manifestacións específicas de talento musical.
  • Rendemento excepcional nalgunha rama deportiva.

Indicadores da capacidade creativa
  • Orixinalidade.
  • Imaxinación e fantasía na utilización de recursos.
  •  Invención e construción de aparatos con materiais sinxelos.
  • Creación de ideas e procesos novos.
  • Solución creativa a problemas mediante a utilización de recursos e materiais comúns.
  • Composición e adaptación de xogos, de música, etc.
  • Especial sentido do humor, ás veces desconcertante.
  • Tendencia natural a explorar ideas, con formulacións pouco correntes.
  •  Independencia de pensamento.
  • Capacidade de iniciativa.
  • Facilidade para aplicar coñecementos dunha materia ou situación a outra. 
  • Manifestación de opinións contrarias ás habituais.

 Indicadores da capacidade de automotivación e perseveranza
  • Capacidade de aprendizaxe autodirixida.
  • Concentración nas tarefas, perseveranza e motivación en relación a áreas do seu interese.
  • Escasa fatiga, sempre que a tarefa non sexa repetitiva ou rutineira.
  • Tendencia a traballar de xeito independente. Aínda que a súa autonomía os leva a ser creativos, hai que estimulalos para que aprendan a traballar en equipo e compartan os seus coñecementos.
  • Motívanse especialmente cando as tarefas son complicadas e diferentes.
  • Proban cousas novas, gustan dos cambios e aceptan os desafíos que supoñen as novidades.
  • Teñen grandes expectativas tanto con respecto a si mesmos como con respecto aos demais, o que fai que teñan metas elevadas. A parte negativa é que poden sentirse apremados e ansiosos debido ás esixencias do contorno (familiares, escolares, sociais).
Axustar a resposta educativa para este alumnado supón ter claro cales son as necesidades educativas que presenta:
  • Precisa dunha ensinanza adaptada, cun enfoque multidisciplinar nun contexto educativo enriquecido e dinámico, estimulante para o seu desenvolvemento.
  •  Require do acceso a recursos e materiais adicionais, que deben ser planifi cados especificamente.
  • Cómprelle flexibilidade no seu horario e nas súas actividades, polo que é conveniente que, cando sexa posible, deixemos que continúe co traballo ata que estea seguro e satisfeito coa tarefa realizada.
  • Precisa participar moi activamente no proceso de ensinanza e aprendizaxe e ter a oportunidade de poder poñer en práctica as súas habilidades.
  • Élle imprescindible un contorno no que se valoren as ideas creativas e orixinais, máis cá repetición dos contidos.
  • Cómprelle un clima social no que se sinta aceptado, e precisa de orientación no manexo das relacións interpersoais e sociais.
En consecuencia, a sobredotación precisa, por un lado, unha resposta diferenciada e diversificada, con estratexias de ensinanza e aprendizaxe consontes cos recursos intelectuais que manexan as persoas que a manifestan. Pero por outro lado, tamén precisa que esa resposta diferenciada sexa consecuencia dun continuo de medidas graduais que teñen o seu inicio nas medidas de atención á diversidade recollidas nos documentos institucionais do centro. As estratexias empregadas con maior frecuencia son as seguintes:
Medidas de enriquecemento
axustes no programa ordinario, é dicir, por adaptacións do currículo
A ampliación curricular de enriquecemento horizontal
Traballo por proxectos, tarefas integradas, resolución de situacións problema,...
Medidas de aceleración (flexibilización periodo de escolarización): Por un lado, anticipar o inicio das etapas educativas, Por outro, reducir a duración da escolaridade obrigatoria.

O papel da familia:Fundamentalmente apoiar o desenvolvemento das capacidades do noso fillo ou filla:
  • Sen transmitirlle presión ou un excesivo nivel de esixencia, e sen expectativas previas sobre as súas consecucións.
  • Favorecendo a súa crianza nun ambiente variado en estímulos, consonte coa súas capacidades e cos intereses que amosa. Nese ambiente inclúense tamén eles mesmos, xa que as súas actitudes e os seus intereses (pola lectura,  tamén un estímulo e un referente para os fillos e fillas.
  • Propiciando un ambiente estimular rico, o que non supón descoidar outros aspectos do desenvolvemento persoal e social: hai que evitar o seu illamento, fomentando as relacións e as actividades lúdicas cos iguais.
  • Vixiando as actitudes prepotentes ou de superioridade que manifeste cara a outras persoas como consecuencia de comparacións indebidas referidas ás súas capacidades. Debe aprender a aceptar e valorar os demais do mesmo xeito que os demais deben aceptalo a el sen considerar que os seus niveis de logro o converten nun ser estraño.
  • Mitigando o seu excesivo perfeccionismo e a autocrítica.