lunes, 5 de marzo de 2018

DISEÑO UNIVERSAL DE APRENDIZAXE PARA UNHA PLANIFICACIÓN MULTINIVEL




A atención á diversidade debe ser un desafío  nas aulas xa que a diversidade é unha realidade social. A resposta  a esa diversidade debe ser deseñada baixo un enfoque inclusivo. Nos espazos escolares non existen 2 alumnos-as  que sintan, pensen, razonen, clasifiquen, resolvan situacións problemas ou argumenten da mesma forma. Ademáis, entre 2 alumnas ou alumnos os intereses, motivacións, capacidades, ritmos ou estilos de aprendizaxe son verdadeiramente diferentes.

Baixo este cobertor non podemos pensar que un  deseño curricular homoxéneo  dea respostas a todos. Igual, cun pouco de sorte,  dará resposta a un alumnado etiquetado como "medio".

E, entón que facer?

A proposta dun Diseño Universal de Aprendizaje (DUA) fará posible que o propio deseño curricular dea resposta a esa diversidade e cobre vida nas aulas cando un alumno teña DEA, cando unha nena sexa hipoacúsica ou outra con TDA.


O DESEÑO UNIVERSAL PARA A PRENDIZAXE (DUA) apareceu en EEUU a finais da década dos anos 80 na área ou no ámbito da arquitectura basándose en 7 principios do Deseño Universal que facilitaban ás persoas a accesibilidade aos servizos "a priori" e non precisar modificacións posteriores. En definitiva, dar resposta antes de que aparezan ás necesidades, anticiparse ás necesidades deseñando productos, recursos, entornos, edificios que servisen para todas as persoas. Desta maneira, os edificios terían rampas, que existisen pictogramas para comunicarse coas persoas que non comprendesen a linguaxe escrita, ter persoas intérpretes da lingua de signos para as persoas xordas, mobiliario adaptado para paralíticos cerebrais, etc
En canto ao Diseño Universal de Aprendizaxes debemos referenciar aos  profesionais de CAST a finais dos años ochenta, sus fundadores, David H. Rose (neuropsicólogo do desenvolvemento) e Anne Meyer (experta en educación, psicoloxía clínica e deseño gráfico), que con outros membros do seu equipo deseñaron un marco de aplicación do DUA nos contextos educativos sustentados nun marco teórico que recolle os últimos avances en neurociencia aplicada ao aprendizaxe, investigación educativa, e o uso de tecnoloxías e medios dixitales.
Debemos partir da premisa de que a diversidade é unha realidade social e, polo tanto, unha realidade nas nosas aulas. Polo anterior, non podemos homoxeneizar os procesos de ensinanza nin os de aprendizaxe.
Para unha educación inclusiva e personalizada que dea respostas ás necesidades do alumnado as respostas educativas deben contemplar diferentes "rutas" de aprendizaxe con diferentes procesos cognitivos en acción dende os de baixo nivel  como coñecer ou comprender ata procesos cognitivos que supoñan habilidades de pensamento máis complexas como analizar, avaliar ou crear. Non todos os alumnos ou alumnas poden ter facilidade para interpretar táboas, valorar diferentes novas sobre a mesma temática e realizar unha comparación ou ben ser quen de deseñar ou inventar un póster dixital.



Tendo claro esta cuestión debo diversificar as actividades propostas dentro de cada UDI/UD/Proxecto.

Unha estratexia metodolóxica activa, dinámica e inclusiva son as PAISAXES DE APRENDIZAXE
Estas paisaxes de aprendizaxe integran as INTELIXENCIAS MÚLTIPLES e os PROCESOS COGNITIVOS das COMPETENCIAS CLAVE o que favorece unha integración curricular reflexiva, consciente, creativa, interdisciplinar, integral. Os procesos de ensinanza e de aprendizaxe creativos, ricos, diversos, contextualizados, inclusivos nacen dende o momento no que nos sentamos a deseñar. É, neste momento, onde a diversidade debe ser o noso cobertor e onde CCCC e IIMM deben ir tecéndose nun proceso interactivo de influencias mutuas.

A aplicación do DUA ao contexto escolar supón que as programacións didácticas, as secuencias didácticas deben contemplar un deseño diverso, inclusivo para que cada alumno ou alumna poida atopar neles respostas existosas, creativas, activas, inclusivas. Para o seu logro  cada actividade debe ter diferentes graos ou niveis de logro e deste xeito un alumno-a pode buscar información en 5 textos ou fontes documentais e crear un informe oral ou escrito e outra alumna poderá só buscar e 2 documentos e rechear un informe ou grella con información obtida. Pola súa contra, outro alumno pode facer un mapa conceptual ou resumo dun tema e outro completar un mapa conceptual xa iniciado.
Para que o DUA sexa coherente debe contemplar:


  • emprego de diferentes formas de presentación: oral, rescrita, audiovisual,...
  • emprego de diversidades de textos, soportes e formatos para a presentación da información: oral, escrita, audios, gráficos, organizadores gráficos, mapas mentais ou cognitivos,...
  • uso de información complementaria como pictogramas, linguaxe non verbal, símbolos, diferentes linguas,...
  • o uso de diferentes posibilidades de comprensión: actividades de razonamento, de memorización, de planificación,... 
  •  o emprego de TIC diversas
  • o emprego de diferentes fórmulas de execución
  • o uso de probas de avaliación de resposta múltiples, de V ou F, ...
  • o uso de fórmulas múltiples de motivación
  • o emprego de metodoloxías diversas: tarefas integradas, ABP, aprendizaxes basados no pensamento, gamificación, flipped classroom, aprendizaxes basadas en problemas, ...


O DUA pode desenvolverse empregando Paisaxes de aprendizaxe.