As Intelixencias Multiples según GARDNER son 8:
- I. LINGÜÍSTICO-VERBAL (LV)
- I. LÓXICO-MATEMÁTICA (LM)
- I. CORPORAL-CINESTÉSICA (CC)
- I. MUSICAL (IM)
- I. CREATIVA (IC)
- I. VISO-ESPACIAL (VE)
- I. NATURALISTA (N)
- I. INTRAPERSOAL (INTR)
- I. INTERPERSONAL (INTER)
Se temos en conta a GOLEMAN a I. INTRAPERSOAL é chamada I. EMOCIONAL e a I. INTREPERSOAL recibe en palabras de GOLEMAN I. SOCIAL.
Esta ruta de pensamento estimula o pensamento sistémico, o analítico, ou reflexivo.
Ao propoñer unha temática, un estímulo provocaremos, a partir de preguntas, construír novos contidos integrando diferentes linguaxes.
Empregaremos a linguaxe verbal oral (LV) para describir un obxecto ou un cadro, para narrar unha historia empregando sinónimos, adxectivos,...continuaremos analizando o espazo onde se sitúa, que forma ten, significado dos símbolos,(CC)...A continuación, podemos focalizar a nosa atención en conceptos matemáticos relacionados coa cantidade ou co tempo (LM). Posteriormente poderiamos relacionar o contido co ámbito da natureza (N): partes do corpo, orixe, procedencia, funcionalidade, alimentación, tipoloxía de animais,... Ademais, o eido da música (M) debería aparecer analizando ou reflexionando tipos de sons, duración, percepcións, sentimentos, tipoloxía de melodías-cancións. Tampouco podemos esquecernos da análise do movemento, das posturas corporais, da expresión corporal (CC).
Por último, será necesario visibilizar que desexan, que queren, como son, que non desexan,... (INTER) e que opinión se ten, se gusta ou non gusta, que se pode facer ou non,...(INTRA).
EXEMPLIFICACIÓN:
A partir da seguinte imaxe faremos un percorrido polas IIMM
LV
|
Atréveste a facer unha descripción desta imaxe? que aparece? a que se parece?
|
LM
|
cantas ondas se ven?
|
VE
|
observa con atención, cantas cores hai? cara onde van as ondas? que aparece arriba?
|
CC
|
queres imitar esta imaxe? describe con xestos esta imaxe
|
N
|
sabes o nome de animais que poden vivir no mar? di 3 nomes deses animais
|
M
|
gústache o son do mar e das ondas? a que se parece o son das ondas?
|
INTRA
|
coñeces a alguén a quen lle guste a praia? coñeces a alguén a quen non lle guste o mar?
|
INTER
|
gústache a praia? por que che gusta?
|
Agora un RETO:
Deixamos un cadro para que reflexionedes sobre él: